Blogue de quinif

Un proxecto con moita Enerxía

Botamos a andar o noso proxecto documental sobre a Enerxía.

Para comezar imos poñer en marcha unha pequena páxina web onde recoller distintos recursos documentais, dixitais e analóxicos, para recompilar os datos que vaiamos necesitando para satisfacer as nosas necesidades de información.

Tamén poñemos en marcha unha wiki dentro da aula virtual do colexio para ir poñendo por escrito todo o que averigüemos sobre a enerxía.

Para visitar a nosa páxina do proxecto, premede aquí!!

Información sobre o Período de Reserva de Praza para o Curso 2023/2024

Comeza o tempo de reserva de matrículas para centros adscritos (15 de Xaneiro a 6 de Febreiro) e de admisión (do 1 ao 20 de Marzo).

O actual período de reserva só atinxe ao alumnado de 6º curso que vai reservar praza no IES Lauro Olmo, que é o  centro de secundaria ao que estamos adscritos, ou ben aqueloutro alumnado que desexe matricularse noutro centro distinto do de adscrición.

Toda a información que precisades está na orde que regula a matrícula, que está publicada no DOG do 8 de novembro de 2022, e que vos achegamos como adxunto desta entrada do blog.

Para o período de admisión (alumnado que queira cambiar de centro e alumnado que comeza a etapa de infantil) xa vos informaremos con máis vagar cando se acheguen as datas.

Poñendo en marcha os hortos

Estes días comezamos a limpeza do noso horto, onde esperamos en breve ter unha colleita importante.

Imos, tamén, facer unha reforma dos espazos, aumentando o grosor da capa de terra para poder cultivar mellor as nosas froitas e verduras.

Mmmmm! xa devecemos por comelas.

Programacións infantil LOMLOE

Programacións didácticas dos distintos cursos de ensino infantil:

  1. 4º Infantil
  2. 5º Infantil
  3. 6º Infantil

Programacions e concreción curricular

Festivais de Nadal

Programa dos Festivais de Nadal

Deixámovos aquí o programa dos Festivais de Nadal cos que imos recuperar, aínda que de xeito menos multitudinario que antes, un anaco desa normalidade que viviamos antes da pandemia do Covid.

Aínda así vos recomendamos algunhas medidas que sería bo que tod@s nós cumprisemos:

  • Evitar un exceso de acompañantes, xa que o aforo é limitado
  • A poder ser empregar máscara como elemento de protección
  • Non gravar o festival, xa o fai o colexio e o compartirá con tod@s vós. Se nos levantamos para gravar imos molestar á xente que sente atrás nosa.
  • @s nen@s ao saír do festival irán ao pavillón, onde quedarán custodiados por persoal do colexio ata que os vaiades recoller ao marchar.

 

FELIZ NADAL de Carmela García Fernández

Entrevista á profe Merche

Deixámovos aquí un novo podcast de DinoRadio, onde os nenos e nenas de segundo de primaria fan unha entrevista á nosa Teacher, familiar de Florencio Delgado Gurriarán, e onde nos conta moitas cousas moi interesantes sobre o poeta á quen se lle adican as letras deste ano 2022 que está a rematar.

Cantiga para o 25 N

Deixámovos aquí o vídeo de Sés co Diluvi que imos cantar e bailar o día 25, para conmemorar a xornada contra da violencia de Xénero.

 

Tamén queremos deixar un pequeno vídeo a vista de dron, onde podedes ver a "performance" que fixemos no patio para a conmemoración deste día tan importante para a convivencia.

Dino Radio e o cubo de Rubik

Volvemos cun novo episodio de Dino Radio, desta volta adicado ao cubo de Rubik, ese cubo que algúns non damos resolto nin de broma, e que outra xente resolve coas mans nas costas. Asier, que é un destes últimos, nos fala do cubo nunha entrevista que se lle fixo no obradoiro de Radio que temos os venres no recreo do comedor.

Escoitádea, non ten desperdicio!

 

Powered by Drupal - Design by artinet