Sustentabilidade e Paisaxe 2019-20

Mural coas fotografías do concurso "Dentro das paisaxes"

Xa temos exposto o mural coas fotografías tan preciosas que entregaron os nenos e nenas que participaron no concurso de fotografía. 

A fotografía do gañador queda enmarcada e ao seu lado podemos ver a pintura orixinal na que se inspirou o participante; toda unha paisaxe galega que representa o especial que é o noso fogar.

 

 

Podedes ver todas máis fotografías do mural no blogue, PREME AQUÍ

 

Moitas grazas pola participación, e lembrade que mañá, xoves, no recreo, entregaremos os premios e o detalle a todos os participantes.

 

RECICLAXE

Dentro do programa do plan proxecta na modalidade de SUSTENTABILIDADE E PAISAXE na aula de tres anos elaboramos un Lapbook  xa que nos encantou a súa elaboración en con eles aprendemos dun xeito diferente, divertido e manipulativo.  En esta ocasión traballamos de diferentes técnicas a RECICLAXE. Sabedes  reciclar? Cales son as cores dos contenedores e como temos que reciclar? Que tiramos en casa un de eles? 

Nós traballàmolo a través de este Lapbook 

Levantamos a solapa de cada contenedor e temos OS diferentes envases que debemos tirar en cada un de eles!

TRABALLO DE PAISAXE PARA 6º B

Bo día a tod@s! Propoñemos unhas actividades para o programa "Sustentabilidade e Paisaxe" no que está a participar o alumnado de 6º B. Podedes enviar os traballos ao correo do cole ceip.arzua@edu.xunta.es ou se o preferides a través do móbil do cole, vía WhatsApp, 698146536.

Na páxina web do cole, na parte dereita ao fondo, aparecen os blogues do Plan Proxecta 2019/2020. Ide ao de “Sustentabilidade e Paisaxe” https://sustentabilidadeepaisaxe.blogspot.com/

Ollade a  entrada: EVOLUCIÓN DAS NOSAS PLANTAS 

https://sustentabilidadeepaisaxe.blogspot.com/2020/04/evolucion-das-nosas-plantas.html

Prestade moita atención ao vídeo de como debuxar un caracol para logo poder facelo vós. Podedes debuxalo ou crealo con diversos materiais: corda, plastelina…

Poñede as súas partes e explicade como son estes animais, que comen, como se alimentan, como se reproducen… e todo o que se vos ocurra ou vos suxira curiosidade.

 

Logo, no debuxo do pantalón, que tedes no documento adxunto, debuxades un caracol na parte esquerda (decorádelo como máis vos guste) e na dereita escribides un poema, pode ser sobre caracois, sobre os maios ou do escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: RICARDO CARVALHO CALERO. 

No noso horto, os caracois deixaron unha das plantas aromáticas, o ARMUELLE ROJO. Averigua sobre esta planta e fai un pequeño traballo sobre ela. 

 

 

MATERIAIS PARA TRABALLAR NO PLAN PROXECTA

Tendo en conta a situación que estamos a vivir e contando ademais con que o centro está a participar no Plan Proxecta en diferentes cursos, as coordinadoras dos programas "Aliméntate ben" e "Sustentabilidade e paisaxe" propoñemos unha serie de actividades para que dun xeito entretido poidan aprender un pouquiño sobre estes temas. Esta vez vai relacionado co mundo da costa, un pouco máis lonxe de nós e que seguramente descoñecemos máis. Os nenos e nenas poden pasar momentos agradables e ao mesmo tempo estarán aprendendo cousas novas, co obxectivo de familiarizarse co mundo da pesca e da acuicultura para aumentar o seu coñecemento e interese por este produto.

Preme na imaxe e descarga.

 

Imaxe do peirao virtual

Coñezo o peirao Con esta actividade interactiva que tes que descargar vas pinchando nas diferentes imaxes e aparecerá información de cada unha delas. 

Vídeos 360º Vivir a experiencia de distintas profesións do mar dunha maneira directa a través da visualización en 360º desprazándose pola pantalla do ordenador para visualizalo desde diferente puntos de vista (preme no botón esquerdo do rato e móvete ata 360º nos vídeos. Poderemos coñecer: 

Percebeiros/as

Bateiros

Marisqueo

A navalla

Palangreiros

Cerqueiros

Naseiros do polbo

Vídeos de artes: Imos de pesca

Percebe

Nasas

Mexillón

Palangre

Acuicultura

Artes auxiliares

Apnea

Cerco

Enmalle

Arrastre

Marisqueo a flote

Marisqueo a pé

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet