CHARLA DE SEGURIDADE VIARIA

O pasado 18 de outubro e dentro do Plan Director, o axente de Tráfico José Luís deulle unha charla ao alumnado de 5º e 6º de primaria sobre a seguridade viaria.

Cando falamos de seguridade viaria para nenos/as, estámonos referindo ao conxunto de normas, coñecementos, prácticas e hábitos directamente relacionados con tránsito así como coa circulación tanto de peóns como de condutores na vía pública.

José Luís explicou en que consistía o seu traballo e con que medios realizan o seu labor.

Fixo consciente ao alumnado da importancia de cumprir as normas e recalcou medidas como:

- A obrigación de cruzar sempre polo paso de peóns, mirando a ambos lados antes.

- No caso das aldeas, onde non haxa pasos de peóns, afastarse das curvas para cruzar.

- Ao camiñar pola vía pública non usar auriculares. A audición é fundamental para previr calquera tipo de problema.

- Ao montar en bicicleta, hai que levar posto o casco. (Obrigatorio sempre para menores de 16 anos aínda que recomendable en todas as idades).

Os nenos e nenas participaron activamente na charla e foron moitas as experiencias persoais que compartiron co axente e cos compañeiros/as.

Powered by Drupal - Design by artinet