Aliméntate Ben 2019-20

VISITA DO ALUMNADO DE 4º EP Á FÁBRICA DE QUEIXOS GALMESÁN

O 23 de febreiro, o alumnado de 4º EP achegouse ata a fábrica de "Queixos Galmesán". Nesta visita aprenderon unha morea de cousas relacionadas co proceso de fabricación do leite. 

Chamoulles moito a atención os tanques tan grandes de leite. Explicoulles a guía que cada un contén 7.000 l  e que chega de granxas da zona. Aínda que a receita coa que se fabrican estes queixos é alpina, queren destacar que empregan leite galego de vacas de pastoreo. Necesitan tanto leite porque cada queixo que fabrican pesa 16 kg e necesitan para a súa fabricación 160 l de leite.

Pasamos pola zona onde se pasteuriza o leite, elevando a súa temperatura ata 80ºC. Non lle suben máis a temperatura porque interésalles que permanezan no leite certos microorganismos que logo van utilizar na seguinte fase do proceso de fabricación. 

 

Marta explicounos que nestas cubetas tan grandes é onde o leite solidifica e se corta.

Puideron ver como, unha vez que se lle dá a forma ao queixo, hai que darlle a volta para que vaia soltando o soro que lle sobra. 

O seguinte paso é metelos nunhas cubetas que conteñen auga con sal. Preguntáronlle a Carmen e a Marta por qué tiña a auga unha cor amarela e explicáronlles que o queixo absorbe o sal da auga, pero solta certos sales minerais que lle dan á auga esa cor tan característica. 

  

Por último, pasamos á zona onde se curan os queixos. Explicáronlles que alí permanecen ano e medio ata que saen á venda. Todos os días teñen que limpalos e darlle a volta para que os queixos vaian formando esa codia que o caracteriza. 

Encantounos a visita que fixemos a esta fábrica. Desde aquí queremos agradecerlles a boa acollida que nos dispensaron e o agasallo que nos deron ao rematar. Todas e todos puidemos degustar este queixo tan saboroso. MOITAS GRAZAS!!

 

 

 

MAGOSTO

O MAGOSTO é unha festa tradicional típica galega relacionada coa colleita das castañas.

A palabra Magosto significa “fogueira preparada para asar as castañas” en torno á cal se reunían os vecinos e veciñas para compartilas e festexar xuntos e xuntas.

Nesta festa a castaña e o lume únense para celebrar a chegada do outono.

Os nenos e nenas do CEIP  de Arzúa traballamos e aprendemos máis sobre esta festividade realizando diversos traballos e manualidades.

Ademais o venres, 5 de novembro, celebramos o noso Magosto no colexio degustando castañas asadas e tomando un chocolatiño ben quentiño e saboroso.

Foi unha xornada na que as castañas, a chocolatada e a compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de clase fixeron que fose moi divertida.

Feliz MAGOSTO!

  

 

  

SAMAIN

 

O SAMAÍN (que significa "fin do verán") é unha festividade de orixe celta na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada de colleitas e era considerada como o "ASno Novo Celta".

Ademais, nesta noite as almas dos defuntos volvían ao mundo dos vivos para visitar aos parentes. Os celtas realizaban diversos ritos nos que se comunicaban cos defuntos. Para espantar aos malos espíritos decoraban as casas con adornos de medo e utilizaban máscaras e disfraces. Tamén deixaban alimentos nas portas para contentalos.

Tiñan como costume facer farois con nabos e cabazas para guiar aos espíritos bos de volta a casa e espantar aos malos.

O alumnado do Ceip de Arzúa traballou nas aulas sobre esta festividade, realizando lecturas, traballos, manualidades, murais, escoitando cancións ou vendo algún vídeo  no que aprendemos máis sobre a orixe desta conmemoración. O venres, 29 celebramos este día e viñemos disfrazados e disrfazadas. Foi terroríficamente divertido!

 

        

 

   

 

   

 

   

Actividades dos nenos e nenas de 4 anos: merenda con elaboración de caras terroríficas, a pantasma COME - MEDOS e coroas con caras de diferentes emocións.

 

O alumnado de 5 anos B preparou un cemiterio de libros, onde estaban aqueles esquecidos ou non lidos. Pero coa súa axuda, que quixeron ler eses libros e escoitar esas historias, conseguiron revivilos!

 Traballo realizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria: "Sempre hai que lembrar". 

 PREME AQUÍ

 

 

 

FROITA NOS RECREOS

Unha da iniciativas innovadoras a desenvolver no CEIP de Arzúa, co obxectivo de promover hábitos de vida saudable, é a de levar a cabo "hábitos de alimentación saudable".

Pretendemos ademais traballar o tema da saúde a través das emocións e a maneira de como estas repercuten na saúde. Darase comenzo co reparto de froita no recreo para todo o alumnado do centro, aproveitando o contido nutricional e coñecendo e experimentando as características destes alimentos, ademais do papel fundamental que xogan en torno ás emocións.

Fotomural Frutos de dibujos animados con las emociones • Pixers® - Vivimos  para cambiar

 

 Este reparto dará comenzo o martes 26 de outubro, teremos mandarina e plátano.

Emociones. Cara Triste. Mandarinas Y Plátanos En Forma De Cara Alterada  Sobre Fondo Azul Foto de archivo - Imagen de tristeza, fondo: 204657822Un Plátano En Forma De Figura Humana Que Lleva Mandarinas Con Rodajas  Voladoras De Mermelada Sobre Un Fondo Blanco Aislado Imagen de archivo -  Imagen de color, refresco: 184550409

Dúas froitas coas que poderemos empezar a experimentar, potenciando o seu consumo.

 

Para xoves e venres teremos outras dúas froitas: melón e mazá vermella.

