Complementarias

O noso festival de CINE (con maiúsculas)

Este xoves, e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, fixemos a presentación pública dos dous cortos de animación, adaptados de dous contos da editorial OQO (Fiz, o coleccionista de medos e Chocolata),e realizados ao abeiro do programa Nós Tamén Creamos da Consellería de Educación e do departamento de Dinamización Lingüística.

A presentación dos vídeos, e dos "como se fixo" dos mesmos, estivo acompañada dunha exposición cos personaxes elaborados para as películas, "Photo Call", alfombra vermella e moito encanto por parte dos asistentes.

A gala estivo dirixido por membros do grupo de Teatro Gargallada, e nela o director do Cine Club Groucho Marx, comprometeuse a pasar as películas como trailers nas sesións infantís da vindeira semana de Cine.

O teatro Lauro Olmo encheuse de público, pero dado que houbo quen non poido acudir, deixámovos aquí os enlaces para as distintas películas.

Making off de Fiz, o Coleccionista de medos
Película de Fiz o coleccionista de medos
Making off de Chocolata
Película de Chocolata

Queremos agradecer dende estas liñas a colaboración do Concello do Barco para a realización desta gala cinematográfica, a disposición do Cine Club Groucho Marx, e como non o esforzo e a adicación de todo o alumnado e profesorado participante, que co seu esforzo e determinación fixeron posible levar a bo cabo este proxecto.

Entrega da cesta de Nadal

Este ano sorteamos dúas cestas de Nadal para axudar a sufragar os gastos das excursións de 6º curso do colexio, e hoxe mesmo, tras os premios da lotaría xa puidemos entregar esta marabillosa cesta ao afortunado Jose Luis Torres, que, ben seguro, vai satisfacer aos máis galdrumeiros e larpeiros.

Arturo García Rodríguez foi o agraciado coa segunda certa de Nadal que sorteaba o alumnado de 6° curso. Moitas felicidades!!!

O acto, xa co colexio baldeiro de nenas e nenos polas vacacións, a nosa "dire" fixo entrega da cesta ao afortunado gañador, e aproveitou para desexarnos a todas e todos nós, un moi bo nadal e un feliz aninovo.

Bo Nadal e Feliz 2024

festival do 50 aniversario

como tod@s vós puidestes comprobar, estivemos de festa rachada para celebrar estes primeiros 50 anos da inauguración do Ceip Condesa de Fenosa do Barco, aínda que daquela só éramos a Concentración.

A máis do video que vos poñemos aquí para lembrar quen eramos e quen somos, deixámovos o enlace a unha páxina da nosa aula virtual, onde poderedes ver os vídeos das actuacións dos distintos grupos do colexio.

 

Homenaxe no Botelo a Adela, a nosa cociñeira xubilada

Nesta fin de semana celebrouse a festa do Botelo no pavillón de Calabagueiros, e nela rendéuselle homenaxe a Adela Pombo, a que durante moitos anos foi cociñeira do noso centro.

Deixámovos aquí unha reportaxe do xornal O Sil e un programa de radio no que relata as súas lembranzas do seu paso polo noso colexio.

Programa dos Festivais de Nadal

Deixámovos aquí o programa dos Festivais de Nadal cos que imos recuperar, aínda que de xeito menos multitudinario que antes, un anaco desa normalidade que viviamos antes da pandemia do Covid.

Aínda así vos recomendamos algunhas medidas que sería bo que tod@s nós cumprisemos:

  • Evitar un exceso de acompañantes, xa que o aforo é limitado
  • A poder ser empregar máscara como elemento de protección
  • Non gravar o festival, xa o fai o colexio e o compartirá con tod@s vós. Se nos levantamos para gravar imos molestar á xente que sente atrás nosa.
  • @s nen@s ao saír do festival irán ao pavillón, onde quedarán custodiados por persoal do colexio ata que os vaiades recoller ao marchar.

 

FELIZ NADAL de Carmela García Fernández

25 de Novembro: non á violencia de Xénero

Hai un par de semanas que fixemos esta andaina contra da violencia de Xénero organizada polo GDR7 entre Pumares e Sobradelo polo Camiño de Inverno, na súa primeira etapa ao entrarmos na Galiza.

Hoxe que imos pendurar no patio cuberto os nosos paraugas morados con mensaxes contra da violencia de xénero, realizados polo noso alumnado, queremo tamén lembrar esta andaina na que o alumnado de 6º curso se comprometeu contra desta pandemia mundial que é a  violencia machista contra das mulleres.

Nós propoñemos esta vacina, educarnos xuntos, en igualdade, compartir proxectos, coñecernos, valorarnos mutuamente... seguro que así desaparecerá esta lacra social que é o uso da forza física contra da metade da humanidade.

Non á violencia de xénero!!!

 

Festival de nadal

Powered by Drupal - Design by artinet