CAMPAÑA DE ESQUÍ 2023

 

Campaña organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Arzúa, dirixida a nenos/as de 11 a 15 anos, ambos inclusive (cumpridos a 31/12/22).

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación

da Violencia contra a Muller, coa finalidade de visibilizar a violencia

contra as mulleres e nenas a nivel mundial, denunciar estes feitos e

proclamar políticas que axuden a acabar con esta situación.

 

Os nenos e nenas do Ceip de Arzúa concienciámonos moito sobre este este

grave problema e realizamos diferentes actividades, murais e traballos

onde plasmamos os nosos desexos.

Ademais, realizamos un mural colectivo onde escribimos mensaxes

negativas en gotas de auga que o paraugas pretende “frear” e decoramos o

mural con follas de moitas cores que portaban mensaxes positivas e

esperanzadoras:

 

Estes son algún dos nosos traballos:

 

 

O propio venres, 25 de novembro, o alumnado de 5º e 6º participou nunha

charla contra a Violencia de Xénero (Plan Director).

Tratáronse temas como: diferenzas entre violencia de xénero e violencia

doméstica, tipos de violencia de xénero, tipos de maltrato…

Como sempre, Óscar ( Garda Civil que impoartiu a charla), botou man de

vídeos ilustrativos que facilitaron que o alumnado comprendera a realidade:

a violencia de xénero non só é pegar!

 

DÍA DA INFANCIA

O Día Mundial da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.

O Día do Neno e da Nena celebra os avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Un ano máis, o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa convida a todos os escolares da vila a desfrutar duns espectáculos no Multiusos para conmemorar o Día da Infancia.

O luns, 14 de novembro, o alumnado de Educación Infantil desfrutou da actuación “Ovirai. As andanzas de Paio”.

                                                        

O martes, 15 de novembro, o alumnando de 1º, 2º e 3º de EP asistiu ao espectáculo “Black en familia”.

                         

 

E o mércores, 16 de novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º gozou do espectáculo “Popsia (charla-concerto) con Fran Amil.

                          

MAGOSTO

Este venres, 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos unha das festas máis importantes do outono, o Magosto. Esta é unha celebración popular relacionada coa colleita das castañas onde os veciños se reúnen para asalas, bailar, xogar e festexar. E iso mesmo é que nós fixemos.

En primeiro lugar, elaboramos este mural colectivo que leva por título “Móllate neste Magosto” no que cada nivel escribiu e ilustrou poemas, refráns, adiviñas… relacionadas con esta conmemoración. Quedou así de bonito:

                                    

 

Logo, celebramos o Magosto con xogos populares, degustación de castañas asadas e chocolatada. Foi unha xornada moi divertida onde desfrutamos moitísimo e nos acompañou un día maravilloso co  “verán de San Martiño”.

O alumnado de Educación Infantil participou en diferentes xogos que estaban repartidos por diferentes recunchos do colexio:

 

 1. Os globos

2.  A rá

3. Aros musicais

4. A corda

5. Carreia de sacos

 

    

Ao finalizar cada xogo, recibían unha peza dun puzle, que despois montaron na aula:

                                       

 

E para rematar a xornada, merendaron unhas deliciosas castañas asadas e tomaron un rico chocolate:

 

O alumnado de Educación Primaria tamén participou en diferentes xogos populares:

1. Chave e chapas

2. A rá

3. A pesca

4. Aros musicais

5. Tres en raia

6. A corda

7. Carreira de sacos

8. Mariola

9. Os panos

 

 

 

Logo, armaron o puzle de recompensa.

E para finalizar, degustaron as castañas e desfrutaron dun delicioso chocolate.

 

 

Unha xornada marabillosa! Feliz Magosto!

DE CONTOS CON ERICA GONZÁLEZ

Para conmemorar o Día das Bibliotecas, este curso puxémonos en contacto coa actriz e contacontos Erica González. 

Hoxe, 4 de novembro, visitou a nosa biblioteca e grazas a ela o noso alumnado puido desfrutar dunha sesión de animación á lectura. 

A través dun mar en calma, Erica foi narrando historias que nos atraparon e que calaron nos nosos corazóns. Cun conto explicounos a importancia de aceptarse e sentirse "guapas e guapos" para que os demais aprecien a nosa beleza. Con outro, díxonos os ingredientes para ser felices: a familia, a ilusión, a harmonía e a saúde e comentou que se algún deles nos falta nun momento determinado, podemos intentar cociñar a felicidade cos ingredientes que nos quedan. Tamén co flamengo Renato Nicanor descubrimos que nada é imposible para un corazón disposto porque todo esforzo ten a súa recompensa. Estes e outros relatos foron os integrantes dunha xornada chea de fantasía e ilusión que, de seguro, quedará gravada na nosa memoria. 

Grazas Erica por compartir estas divertidas historias connosco e por amosarnos, unha vez máis, que a través dos libros podemos viaxar e aprender moitas leccións e valores. 

 

 

  

   

SAMAÍN

O Samaín é unha festa chea de maxia e misterio. A noite do 31 de outubro facíase unha celebración moi especial que, de feito, constituía a festa celta máis importante: era o comezo do Ano Novo Celta.

Conmemoraba o tránsito da luz (verán) á escuridade (inverno), un momento máxico no que, por unha soa noite, quedaban abertas as ventás do máis alá, o cal era aproveitado polas almas dos difuntos para visitar o mundo dos vivos.

Ademais de traballar e aprender máis cousas sobre esta festividade, decoramos as nosas aulas así de terroríficas!

 

  

 

AXUDAS DE APOIO AO ESTUDO 2022

CHARLA SOBRE A ANTÁRTIDA

O pasado venres, 16 de setembro, tivemos a sorte de recibir no noso colexio a un antigo alumno do centro, Damián García Castro, doutorado en Física.

O arzuán participou nun proxecto de investigación na Antártida, concretamente na base científica española, alí situada.

Contounos de primeira man en que consistiu o proxecto de investigación que o levou á Antártida, cunha presentación moi bonita da que aprendemos moitísimas cousas descoñecidas deste continente.

Ademais de coñecer en que consistía o seu traballo, situamos, en primeiro lugar, a Antártida no mapa.  Logo, coa axuda das imaxes que nos amosou, poidemos coñecer moitas cousas deste continente: cal é a súa temperatura, como se vive, a vestimenta que hai que utilizar, que podemos ver, os animais que alí habitan…

Foi moi emocionante que compartira con nós as imaxes e vídeos que el mesmo sacou alí na súa viaxe, escoitar as súas vivencias e anécdotas e descubrir tantos datos descoñecidos da Antártida para nós.

Agradecemos a túa visita, Damián!

 Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

 

 Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

RECICLANDO CON ECOEMBES

Desde Ecoembes proporcionaron papeleiras para reciclaxe que permitirán organizar a recollida de residuos no cento. Deste xeito, xunt@s no coidado do medio ambiente.

Powered by Drupal - Design by artinet