ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2024-2025
Según a INSTRUCIÓN 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025, ábrese o prazo de admisión de membros da xomunidade educativa do CEIP de Arzúa, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024-2025.
CEIP DE ARZÚA
981500291
698146536
ceip.arzua@edu.xunta.gal
orientacion.ceip.arzua@edu.xunta.gal
(Só para xestións co Departamento de Orientación)
BIBLIOTECAS ESCOLARES/EQUIPOS DINAMIZACIÓN
CHARLA DE SEGURIDADE VIARIA
O pasado 18 de outubro e dentro do Plan Director, o axente de Tráfico José Luís deulle unha charla ao alumnado de 5º e 6º de primaria sobre a seguridade viaria.
Cando falamos de seguridade viaria para nenos/as, estámonos referindo ao conxunto de normas, coñecementos, prácticas e hábitos directamente relacionados con tránsito así como coa circulación tanto de peóns como de condutores na vía pública.
José Luís explicou en que consistía o seu traballo e con que medios realizan o seu labor.
Fixo consciente ao alumnado da importancia de cumprir as normas e recalcou medidas como:
- A obrigación de cruzar sempre polo paso de peóns, mirando a ambos lados antes.
- No caso das aldeas, onde non haxa pasos de peóns, afastarse das curvas para cruzar.
- Ao camiñar pola vía pública non usar auriculares. A audición é fundamental para previr calquera tipo de problema.
- Ao montar en bicicleta, hai que levar posto o casco. (Obrigatorio sempre para menores de 16 anos aínda que recomendable en todas as idades).
Os nenos e nenas participaron activamente na charla e foron moitas as experiencias persoais que compartiron co axente e cos compañeiros/as.
MAGOSTO 2024
O Magosto está á volta da esquina e as castañas, eses froitos do outono que tanto nos gustan aos galegos e galegas, xa comezaron a madurar e a estar listas para degustar.
O festa do Magosto, na que asamos castañas e as degustamos coa familia, amigos, amigas, vecinos e veciñas, é unha tradición que segue moi presente en Galicia e é parte da nosa historia, cultura e tradición.
Por iso, para manter viva esa tradición, realizamos este mural colectivo que leva por título “O noso Magosto”. Nel, un trasno porta unhas cestiñas cheas de castañas que decoraron os nenos e nenas de Educación Infantil. E ademais, o mural é decorado cos tradicionais cucuruchos feitos con papeis de xornais dos que saen escritos refráns relacionados con esta conmemoración.
Quedounos así de bonito!
Segundo crenzas antigas, a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos.
Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio.
Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos.
O pasado venres, 8 de novembro celebramos o Magosto no noso colexio con castañas asadas, chocolatada e xogos tradicionais!
Unha xornada moi divertida!
XOGOS TRADICIONAIS:
DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS ASADAS E CHOCOLATADA:
DÍA DAS BIBLIOTECAS CON RAQUEL QUEIZÁS
O pasado xoves, 24 de outubro conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas.
Esta iniciativa naceu co fin de concienciarnos da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e nenas, e para agradecer a gran labor dos biblotecarios e bibliotecarias.
Para festexar este día, tivemos a sorte de recibir no noso salón de actos a unha das mellores contadoras de historias, Raquel Queizás.
Tróuxonos o seu espectáculo “A maleta da avoa”. Contounos que desde ben pequena escoitaba os contos da avoa pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros e nela vive a memoria.
Dentro da maleta saen trasnos, mouras, nenas espabiladas, bonecas con mazorcas de millo, o Papón… un sinfín de historias marabillosas coas que nos fixo rir e desfrutar un montón!
Todos os nenos e nenas desfrutaron desta sesión de contacontos que se levou a cabo en dous pases: un para Educación Infanti, 1º e 2º de EP, e outro para 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA XERMOLOS
A inscrición pode facerse no seguinte número de teléfono: 609111795
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR OFERTADA POLO CONCELLO:ESCOLA DE TENIS
Folleto informativo da actividade extraescolar ofertada polo Concello para o noso centro.