En tempo de Nadal

O Nadal no cole está sendo do máis artístico! Todos os recunchos están cheos da maxia típica destas datas. Graciñas a todos os que contribuides a crear parte desta maxia tan "modernista", sobre todo, ao alumnado e ás familias que nos axudaron a pintar as botellas para esta árbore de Nadal.

O día 22 de decembro imos celebrar o tradicional Festival de Nadal, ao que estades todos convidados. Aquí tedes o programa para que vexades a orde das actuacións.

Visita de Papá Noel ás aulas

11:00 horas

4ºA e B. Panxoliña: Imonos xa pra aldea

6ºA. Panxoliña: Con un sombreiro de palla

5 anos A e B. Teatro: Os Reis Magos quedan sen gasolina

3º A e B. Panxoliña: Teño no meu lar

6º B. Cantiga tradicional: Sementeira

5º A e B: Cantiga en L.S.E.: Más allá

12:00 horas

Descanso

 12:30 horas

3 anos A e B. Panxoliña: Xa chega o Nadal

  Baile: Bugui-bugui

5 anos A e B.Teatro:Os reis magos quedan sen gasolina

4 anos A. Poema: O arco da vella

Panxoliña: Os Reis Magos

1º A. Nana: Pequeniño, pequeniño

2º A e B. Chachachá navideño:Os pintores imos ao portal

5º A e B. Cantiga en L.S.E: Más allá

ACTUACIÓN SORPRESA!!

Visita dos REIS MAGOS

Arte para ler e...

...ver, sentir, imaxinar, pensar, falar, expresar e moitas cousas máis, son as que atoparedes na biblioteca do cole. Achegádevos e poderedes ler e descubrir moitas curiosidades sobre algún dos principais artistas modernistas. Tamén veredes as obras de arte que temos na biblioteca,...os nenos e as nenas de Arzúa estanse convertindo nuns artistas profesionais!!

Magosto

A arte moderna estivo tamén presente na festa do magosto gracias aos nenos e nenas do cole que nos decoraron estas caixas tan modernistas!

Vincent Van Gogh

Aquí tedes un xogo para seguir coñecendo a Vincent Van Gogh.

Un rato na escola

Un rato anda solto polo cole!!

Pero non vos preocupedes, as nenas e os nenos de educación infantil imos coidar del. Témolo ben gardadiño na aula de informática para que, de cando en vez, poida xogar cos ratos dos nosos ordenadores.

Para comprobar o larpeiro que saiu o rato Félix (decidimos entre todos chamarlle así) ollade o video.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Samaín

...e por fin chegou a noite do Samaín ou Halloween.

Antes de nada, graciñas ás familias por achegarnos as cabazas que nos fixeron poñer os pelos de punta cos sustos que levamos...están xenial!

Ademáis de cabazas, ao longo desta semana atopamos no cole todo tipo de seres terroríficos nos recunchos máis insospeitados.

Para ver as fotos de como festexamos o Samaín preme na foto

 

Deixovos un conto para que sigades pasándoo de meeeedoooo ...

En tempo de castañas

Estamos no mes de outubro e xa é tempo de castañas. A proba témola no cole, pois estes días estanos a visitar unha castañeira con moita arte chamada Froilana (din que veu dende terras lucenses!!)

O vindeiro venres dia 30 celebrarémolo magosto, así que Froilana está a agardar as vosas castañas para poder comelas asadiñas e quentiñas. Tampouco vos esquezades de traer cabazas, xa que se achega o Samaín ou Halloween e pode que acontezan cousas terrorificamente máxicas!!

 

O blog das TIC en infantil

As nenas e os nenos de infantil temos un "blog" para compartir con todos vos as artistadas que creamos e cas que  aprendemos na hora das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación)

Non deixedes de visitarnos e de deixar os vosos comentarios.

Pincha na imaxe para ir ao blog

Vincent Van Gogh

Un pouco de arte para mirar, escoitar e sentir!

JOÁN MIRÓ, UN PINTOR SURREALISTA

 

SÓ NECESITAMOS METROS DE PAREDE, UNS QUILOS DE PINTURA E...MOITA IMAXINACIÓN

YES WE CAN!

Imagen-208_580x435.jpg

Powered by Drupal - Design by artinet