Profesional
Calendario escolar e horario do curso 2023-2024
HORARIO DO CENTRO
Dende a Xefatura Territorial de Educación veñen de informar que o horario do noso Centro será:
de 9:45 a 16:15 de setembro a xuño, ambos os dous incluídos.
Os servizos de comedor e transporte continuarán co funcionamiento habitual.
Deixámovos aquí o calendario do vindeiro curso 23/24 coas datas máis destacadas.
In Memoriam
Hoxe a familia do Condesa de Fenosa estamos de loito polo pasamento inesperado do noso ex-director Paco.
Hai uns 20 anos chegou ao Condesa dende o Ceip do Bolo, e en pouco tempo gañou o cariño de tod@s nós, e foi quen de xuntarnos para sacar adiante un proxecto de centro pioneiro a nivel de innovación educativa, un centro solidario e ecolóxico e coas mellores dotacións a nivel tecnolóxico.
Con Paco a nosa comunidade fíxose unha familia, fomos quen de remar acompasados para levar a bon porto este barco humano que é o noso colexio.
E é que, a máis de ser un gran mestre é, resistímonos a usar o pasado, unha boa persoa, humana, achegada, solidaria e comprensiva.
Os que tivemos a sorte de traballar con el sabémolo, e as familias do alumnado que pasou polo colexio e @s propi@s alumn@s tamén.
Por sempre quedará para nós a súa ledicia e bo humor celebrando o Entroido, facendo malabares no magosto, organizando os seus tan queridos festivais de Primavera...
Deica logo, Paco.
Titorial do espazo Abalar
Aquí tedes un enlace a un titorial sobre o uso do apartado titorías dentro da aplicación Abalar.
https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/abalar/ABAWEB_MU_EspazoTi...
Calendario escolar 22-23
Tedes aquí o calendario escolar para o vindeiro curso... ide quentando motores
Horarios espello para caso de confinamento
No caso de ter que confinar unha clase, un grupo de alumnos ou o centro enteiro temos que ter preparado dende hoxe un horario que nos permita manter a actividade lectiva.
O horario que podedes consultar no ficheiro adxunto, é o que corresponde aos cursos de 3º a 6º de primaria, xa que o s cursos inferiores, isto é, infantil e primeiro ciclo de primaria, polas súas características específicas acordarán no seu momento coas familias o plan de traballo para unha situación de confinamento.