Un rato anda solto polo cole!!
Pero non vos preocupedes, as nenas e os nenos de educación infantil imos coidar del. Témolo ben gardadiño na aula de informática para que, de cando en vez, poida xogar cos ratos dos nosos ordenadores.
Para comprobar o larpeiro que saiu o rato Félix (decidimos entre todos chamarlle así) ollade o video.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
rato.flv | 1.06 MB |