Blogue de quinif

Volven os apadriñamentos lectores

Rematou a pandemia e podemos volver a atoparnos nos recreos, a ser unha comunidade lectora e solidaria. Así que volvemos ter a felicidade de ver no patio de infantil ao alumnado de sexto que van contar aos seus alumn@s apadriñad@s un contiño no recreo.

Por iso vos deixamos aquí a constancia gráfica dos apadriñamentos lectores que de novo volven a encher de historias os nosos recreos.

Creemos un circuíto eléctrico en Scratch

Como xa dixemos no Barquiño de papel do mes de novembro, deixámovos aquí os materiais (o fondo de pantalla e as imaxes necesarias) para realizar este sinxelo xogo que consiste na realización dun circuíto eléctrico.

Temos que programar para que a bombilla se acenda cando estea ben colocada no circuíto, e tamén o interruptor. Para que funcione, ademáis, temos que facer que o interruptor se poña en "on" cando poñamos o rato por riba del.

É un proceso complicado, xa que temos que facer que a bombilla e o interruptor teñan dous disfraces, un apagado (off) e outro acendido (on).

Tamén temos que crear dúas variables, para que o programa saiba se se cumpren as condicións para acender a bombilla.

Tanto para o interruptor como para a bombilla temos que programar a súa función cunha variable condicional.

Por último o interruptor tamén temos que programalo para que se poña en posición de encendido cando poñamos o rato por riba del, por suposto con outra condicional.

Animádevos a realizar este reto, estamos convencidos que despois de trastear un pouco iremos conseguindo que funcione. Veña, que sodes uns "cracks"!!!

Samaín no Condesa

Deixámovos aquí o vídeo co que queremos aterrorizarvos nesta festa do Samaín.

 

Tamén queremos animarvos a ler algúns destes títulos, escolmados para vós de entre os títulos de terror da nosa biblioteca

Tamén vos deixamos un vídeo de como o alumnado de sexto curso preparou o tunel do Terror, que despois da pandemia puido volver a se realizar

Concrección Curricular

A historia das nosas minas

Christian Barrio, un noso ex-alumno acaba de escribir un libro onde recolle  a súa memoria familiar que se relaciona coa mina de Valborraz, xa que o seu avó foi o último gardián da mina.

 

Sssshhhhh!!!! Volve a lectura silenciosa

Volve, co outono e a xornada partida, a Lectura Silenciosa ás nosas aulas. Así é como comezamos a nosa xornada escolar, cuns minutos de lectura persoal, en silencio, concentrados, desfrutando de todo o que nos pode ofrecer un libro, esa fiestra ao coñecemento, á fantasía, ao pasado e ao futuro.

E así continuaremos durante todo o curso, aprendendo a ser lector@s en compañía dos nos@s compañeir@s.

Plan Dixital

Trágame Terra 2022 adicado a Florencio Delgado Gurriarán

Coma todos os anos, e neste especialmente, editamos un novo número da nosa revista escolar Trágame Terra, adicada á exaltación do noso idioma e dos autores  que escriben no noso idioma.

revista_tragame_2022 by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Homenaxe da Comunidade Escolar a Paco Pérez Lemos

Nesta entrada queremos mostrarvos o acto de homenaxe ao noso ex-director, Francisco Pérez Lemos.

Paco, como tod@s vós sabedes, foi unha persoa que encabezou a modernización e mellora do noso colexio, e foi quen de crear unha comunidade educativa unida pola mellora da calidade e pola adquisición de valores de solidariedade, igualdade e liberdade.

E todo iso acompañado dun ambiente agradable, cheo de humor e afecto, humano e harmonioso.

Velaí o noso homenaxe máis sentido para Paco e a súa familia.

Powered by Drupal - Design by artinet