Coma todos os anos, e neste especialmente, editamos un novo número da nosa revista escolar Trágame Terra, adicada á exaltación do noso idioma e dos autores que escriben no noso idioma.
revista_tragame_2022 by Xoaquín Freixeiro on Scribd
Coma todos os anos, e neste especialmente, editamos un novo número da nosa revista escolar Trágame Terra, adicada á exaltación do noso idioma e dos autores que escriben no noso idioma.
revista_tragame_2022 by Xoaquín Freixeiro on Scribd
Aquí podedes ver o número editado no ano 2020 polo noso centro adicado a Ricardo Carvalho Calero.
Coma todos os anos por esta época editamos o noso número da revista escolar "Trágame Terra", adicada neste ano 2021 á poeta lucense Xela Arias.
Desfrutádea!
Como todos os anos temos que celebrar a chegada do mes de maio, e da festa das nosas letras, do noso idioma, da nosa cultura...
E que mellor xeito que dando ao prelo a nosa querida revista escolar, o Trágame Terra, adicado este ano, como non podía ser doutro xeito, a Antón Fraguas, un estudoso e amante da nosa cultura popular.
Vaia para el este número.
Tragame Terra by Xoaquín Freixeiro on Scribd
Outro ano máis achegamos a nosa contribución á celebración das letras galegas.
Este ano, a máis de adicarlle un espazo a Mª Victoria Moreno, temos unha escolma de traballos escolares realizadas dentro do proxecto Piteas que de seguro vos van encantar.
Trágame Terra 2018 by quinif on Scribd
Un ano máis editamos a nosa revista das letras, adicada neste ano 2015 aos autores valdeorreses David Vázquez Álvarez e Florencio Delgado Gurriarán.
O seu compromiso, de ambos os dous, co idioma, coa terra, coa nosa cultura fannos merecedores desta sinxela homenaxe que nós queremos adicarlles.
A Florencio xa lle tarda un recoñecemento oficial por parte da RAG adicándolle un día das letras, do que é merecedor, ben o sabemos, máis do que outros... pero os señores académicos saberán!
Outramente o noso tributo de admiración e respecto pola súa obra, polo seu compromiso, aquí está, digan o que digan e fagan o que fagan dende a rúa Tabernas.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2014 |