Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS MARZO

De novo tivemos grupos interactivos coas familias para traballar "Un mar de palabras".Unha actividade foi recoñecer o seu nome,recortar coa tesoira para mellorar o manexo desta  ferramenta,facer un arco da vella con plastelina e rodear grafías(A,E,I,O,U,S,T) seguindo un código na poesía de Manuel María  "O arco da vella"de Soños na gaiola.

Como podedes ver acompañounos Mario(aínda que durmido) no seu carriño co seu papá Iván,grazas polo esforzo.Pouco hai que dicir nestas ocasións porque o que ten máis peso sempre é o querer e non o poder.

Sempre resulta unha xornada moi gratificante e a avaliación de ter as familias na aula sempre é positiva.