Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación infantil

CONTOS DE BOCA MES DE NOVEMBRO

Este martes recibimos a fermosísima visita de Laura, a mamá de Antón, que nos contou a historia da Picaflor Musical e nos axudou a coñecer especies autóctonas de árbores de Galicia e a súa condición de árbores de folla perenne ou caduca.

Foi unha narración preciosa que contou coa axuda en todo momento de Antón como un experto contacontos. Quedamos verdadeiramente abraiados e abraiadas e comprendimos a importancia da amabilidade e a empatía, que era tamén un dos trasfondos desta historia.

Agradecémoslle infinitamente a Laura a súa visita e esta historia tan bonita e con tantas cousas para aprender e apreciar da natureza que nos rodea aquí en Galicia.

Recreamos a obra de Yayoi Kusama en equipo!

Esta semana estivemos traballando nunha obra de Yayoi Kusama chamada "Eyes flying in the Sky" e decidimos reinterpretala ao noso xeito. Somos un equipo e como tal traballamos todos e todas xuntos para conseguir facela: fixemos os puntos, vendo que tamaños podíamos empregar e en que lugar colocar cada un, debuxamos os nosos ollos de diferentes cores, formas, tamaños, iso si, con pupila e pestanas incluídas, e a continuación só nos quedaba pegalos e firmar a nosa obra.

 

PARABÉNS ALICIA

Neste camiño que levamos de aniversarios hoxe celebramos o de Alicia, que xa cumpliu 3 anos! Co planeta Terra nas nosas mans dimos 3 voltas ao redor do Sol para celebrar os 3 anos de vida de Alicia e con cada volta vimos como foi medrando a nosa compañeira dende que era un bebé ata o día de hoxe. Que fermoso!

Parabéns Alicia, encántanos celebrar contigo a túa vida

 

PARABÉNS DANIELA E CANDELA

O pasado martes celebramos os aniversarios de Daniela e Candela, que xa fixeron 3 anos! Foron unhas celebracións moi fermosas percorrendo a súa vida dende que naceron ata o día de hoxe. Dimos todas as voltas ao sol que nos tocaba dar e sopramos a vela para deixar paso a un novo ano de vida.

Parabéns Candela e Daniela! Encántanos celebrar con vós as vosas vidas.

 

 

 

 

 

Contos de boca no mes de outubro

Esta semana comezamos co noso programa "Contos de boca", Alberto o papá de Sofía veu a visitarnos cargado de contos. O primeiro que leimos foi o conto "Paco y el rock", por suposto foi un conto con gran éxito na clase e puidemos escoitar todo tipo de instrumentos e cancións. Despois leimos o conto "Los niños no se comen" onde unha pequena dinusaurio chamada Penélope empeza a escola e está algo nerviosa por facer novos amigos.

Finalmente leunos unha pequena historia de Peppa Pig que Sofía tiña moitas ganas de compartir coa clase.

Agradecemos moito a Alberto a súa visita!

 

 

A MALETA IV

Esta semana rematamos coa maleta na nosa clase. Candela e Alicia trouxeron algunhas das súas cousas máis preciadas, que como non podía ser doutra forma incluían a música e os bebés e bonecos.

 Aproveitamos para agradecer ás familias a colaboración prestada durante todos estes días nos que a maleta viaxou de casa en casa axudando a traer á escola aquelas cousas que as nenas e nenos máis valoran para poder así compatilas co resto de compañeiras e compañeiros e coa mestra. É unha dinámica moi bonita que une a casa, un espazo coñecido e seguro onde poder ser eles e elas mesmos, coa escola, un novo espazo aínda por coñecer onde poder vivir moitas emocións e experiencias, comezando por esta onde todos e todas xogamos, observamos, escoitamos e aprendemos da cantidade de cousas que temos en común.

 Infinitas grazas a todos e todas!

 

A MALETA III

Xa é a nosa terceira semana con esta dinámica da maleta e non paramos de descubrir cousas dos nosos compañeiros e compañeiras. Esta semana Mateo, Iván, Martín, Greta e Lucas amosáronos moitas cousas: coches, que xa sabemos que o xogo favorito da nosa clase, osiños, contos, un teclado, moitos canciños, reais ou non, e moita música, concretamente de Vivaldi e as súas catro estacións. Desfrutámolo moito e decidimos escoitar "O outono" para ir acordes coa estación na que estamos.

Xa só nos quedan dúas maletas!

 

 

 

 

 

Coñecendo a biblioteca de Centieiras

Ao longo deste mes, entre as moitas cousas que estamos descubrindo do noso novo cole, fomos a coñecer a biblioteca. Este é un espazo moi relevante do noso centro, pois é onde levamos a cabo miles de actividades, onde podemos coller contos para ler na casa e na clase, onde explorar novos xogos, música e moitas máis cousas coas que desfrutar.

Neste primeiro trimestre aínda non imos levar libros para a casa, pero si que estamos escollendo algúns para a clase, aprendendon a colocalos, como tratalos, coñecendo as normas da biblioteca, explorando as posibilidades deste espazo e aprendendo a movernos por el.

Agardamos pasar moitos momentos especiais aquí.

 

A MALETA II

Esta semana descubrimos moitas novas maletas. Sofía, Pablo, Lola, Roi e Daniela amosáronos cousas que son importantes para eles e elas e desta forma puidemos coñecelos mellor e ver cantas cousas temos en común.

Limos un pouco sobre un rato moi famoso que perdeu un dente e fixo de todo para recuperalo, coñecimos a Lolo, descubrimos a cantos lles gusta disfrazarse de miles de cousas, tocamos instrumentos, vimos fotos coas familias, cantamos "Lúa, Lúa", xogamos cos imáns, convertémonos en cabaleiros, sentimos a suavidade dunha mantiña, descansamos xunto a Pocoyó e a súa luz azul e moitas cousas máis.

Que nos esperará esta semana?

 

 

 

 

Coidamos as plantas. Primeiro trimestre

Esta semana comezamos co noso programa "Coidamos as plantas". Chegaron á nosa aula un potus, dous kalanchoe e unha planta dos cartos así que nos poñemos dende xa mans á obra para coidalas e observar como van medrando.

Greta, Iván, Pablo e Roi teñen moita tarefa por diante pero os demais tamén, coidar estas plantas é responsabilidade de todos e todas.

Iremos actualizando!

Distribuir contido