Este venres, 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos unha das festas máis importantes do outono, o Magosto. Esta é unha celebración popular relacionada coa colleita das castañas onde os veciños se reúnen para asalas, bailar, xogar e festexar. E iso mesmo é que nós fixemos.
En primeiro lugar, elaboramos este mural colectivo que leva por título “Móllate neste Magosto” no que cada nivel escribiu e ilustrou poemas, refráns, adiviñas… relacionadas con esta conmemoración. Quedou así de bonito:
Logo, celebramos o Magosto con xogos populares, degustación de castañas asadas e chocolatada. Foi unha xornada moi divertida onde desfrutamos moitísimo e nos acompañou un día maravilloso co “verán de San Martiño”.
O alumnado de Educación Infantil participou en diferentes xogos que estaban repartidos por diferentes recunchos do colexio:
1. Os globos
2. A rá
3. Aros musicais
4. A corda
5. Carreia de sacos
Ao finalizar cada xogo, recibían unha peza dun puzle, que despois montaron na aula:
E para rematar a xornada, merendaron unhas deliciosas castañas asadas e tomaron un rico chocolate:
O alumnado de Educación Primaria tamén participou en diferentes xogos populares:
1. Chave e chapas
2. A rá
3. A pesca
4. Aros musicais
5. Tres en raia
6. A corda
7. Carreira de sacos
8. Mariola
9. Os panos
Logo, armaron o puzle de recompensa.
E para finalizar, degustaron as castañas e desfrutaron dun delicioso chocolate.
Unha xornada marabillosa! Feliz Magosto!