Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación infantil

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS MARZO

De novo tivemos grupos interactivos coas familias para traballar "Un mar de palabras".Unha actividade foi recoñecer o seu nome,recortar coa tesoira para mellorar o manexo desta  ferramenta,facer un arco da vella con plastelina e rodear grafías(A,E,I,O,U,S,T) seguindo un código na poesía de Manuel María  "O arco da vella"de Soños na gaiola.

Como podedes ver acompañounos Mario(aínda que durmido) no seu carriño co seu papá Iván,grazas polo esforzo.Pouco hai que dicir nestas ocasións porque o que ten máis peso sempre é o querer e non o poder.

Sempre resulta unha xornada moi gratificante e a avaliación de ter as familias na aula sempre é positiva.

MALETA PROTAGONISTA:ANNA

 Anna acaba de incorporarse á aula de 3 anos e trouxo a maleta protagonista coa finalidade de coñecela un pouco máis e de que ela falara dos seus obxectos de apego  e así poder facer cohesión co grupo. Foi moi exitosa a apertura da maleta porque rápidamente todas e todos dixeron que lles gustaban os peluches como a Anna ,a cámara de fotos e a pizarra para debuxar.

Benvida Anna,esperamos que tí e a túa familia vos sintades a gusto no cole.

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA

Na xornada de hoxe xogamos cos xogos de mesa"A Cabana" facendo retos de equilibrio de pezas e xogo de cartas de froitas" Halli Galli" adaptándooTamén traballamos oconteo de dinosaurios coas tiradas do dado, e os bloques lóxicos para clasificar por corer e formas xeométricas.Sempre facemos avaliación dos talleres   ao rematar  de si lles gusta ou non que veñan as súas familias e  sempre resulta positiva.

Grazas familias!

CONTOS DE BOCA!OS SETE CABRITIÑOS

Rosa ,a avoa de Inés contounos un clásico como "Os sete cabritiños"no programa de Contos de Boca en galego.Ecomo non podía ser menos con este conto, cautivou todas as olladas e xa non podían abrir máis os seus  olliños.Un conto que sempre gusta ,que sempre triunfa e que non todo o alumnado coñecía.

Grazas Rosa,podes vir cando queiras.

 

GRUPOS INTERACTIVOS:FEBREIRO

Estas fotos son unha mostra de como funcionan os grupos interactivos e do que facemos neles.Nesta ocasión están Mates en familia e Un mar de palabras xuntos.As familias veñen contentas e o alumnado todavía o está máis.É un tempo de actividades moi concentrado,valioso e ameno,pásanos rapidísimo a sesión.Nos dous talleres estamos a recoñecer números,letras,trazar en area,con plastelina,facer as máscaras do entroido,conteo,xogo de cartas para diferenciar o máis grande do máis pequeno,etc...NNNNNNNNNNNN

Actividade de motivaciónPDI:CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA

Hoxe tivemos unha actividade de motivación para iniciar proxecto novo de investigación sobre o consumo responsable da auga e en complicidade coas familias o alumnado non traía auga nas botellas.Esa foi a sorpresa,cando despois de facer a "Milla" tiñan moita sede resultou que non tiñan auga para beber e non entendían nada.

QUE PASA QUE NON TEMOS AUGA E NAS BILLAS TAMPOUCO HAI!

GURPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA E UN MAR DE PALABRAS

Comezamos os tan desexados grupos interactivos coas familias ou participantes achegados ao centro.Forman parte do noso centro e dannos identidade así como unha gran satisfacción poder levalas acabo.

En Mates en Familia xogamos aos Monos Locos facendo conteo e con Abejitas Zum a memoria,cadros artísticos con pinchos e series con chinchetas.

Nun Mar de Palabras creamos as iniciais dos seus nomes propios co dedo con pedras e plastelina;repaso e escritura dos nomes e de derradeiro pintado con bastoncillos do seu nome e conteo das súas letras para comparar cos nomes do resto de compis en cada equipo.

A continuación sempre facemos unha avalición dos grupos interactivos para saber se lles gustan ou non e só podo dicir que son una VICTORIA.

aa

CONTOS DE BOCA:MONSTRO AZUL

 

Esta semana Cris contounos un conto ben ilustrativo" Monstro Azul"de Olga Ríos, no que falaba do respeto,a igualdade e empatía como principios e valores fundamentais. Ademáis Cris ten aínda os brazos máis longos que monstro azul para dar grandes apertas e así foi como se despedíu cunha GRAN APERTA.

O MEU NOME É O MÁIS IMPORTANTE

Estan a recoñecer a súa primeira letra do nome e vaia se o estan a facer ben.Inicialmente repasaron as letras de lixa cos dedos e despois cun coche mini,pasaron a encher de anaquiños de plastina a súa letra(motricidade fina top).Finalmente tiveron que facer equipos e colocar todas as letras no mesmo conxunto segundo a letra que tivera cada quen.

Coas letras de lixa de Montessori realizan o trazo correcto da súa letra seguíndoa coa xema dos dedos e a súa vez asociándoa co seu son correspondente.

 

PROPOSTA :QUEN DIXO FRÍO!

Á volta ás aulas xa era inverno;e notábamos moito frío sobre todo no patio,para quentarnos á volta tocábamos os radiadores,batíamos palmas,frotabamos as mans,dábamos apertas e tamén votábamos o alento acción que máis lles sorprendeu e gustou.

Polo que unha mañá apareceu una proposta para quentar os pés e rápidamente souberon que tiñan que atopar un par de calcatíns iguais e poñelos por riba dos seus para telos pés  máis quentiños.Saltaron polas colchonetas ata cansar e quedar tirados sen folgos.O frío,o inverno non pode con nós,buscamos solucións para remedialo.

Con esta actividade de vida práctica melloramos a coordinación das dúas mans.Quen dixo frío habendo calcetíns!

Grazas pola doazón de calcetíns da familia Castro.

 

Distribuir contido