O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación
da Violencia contra a Muller, coa finalidade de visibilizar a violencia
contra as mulleres e nenas a nivel mundial, denunciar estes feitos e
proclamar políticas que axuden a acabar con esta situación.
Os nenos e nenas do Ceip de Arzúa concienciámonos moito sobre este este
grave problema e realizamos diferentes actividades, murais e traballos
onde plasmamos os nosos desexos.
Ademais, realizamos un mural colectivo onde escribimos mensaxes
negativas en gotas de auga que o paraugas pretende “frear” e decoramos o
mural con follas de moitas cores que portaban mensaxes positivas e
esperanzadoras:
Estes son algún dos nosos traballos:
O propio venres, 25 de novembro, o alumnado de 5º e 6º participou nunha
charla contra a Violencia de Xénero (Plan Director).
Tratáronse temas como: diferenzas entre violencia de xénero e violencia
doméstica, tipos de violencia de xénero, tipos de maltrato…
Como sempre, Óscar ( Garda Civil que impoartiu a charla), botou man de
vídeos ilustrativos que facilitaron que o alumnado comprendera a realidade:
a violencia de xénero non só é pegar!