2º Curso

Menudos Proxectos

Agora, xa cos protocolos da Covid rematados, é hora de volver facer as cousas que nos gustan, como expoñer aos compañeiros os resultados dos nosos proxectos de investigación.

Aquí queda este vídeo dun proxecto sobre os reptiles realizado na clase de segundo A de primaria.

 

Investigadores de 2ºA

Máis proxectos de 2ºB

Está claro que estes nenos non paran de asombrarnos con todas as cousas que saben, e que ademáis comparten con todos nós.

Imos aprender a cociñar, a facer viño e a saber moitas cousas que non sabiamos dos dinosauros e dos arroaces da man de Denissa, Lara e dous chicos que comparten nome: Rubén.

Proxectos de 2ºA

Aquí temos catro proxectos duns investigadores de 2ºA, que durante a etapa do confinamento saben aproveitar o tempo e buscar informacións do máis interesante.

Proxectos de 2ºB

@s nen@s de 2ºB nos presentan algúns dos proxectos que están realizando nesta época de confinamento.

 

O son e o ruído

Aquí podedes ver unha escolma dos traballos feitos polo noso alumnado dentro do proxecto do Son e o Ruído que fixemos neste curso 2018-19.

Esperamos que vos guste, porque eles fixérono con moito cariño e esforzo!!

 

Proxecto o Son e o Ruído by Xoaquín Freixeiro on Scribd

Todo o que querías saber sobre as abellas e o mel.

Jacobo preparou unha charla contándonos cousas sobre as nosas amigas as abellas, todas moi interesantes, deixándonos coa boca aberta.

Escoitade, xa veredes que ben está!

 

Explosión volcánica en 2ºA

Deixámovos aquí un vídeo co proxecto sobre volcáns de Violeta de 2ºA.

Deixóunos abraiados coa de lava que foi quen de facer con catro materiais, e, ademáis, de regalo explicounos que é un volcán.

Desfrutádeo!

 

Kamishibai Kamaleónico

O Kamishibai este ano non parou. Primeiro coa ciencia en galego, logo contando contos por aí adiante, e finalmente con estes rapaces de segundo curso que nos veñen contar a historia dun Camaleón que andaba á procura dun pouco de inspiración... e abofé que a atopou!

 

Os Osos Panda

Agora é a quenda de Rocío que nos fala da apaixoante vida dos Osos Panda, comedores de bambú.

Powered by Drupal - Design by artinet