Deixámovos aquí o programa dos Festivais de Nadal cos que imos recuperar, aínda que de xeito menos multitudinario que antes, un anaco desa normalidade que viviamos antes da pandemia do Covid.
Aínda así vos recomendamos algunhas medidas que sería bo que tod@s nós cumprisemos:
- Evitar un exceso de acompañantes, xa que o aforo é limitado
- A poder ser empregar máscara como elemento de protección
- Non gravar o festival, xa o fai o colexio e o compartirá con tod@s vós. Se nos levantamos para gravar imos molestar á xente que sente atrás nosa.
- @s nen@s ao saír do festival irán ao pavillón, onde quedarán custodiados por persoal do colexio ata que os vaiades recoller ao marchar.
FELIZ NADAL de Carmela García Fernández
Anexo | Tamaño |
---|---|
programa_nadal_def.pdf | 1.84 MB |