IDEA A TÚA LATA DE CONSERVAS

Despois de tanto peixe, propóñovos idear a vosa lata, só tes que elexir a túa conserva e mans á obra, seguro que queda chulísima. Recoméndoche que imprimas en cartulina.

Aquí tes o modelo 

Nota: todos os traballos que fagades, enviaranse ao correo do cole, desta actividade en concreto ou de calquera das outras que se propoñen sobre este tema. 

ceip.arzua@edu.xunta.es

 

OS ARROASES DARANCHE MOMENTOS DIVERTÍDOS (lecturas, xogos e receitas en familia)

Os Arroases

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe.

Resultado de imagen de Os arroases a súa primeira aventura

Os arroases e a súa primeira aventura

Os arroases e a súa segunda aventura

                                                                                      XOGA E DIVÍRTETE COS ARROASES AQUÍ

 

Receitas

Riquísimas receitas moi doadas de facer

                                                                                                                                                  Preme aquí

 

MATERIAIS PARA TRABALLAR NO PLAN PROXECTA

Tendo en conta a situación que estamos a vivir e contando ademais con que o centro está a participar no Plan Proxecta en diferentes cursos, as coordinadoras dos programas "Aliméntate ben" e "Sustentabilidade e paisaxe" propoñemos unha serie de actividades para que dun xeito entretido poidan aprender un pouquiño sobre estes temas. Esta vez vai relacionado co mundo da costa, un pouco máis lonxe de nós e que seguramente descoñecemos máis. Os nenos e nenas poden pasar momentos agradables e ao mesmo tempo estarán aprendendo cousas novas, co obxectivo de familiarizarse co mundo da pesca e da acuicultura para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.

Preme na imaxe e descarga.

 

Imaxe do peirao virtual

Coñezo o peirao Con esta actividade interactiva que tes que descargar vas pinchando nas diferentes imaxes e aparecerá información de cada unha delas. 

Vídeos 360º Vivir a experiencia de distintas profesións do mar dunha maneira directa a través da visualización en 360º desprazándose pola pantalla do ordenador para visualizalo desde diferente puntos de vista (preme no botón esquerdo do rato e móvete ata 360º nos vídeos. Poderemos coñecer: 

Percebeiros/as

Bateiros

Marisqueo

A navalla

Palangreiros

Cerqueiros

Naseiros do polbo

Vídeos de artes: Imos de pesca

Percebe

Nasas

Mexillón

Palangre

Acuicultura

Artes auxiliares

Apnea

Cerco

Enmalle

Arrastre

Marisqueo a flote

Marisqueo a pé

 

 

 

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras están pensadas para que o alumnado de educación infantil leve nelas, en préstamo temporal, os libros que sexan do seu interese e que logo compartirán coa súa familia. A Biblioteca escolar do CEIP de Arzúa solicitou 100 destas mochilas, á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, que foron recibidas recentemente e repartidas entre o seu alumnado de educación infantil. Estas bolsas, a parte de protexer estes materiais tan valiosos e atractivos, como son os libros, proporcionan un motivo de encontro entre os distintos membros da familia, ao mesmo tempo que reforzan o vínculo entre familia e escola no seu labor común de formación dos lectores e das lectoras máis novas. 

 

 

 

 

 

EDUCANDO EN IGUALDADE

 

 

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller adicamos un recuncho da nosa biblioteca a promocionar lecturas que promoven unha educación en igualdade na que os nenos e as nenas teñan as mesmas posibilidades de desenrolar as súas capacidades e habilidades sen limitacións por cuestión de xénero. Trátase de recursos para levar a coeducación ao propio entorno persoal e familiar, e que brindan ao alumnado a oportunidade de medrar e aprender en igualdade. A maioría dos títulos son novas adquisicións: Grisela, Once damas atrevidas, A miña familia 3+1 = 7, O libro dos porcos, Orellas de bolboreta, etc; e outros formaban parte xa dos nosos fondos bibliográficos. Que os desfrutedes!

