Transporte e Comedor Escolar

O Comedor escolar

 Na actualidade o comedor escolar conta con dous espazos habilitados (un para ensino infantil e nen@s con alerxias alimentarias, e outro para alumn@s de primaria) onde xantan máis de 300 nenos e nenas. 

 Atenden o comedor unha cociñeira con tres axudantes de cociña, e atenden o servizo e vixiancia do comedor 10 colaborador@s.

Os menús os elabora a encargada do comedor, seguindo as consideracións da campaña "5 ao día". Por último, e para garantir unha calidade sanitaria e o equilibrio nutricional dos menús, o servizo de pediatría do centro de Saúde do Barco supervisa e introduce as modificacións pertinentes no menú.

O Comedor edita mensualmente os menús nun folletiño chamado cadernos do comedor, no que, a máis de informar das minutas diarias para complementar na casa a dieta dos seus fillos,dá unhas notas básicas sobre nutrición, hábitos alimentares, alerxias, etc...

Menús curso escolar 2023-2024
Menú do mes de setembro 2024

 

O Transporte escolar

Neste momento no colexio funcionan 7 liñas atendidas por 3 empresas, como se explican no cadro adxunto. Todas as liñas de transporte contan con coidadoras que atenden ao alumnado transportado, coidan do seu comportamento na liña do autobús e vixían as subidas e baixadas nas distintas paradas.

Empresa Itinerario Paradas
Atvisa Nº1
Nº2
Nº3
Veigamuíños, Xagoaza
Vilariño, Soulecín,  A Proba

O Castro, Outarelo, Vilanova, A Cerámica
Aupsa Nº4
Nº5
Nª6
Millarouso
Vilabril
Éntoma, Cemiterio, Ucediños
Monbus
Nº7 As Monxas

Powered by Drupal - Design by artinet