Blogue de quinif

Día Escolar Mundial pola Paz

Hoxe realizamos o noso acto pola Paz, centrado na reivindicación da igualdade no acceso á educación para homes e mulleres.

O acto consistiu en pendurar do noso valado uns grous de papel, seguindo o exemplo de Sadako, e tamén enviamos amarrados a uns globos de helio outros grous, neste caso un por aula do centro, con mensaxes pedindo a igualdade no acceso á educación das nenas e nenos.

Deixámovos aquí un vídeo do intre en que soltamos os globos para espallar os nosos desexos de igualdade polo mundo adiante.

 

Sadako e as mil grúas de papel

In Memoriam

Hoxe a familia do Condesa de Fenosa estamos de loito polo pasamento inesperado do noso ex-director Paco.

Hai uns 20 anos chegou ao Condesa dende o Ceip do Bolo, e en pouco tempo gañou o cariño de tod@s nós, e foi quen de xuntarnos para sacar adiante un proxecto de centro pioneiro a nivel de innovación educativa, un centro solidario e ecolóxico e coas mellores dotacións a nivel tecnolóxico.

Con Paco a nosa comunidade fíxose unha familia, fomos quen de remar acompasados para levar a bon porto este barco humano que é o noso colexio.

E é que, a máis de ser un gran mestre é, resistímonos a usar o pasado, unha boa persoa, humana, achegada, solidaria e comprensiva.

Os que tivemos a sorte de traballar con el sabémolo, e as familias do alumnado que pasou polo colexio e @s propi@s alumn@s tamén.

Por sempre quedará para nós a súa ledicia e bo humor celebrando o Entroido, facendo malabares no magosto, organizando os seus tan queridos festivais de Primavera...

Deica logo, Paco.

Novo Programa de Dino Radio con receitas para o Nadal

Aquí vos deixamos unha nova entrega de Dino Radio, onde se nos propón un par de receitas para as sobremesas destas festas do Nadal.

Tamén nos contan algúns detalles biográficos de Florencio Delgado Gurriarán e nos recitan un poema do noso poeta.

Festival de Nadal: O Condesa vos felicita

Un ano máis foi imposíbel realizar o festival de Nadal como adoitabamos facer nos anos anteriores á pandemia.

Cando faciamos o Festival tod@s nos queixabamos da falta de espazo, da calor, de se alguén se levantaba a facer unha foto ou gravar un vídeo... Que tempos aqueles! Como os botamos de menos!

Pero aquí están @s  nen@s coa mesma ilusión, cantándonos as panxoliñas, bailando ou contándonos un conto... e grazas a eles a maxia do Nadal continúa.

Desfrutade destes vídeos nos que nos regalan o seu traballo, o seu esforzo e a súa ilusión.

Que pasedes tod@s un bo Nadal e que o ano que vén sexa o que nos permita sair desta pandemia.

Mentres tanto, desfrutade das Festas CON SENTIDIÑO!

 

Material para o Reto de Programación

Ola amig@s:

Como moi ben dicía o Reto de Programación do número de Decembro do Barquiño de Papel, para realizarmos o circuito de coches necesitamos dispor do coche e máis do fondo do circuíto.

Pois nada, aquí estamos nós para solucionar todos os problemas que poidan xurdir, e por iso neste post do blog, achegamos as imaxes coas que  poderedes realizar o programa que vos propoñemos.

Esperamos os vosos traballos.

Ciencia en Galego e para todas as idades

Como todos os anos, polo mes de novembro, @s nos@s mellores científic@s póñense a bata branca e preparan os seus experimentos para contarnos que é iso da ciencia, e as cousas tan fantásticas que podemos facer traballando con elementos tan cotiáns coma auga, colorantes, aceite, bicarbonato....

E por suposto, no noso idioma, porque a máis de termos verbas "fermosas", temos, coma todos os idiomas do mundo, a capacidade de entender e explicar con el todo o que sabemos da natureza.

Por isto, o alumnado do noso centro e as súas familias, un ano máis enchen esta páxina de ciencia da boa, de ciencia en galego!

 

Inf 3aA
Inf 3aB
Inf 4
Inf 5
Prim 1ºA
Prim 1ºB
Prim 2ºA
Prim 2ºB
Prim 4º
Prim 5º
Prim 6º

 

 

25 de Novembro: non á violencia de Xénero

Hai un par de semanas que fixemos esta andaina contra da violencia de Xénero organizada polo GDR7 entre Pumares e Sobradelo polo Camiño de Inverno, na súa primeira etapa ao entrarmos na Galiza.

Hoxe que imos pendurar no patio cuberto os nosos paraugas morados con mensaxes contra da violencia de xénero, realizados polo noso alumnado, queremo tamén lembrar esta andaina na que o alumnado de 6º curso se comprometeu contra desta pandemia mundial que é a  violencia machista contra das mulleres.

Nós propoñemos esta vacina, educarnos xuntos, en igualdade, compartir proxectos, coñecernos, valorarnos mutuamente... seguro que así desaparecerá esta lacra social que é o uso da forza física contra da metade da humanidade.

Non á violencia de xénero!!!

 

Apadriñamento lector de quinto curso (Os tres porquiños)

O alumnado de quinto B sumáronse aos apadriñamentos lectores. Coma este ano non podemos ler os contos en vivo e directo, elaboraron este vídeo para que se lles transmita ás alumnas e alumnos de Ensino Infantil.

Gardamos o protocolo Covid, pero o virus non pode impedir que nos relacionemos dun xeito solidario no noso colexio, non si?

O Magosto da Desescalada

Este ano o Magosto puido ser algo máis parecido a un magosto normal, aínda que seguimos gardando as medidas de prevención do protocolo anti-Covid.

Neste vídeo que gravou Juan, o noso cineasta da plantilla, podedes ver como o celebramos.

Powered by Drupal - Design by artinet