 

ACTIVIDADE DE CONTACONTOS PARA E.INFANTIL: "ROSA CARAMELO".

Un grupo de alumnos e alumnas colaboradores da biblioteca escolar levaron a cabo unha actividade que consistía en contarlle un conto ao alumnado de Educación Infantil. O libro escollido foi "Rosa Caramelo" porque trata o tema de igualdade de xénero e vimos de celebrar recentemente o Día Internacional da Muller. Neste conto fálase dunha manda de elefantes na que as elefantas son de cor rosa, agás Margarida. De contado esta rebelde e esperta elefantiña descubrirá que as do seu xénero teñen prohibido facer cousas que están reservadas para os machos. Margarida non acepta esta tradición e amósalle ás súas compañeiras que a igualdade pode ser unha realidade.

Despois da narración dramatizada do conto de Adela Turín o alumnado colaborador da biblioteca propúxolle unhas cuestións aos máis pequenos e pequenas para reflexionar sobre a lección que nos ensina esta historia: todos e todas temos os mesmos dereitos e non podemos ser discriminados por razón de xénero.

Para rematar a actividade cantaron e bailaron todos xuntos por un mundo mellor no que o importante é  a igualdade dentro da diversidade.

Grazas a todas e todos por facer posible esta fermosa e gratificante actividade.

 

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O Día da Muller conmemorouse por primeira vez o 8 de marzo de 1975, por iniciativa da ONU.

Esta data está marcada pola centenaria loita que deron as mulleres na súa búsqueda pola igualdade. Un 8 de marzo de 1957 unha manifestación das traballadoras dunha fábrica de textiles de Nova York reivindicando os seus dereitos, na que morreron 120 mulleres, iniciou a loita pola igualdade en todos os aspectos. Desde aquel histórico 8 de marzo a data converteuse nun punto recurrente para as protestas das mulleres. Data que a día de hoxe conmemoramos como un paso adiante na igualdade do sexo feminino na sociedade e no seu desenvolvemento como persoa.

Nós sumámonos a esta loita e, por iso, durante toda a semana estivemos realizando diversos traballos a nivel de aula.

O alumnado de 1º fixo este mural, baixo olema "Muller, nin máis nin menos" que lles quedou así de bonito:

E os rapaces e rapazas de 6º elaboraron estoutro na clase de Arts & Crafts , Plástica Seccións Bilingües, baixo o lema "Growing up in equality" ("medrando en igualdade"). Precioso!

En relación á temática deste ano, o cine, cada nivel realizou un estudo de mulleres que destacaron ou destacan neste campo. Mulleres actrices, directoras, produtoras, guionistas...que loitan e/ou loitaron pola visibilidade do papel da muller na sociedade.

A información e imaxe da muller escollida por cada clase, colocouse nunha cinta de celuloide de cor violeta (a cor da igualdade). As portas das aulas luciron así de bonitas!

 

                              

 

 

                                 

 

CATA DO QUEIXO

O día 27 de febreiro tivo lugar no colexio unha cata de queixo para alumnado de 6º de primaria, a través do Consello Regulador de Denominación de Orixe Protexida ARZÚA-ULLOA. Proxectouse un vídeo onde se viu o proceso de elaboración do queixo e distintos tipos de queixo, empregando a pasteurización.

 

 

Os ingredientes do queixo de denominación de orixe son:

- O leite producido na zona.

- Sal.

- Fermentos lácteos ou bacterias lácteas.

- Callo ou presoiro.

O callado lévase a cabo nunha cuba e empréganse as Liras para cortar a callada, que unha vez cortada (sepárase leite e soro) elimínase da cuba a maior parte do soro.

Coa callada énchense os moldes, facendo queixos de entre 1/2 Kg e 3 kg e medio. Ponse gasa para eliminar o soro do queixo e métense na prensa, onde estarán mínimo tres horas.

Para a maduración do queixo utilízanse cámaras de ambiente controlado. O tempo mínimo para poder levar a contraetiqueta (certificado individual) é de 6 días.

