Actividades
VAILLE CO CONTO AO PROFE
Durante o recreo hai na Biblioteca un profe, que espera a todos aqueles que se presenten cun libro e con disposición de ler e ser escoitados
OS MARTES CONTO
Os martes póla tarde, despois do toque do timbre ás 5, hai na Biblioteca un profe, pai/nai, que conta un conto a todos aqueles que alí acudan.
A HORA DOS DEBERES
Tódolos días de dúas e media a tres e media, tralo xantar no comedor, abrimos a Biblioteca para tódolos/as alumnos/as que desexen facer nesa hora os labores que lles poñen os mestres e as mestras para as clases.
FORMACIÓN DE USUARIOS
Realizamos todos os anos actividades de formación de usuarios, tentando de que o alumnado saiba das normas da biblioteca, de como esta se organiza, dos recursos que pode atopar nela... en fin, trátase de que cando chegue á biblioteca saiba como atopar o que necesita.
Para isto temos, entre outras actividades, unha serie de actividades en JClic que nos axudan a comprender a organización e recursos da nosa biblioteca.
A BUSCA DO TESOURO
Profes que dende diferentes dependencias do colexio, relatan e escenifican un conto a súa maneira. Nel darán unhas pistas que lle servirán aos alumnos/as a atopar o tesouro agochado.
O BARQUIÑO DE PAPEL: BOLETÍN DA BIBLIOTECA
O Barquiño de papel é a revista que trimestralmente edita a Biblioteca do noso centro. Noutro espazo desta mesma web tedes acceso electrónico a todos os números publicados.
No interior do Barquiño se atopan as actividades que realiza a Biblioteca, as novidades que todos debemos coñecer, e, como non, recomendacións lectoras.
A OLIMPÍADA DO SABER
Un grupo de mestres do cole descubriron este curso unha terrorífica realidade...na biblioteca hai respostas agachadas...Así que decidiron encargar aos nenos/as deste colexio a dificil tarefa de cazar a todas esas respostas que se esconden nos andeis da biblioteca.
O CONTO VIAXEIRO
Os nenos/as de infantil e de primaria levan un libro á súa casa. Alí con axuda dos seus familiares escriben e ilustran unha folla do libro, continuando a historia. Ao remate, e despois de pasar por tódalas casas dos nenos e nenas o libro regresa á clase, cargado de historias interesantísimas.
XOGOS DE MESA
Para aqueles que non acuden á Biblioteca a ler, hai unha serie de xogos de mesa cos que os nenos/as poderán pasar un bo rato xogando ao Parchís, Oca, Xadrez, Damas, Pai-filla-nai e moitos outros xogos.
Claro que tamén os hai que se adican a aprender origami.
LECTURA SILENCIOSA
Todos os días ao chegarmos ao colexio tod@s nos poñemos a ler en silencio. É o noso xeito de comezar ben o día, cunha lectura da nosa elección, axeitada ao noso gusto e ao noso nivel lector. Logo, cando toca o timbre comezamos a traballar con outro ánimo.
LECTURA DO VENRES
Os venres a lectura silenciosa interrómpese durante algúns minutos cando entran nas aulas os alumn@s do curso a quen esa semana lles toca facer esta lectura en voz alta. Lemos aos nosos autores: Cunqueiro, Rosalía, Menuel María, Ana Mª Fernández... Cando nos toca ir polas aulas, a semana antes ensaiamos na clase para que a lectura sexa un éxito.
EXPOSICIÓNS TEMPORAIS
No Barquiño aparecen recomendacións de lecturas, que son acompañadas de exposicións dos libros nun recanto da Biblioteca, e que permiten aos nenos e nenas usuarios da biblioteca coñecer mellor os fondos que existen nela.
CLUBES DE LECTURA
A biblioteca organiza clubes de lectura, de escritura, e, dende que somos centro plurilingüe, un reading club.
Esta é unha forma moi interesante de achegar aos nenos e nenas do colexio ao hábito de ler e escribir. Todos os clubes se reúnen cunha periodicidade semanal durante un recreo, para comentar os seus progresos na lectura, intercambiar opinións sobre a mesma, e ir acordando outros retos lectores.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Algúns nenos do colexio, que disfrutaron con algunha lectura en especial, moitas veces queren recomendar esa mesma lectura aos seus compañeiros... e que mellor xeito que converterse en booktubers, recomendadores de lecturas na rede, non si?
CONTANDO PARA OS MÁIS PEQUENOS
O alumnado de Primaria se nos anima a contar contos aos seus compañeiros máis pequenos de infantil, durante os períodos do recreo.
A verdade é que de aquí poderán saír verdadeiros "cuentistas" profesionais.