 

 

OS ARROASES DARANCHE MOMENTOS DIVERTÍDOS (lecturas, xogos e receitas en familia)

Os Arroases

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe.

Resultado de imagen de Os arroases a súa primeira aventura

Os arroases e a súa primeira aventura

Os arroases e a súa segunda aventura

                                                                                      XOGA E DIVÍRTETE COS ARROASES AQUÍ

 

Receitas

Riquísimas receitas moi doadas de facer

                                                                                                                                                  Preme aquí

 

CATA DO QUEIXO

O día 27 de febreiro tivo lugar no colexio unha cata de queixo para alumnado de 6º de primaria, a través do Consello Regulador de Denominación de Orixe Protexida ARZÚA-ULLOA. Proxectouse un vídeo onde se viu o proceso de elaboración do queixo e distintos tipos de queixo, empregando a pasteurización.

 

 

Os ingredientes do queixo de denominación de orixe son:

- O leite producido na zona.

- Sal.

- Fermentos lácteos ou bacterias lácteas.

- Callo ou presoiro.

O callado lévase a cabo nunha cuba e empréganse as Liras para cortar a callada, que unha vez cortada (sepárase leite e soro) elimínase da cuba a maior parte do soro.

Coa callada énchense os moldes, facendo queixos de entre 1/2 Kg e 3 kg e medio. Ponse gasa para eliminar o soro do queixo e métense na prensa, onde estarán mínimo tres horas.

Para a maduración do queixo utilízanse cámaras de ambiente controlado. O tempo mínimo para poder levar a contraetiqueta (certificado individual) é de 6 días.

Este queixo, ao levar fermentos lácticos, non caducan, teñen unha data de consumo preferente. Os que non levan fermentos lácticos sí que caducan.

Na cata empezamos polo sabor máis suave e rematamos co máis forte. Catamos queixos de:

- Un día.

- Unha semana.

- Un mes e medio.

- Un ano e medio.

 

As propiedades nas que nos paramos na cata foron: avaliación sensorial do aroma, avaliación sensorial do sabor, grao de rugosidade da superficie, grao de humidade da superficie, elasticidade, sabor da masa do queixo, características xeométricas na boca (granulidade)...

 

Arrancamos cos programas do Plan Proxecta

Como inicio ao Plan Proxecta, concretamente aos programas de "Sustentabilidade e Paisaxe" e "Aliméntate Ben", que se van levar a cabo no CEIP de Arzúa ao longo do curso 2019/2020, o pasado xoves 7 de novembro tivemos a oportunidade de visitar no IES de Arzúa unha exposición de cogumelos realizada polo alumnado de agraria. Nesta exposición, o alumnado participante nos programas anteriormente mencionados puido observar unha morea de exemplares de cogumelos, así como os seus nomes e a idea de que hai cogumelos comestibles e outros que son velenosos, sendo a "micoloxía" a ciencia que os estuda.

 

Mostráronnos tamén como certos cogomelos cambian a cor da súa carne ao cortalos.

 

Espertáronse curiosidades como algún nome ("peido de lobo") e a idea de que se poden identificar os cogumelos a partir das súas esporas. Observamos as "esporadas" ou impresións de esporas (mancha formada polo conxunto de esporas que deixa caer un cogumelo maduro sobre unha superficie), que son importantes para identificar o cogumelo, debido a que a súa cor varía con cada especie e tamén permite iniciar algún cultivo partindo destas esporas.

Quédannos moitas cousas por aprender dos cogumelos. O outono vístese de cores e móstranos a súa beleza, na que contrastan vermellos, ocres e dourados, mesturados cos verdes das follas perennes.

Se chove, medran os cogumelos. Hainos no campo, nos bosques e ata nos xardíns e cada paisaxe ten os seus. O níscalo por exemplo é típico dos pinares. Para buscalos temos que valorar a vexetación e hai que saber de árbores, xa que certos cogumelos só están debaixo dun tipo de vexetación (arbusto, árbore,...) e isto é básico para saber o que buscamos. Canto nos queda por investigar...e farémolo a partir desta visita, porque... os cogumelos, que son? plantas? fungos? froitos?...que é unha planta? e un fungo? e un cogumelo? en que tipo de paisaxe medran? que precisan para medrar? queremos facer esporadas?... Adiante pequenas e pequenos...

MAGOSTO 2019

O Magosto é unha festa tradicional na que a castaña é a verdadeira protagonista. Trátase dunha celebración relacionada coa recolección de castañas na que se prepara unha fogueira para asalas en torno á cal se reúnen os veciños e veciñas para compartilas.

Nós, hoxe, tamén quixemos celebrar o noso Magosto, comendo castañas en compañía dos nosos amigos e amigas.

                       

Aínda que o tempo non acompañou para poder celebrar os tradicionais xogos con castañas, puidemos festexar este día xogando e comendo castañas cos nosos compañeiros e compañeiras. Foi igualmente moi divertido!

                            

 

 

Esperamos pacientemente na fila para recollelas, e despois degustámolas todos xuntos e xuntas!

 

                                                

                   

Pero o día non rematou aquí!

Despois desta celebración tivemos a oportunidade de asistir a un espectáculo de maxia organizado pola ANPA e subvencionado pola Diputación da Coruña. Contamos coa visita do Mago Benxamín, co seu espectáculo "Máxico 2019".

                                 

                      

Foi un espectáculo moi divertido no que nos ilusionamos con moitos trucos de maxia. Ademais, algúns nenos e nenas, e algunhas mestras, puideron ser os e as protagonistas dalgún deles, e foi verdadeiramente emocionante.

 

                                            

En resumo, pasamos unha xornada moi divertida con todas estas actividades. Feliz Magosto!

Powered by Drupal - Design by artinet