Libros recomendados

 

LER PARA MEDRAR

Ler para medrar como persoas,

para medrar como falantes, para medrar como pobo.

Queremos que pequenos e grandes

sigan valorando a riqueza que todos posuímos,

e poder entregárllela ás xeracións futuras

coma outros fixeron connosco.

Dende a biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística recomendámosvos algunha lectura para estas vacacións. Desfrutádeas!!! Preme aquí para poder velas.

As novas 7 marabillas do mundo

Dende a Biblioteca de Ceip de Arzúa queremos propoñervos unha actividade para coñecer un pouco máis as marabillas do mundo.

INTRODUCCIÓN

Este ano todos decidimos traballar en conxunto as marabillas do mundo, as 7 novas máis a de Exipto, que foi nomeada honorífica. Cada nivel elexiu a súa.

Que vos parece se investigamos xuntos???

TAREFA Seredes: investigadores, sociólogos, compositores, xeógrafos, guías turísticas
PROCESO Formade grupos na clase de 5 ou 6 compoñentes e completade este cuestionario
RECURSOS

Mapas xeográficos, Historia das antiguas poblacións, páxinas web, música, fotos

http://es.wikipedia.org/wiki/Las_nuevas_siete_maravillas_del_mundo_moderno

http://sietemaravillas.tripod.com/

Exposición da biblioteca, libros e contos seleccionados na biblio

FINALIDADE

Con todos os datos teredes que facer un documento, incorporando fotos e opinión persoal, así como traballos feitos por vos.

VIAXE A EXIPTO DO PRIMEIRO CICLO

Uau! Cantas cousas vimos e aprendimos!

 

Para velo pincha aquí 

muñeco egipcio.jpg

UNHA ROTA OUTONAL

Os nenos e nenas do 1º Ciclo fomos facer unha rota moi outonal.

Se queredes ver o que fixemos entra no noso blog de aula

primerciclo-arzua.blogspot.com

seta.jpg

O SENET: xogo exipcio

SE QUEREDES SABER UN XOGO AO QUE XOGABAN TANTO ADULTOS COMO NENOS FAI MOITOS ANOS EN EXIPTO ENTRA NO NOSO BLOG E SE TES ALGUNHA DÚBIDA PREGÚNTANOS AOS DE 2º CURSO QUE CHO EXPLICAREMOS ENCANTADOS

http://primerciclo-arzua.blogspot.com/
senet3.jpg

DÍA DA TOLERANCIA - 16 de novembro

RESPECTA AS DIFERENZAS!!!!!!!!!

 

Entra no noso blog estes día para ver o que imos facendo para tratar este tema

http://primerciclo-arzua.blogspot.com/

gracias2.gif

Samaín infantil

Como en cada Samaín a Bruxa Maruxa veunos visitar para contarnos os seus "Contos ás escuras"

Nós tamén  a sorprendemos entoando algunha terrorífica canción...preme aquí para ver algunha imaxe. 

 

 

Aquí vos deixamos un dos contos que nos contou a Bruxa Maruxa, a nós encántanos "Corre, corre cabaciña" 

O SAMAÍN DOS NENOS E NENAS DE SEGUNDO

O 28 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O SAMAÍN NA NOSA CLASE E PARA QUE O VEXADES  FIXEMOS UNHA PEQUENA MONTAXE COAS FOTOS QUE SACAMOS

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

Para velo pincha no seguinte enlace

 

http://primerciclo-arzua.blogspot.com/

OS NENOS E NENAS DE 2º A E B

foto grupo.jpg

O Samaín

Trasnos, bruxas, esqueletes, cabazas..., e un cento máis de seres terroríficos andan soltos polo cole!!!!!! En infantil xa nos viñeron visitar e pasámolo de meeeeedo!!

Pronto veredes as fotos pero, polo momento, aquí tedes unha canción coa que nos divertimos estes días! 

O festival do medio outono

 

Durante este curso os nenos e as nenas de Educación Infantil imos aprender moreas e moreas de cousas sobre unha das MARABILLAS DO MUNDO:AGran Muralla China. E como somos moi, moi curiosos andamos a investigar sobre as costumes deste lugar.

Chegou aos nosos oídos que na China celebran o outono dun xeito algo diferente a nós,...así que quiexemos festexalo todos xuntos, preme aquí para ver algunha foto

 Esta foi a historia que nos contou a simpática china que nos veu visitar:

"O Festival do Outono celébrase na China o décimo quinto día do oitavo mes luar e faise na honra da lúa para pedirlle boas coseitas.

Con este motivo contan a seguinte lenda:

Hou Yi, foi un valente guerreiro e arqueiro que derribou coas súas frechas nove dos dez soles que perxudicaban aos cultivos. A raiña da corte celestial deulle un remedio capaz de facelo inmnortal como recompensa; pero a muller de Hou Yi, chamada Change, que era moi curiosa e desconfiada, bebeu o remedio a espaldas do seu home e, como consecuencia, comezou a sentirse lixeira e a flotar. Ao decatarse do que pasaba quixo revertir o seu acto metendo os dedos na gorxa para botar a pílula. Change comezou a tusir e cuspiu a pílula, a cal, ao tocar o chan transformouse nun Coello de Xade cun pilón e un morteiro. Mais de nada lle serviu todo isto á muller, que continuou a subir e subir ata chegar á lúa onde ficou alí para sempre.

Segundo a lenda, a dama pasou a ser a dona do Alcázar da Lúa, onde vive co seu leal coello de cor de xade que a acompaña mentres machaca mateiais medicinais todos os días, preparando menciñas e mailo elixir da inmortalidade para aqueles mortais que o merazan. Ademais, tamén se ve unha árbore que se chama osmato que mide 1500 metros de alto. Debaixo desta árbore atópase Wu Gang, un leñador que, querendo acadar a inmortalidade, ofendeu aos deuses, polo que estes castigárono  a cortar a árbore máxica como castigo.

Nesta noite, a lúa aparece en todo o seu esplendor e a familia enteira reúnese para comtemplala mentras degustan pasteis lunares. Cando pasa algunha nube por diante da lúa durante eses intres, os pais chineses dinlle aos seus fillos que é o coello fedello a correr pola superficie lunar. 

Powered by Drupal - Design by artinet