Este queixo, ao levar fermentos lácticos, non caducan, teñen unha data de consumo preferente. Os que non levan fermentos lácticos sí que caducan.

Na cata empezamos polo sabor máis suave e rematamos co máis forte. Catamos queixos de:

- Un día.

- Unha semana.

- Un mes e medio.

- Un ano e medio.

 

As propiedades nas que nos paramos na cata foron: avaliación sensorial do aroma, avaliación sensorial do sabor, grao de rugosidade da superficie, grao de humidade da superficie, elasticidade, sabor da masa do queixo, características xeométricas na boca (granulidade)...

 

ENTROIDO 2020

 

É tempo de Entroido!

O alumnado de 6º B realizou o mural da entrada baixo o lema "O entroido galego, un ... Entroido de cine! Quedoulles así de espectacular!

Este venres, 21 de febreiro tivemos o festival de Entroido. Foi unha festa moi divertida! Como sabedes, este ano a cousa vai de cine, así que gozamos vendo un auténtico Entroido de cine!

Presentamos diferentes comparsas, todas elas relacionadas con películas de cine. Quedaron así de lucidas, orixinais e espectaculares! Grazas ás familias por axudarnos a lucir así de ben e ás mestras e mestres que fixestes posible que nos converteramos en auténticos e auténticas actores e actrices de cine.

O alumnado de Educación Infantil representou a película dos Trolls. Estiveron guapísimos e guapísimas, e que ben se moveron!

 

 

                                          

Os rapaces e rapazas de 1º fixéronnos revivir a maxia de Toy Story. Que marabilla!

Os nenos e nenas de 2º convertéronse nos verdadeiros e verdadeiras Minions. Foi espectacular!

                  

 

 

Co alumnado de 3º gozamos lembrando a Charles Chaplin! Foi un éxito!

Cos nenos e nenas de 4º revivimos o clásico de Mary Poppins. Foi xenial!

                

 

Os rapaces e rapazas de 5º convertéronse nos auténticos e auténticas piratas da película Piratas del Caribe. Foi emocionante!

 

E para finalizar, os compañeiros e compañeiras de 6º, interpretaron The greatest show. Nesta película, o director pretende montar un gran espectáculo acollendo a diferentes personaxes do mundo do circo que dalgunha maneira foron rechazados ou marxinados pola sociedade e aos que el lle dá una segunda oportunidade. Noraboa!

                  

 

E ata aquí chegou o noso desfile, no que como vistes, converteuse nun auténtico Entroido de cine! Esperamos que vos gustara e desfrutarades tanto coma nós!

 

Feliz Entroido!

 

ROSALÍA_2020

Este curso, ademais de sacar os poemas de Rosalía de Castro aos xardíns de Arzúa, o EDLG propuxo estas outras dúas actividades:

1. Realizar caricaturas da nosa escritora, dado que dela hai moi poucas fotos e si, moitas caricaturas e debuxos. 

2. Sumándonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), propoñer ao alumnado que busque fotos, debuxos, gravados... que versen sobre o tema das migracións actuais e colocar como pé versos de Rosalía que traten as migracións en todos os seus aspectos (a soidade de quen fica, a morriña de quen vai, a dor, o medo, o desamparo, a xenofobia, a explotación, os conflitos...). Para esta actividade, o EDLG repartiu ao profesorado unha escolma de poemas de Rosalía de Castro: 

- Airiños, airiños, aires

- Adios ríos, adios fontes

- Castellanos de Castilla

- Tecín soia a miña tea

- Pra a Habana

- Daquelas que cantan

- Amores cativos

- A xustiza pola man

- Marchácheste un día

- Non coidarei xa os rosales

- ...

Con estes traballos enchemos os corredores do colexio e queremos deixarvos unha mostra deles. Grazas a todo o profesorado e alumnado por contribuír, un ano máis, a difundir a obra desta escritora tan ilustre. 

   

  

  

 

  

  

  

  

  

 O mural da entrada do colexio foi realizado polo alumnado de 4º E. Primaria. 

Powered by Drupal - Design by artinet