Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación infantil

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 27/03/2020

Bo día familias. 

Hoxe as mestras de Educación infantil temos preparadas para vós unhas actividades moi especiais, esperamos que vos gusten e vos entreteñan moito.

Animádevos a facelas!!

Saudos de Fina, Iria, Teri e Silvia.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 25/03/2020

Bo día familias

Achégovos a proposta de actividade de hoxe.

Espero que estean sendo unha axuda na organización do voso día a día.

Moito ánimo! 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 23/03/2020

Estimadas familias

A continuación adxúntovos a proposta de actividades para estes días.

Recórdovos que se tedes algunha dúbida podedes contactar comigo a través de Abala Mobil.

Moitos saúdos.

PROPOSTAS DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias:

A continuación vos adxunto un arquivo con algunhas propostas musicais para acompañarvos nestes días.

Agardo que vos gusten!

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA 3 ANOS 18/03/2020

Estimadas familias:

Sabemos que estamos ante unha situación de incerteza complicada para todos e todas, pero aínda máis para as nenas e nenos.

É por iso que cremos que sería recomendable que sigan cuns horarios establecidos para cada día, aínda que as rutinas vaian cambiando, que os tempos se repitan día tras día.

Para completar este horario ofrecémosvos diversas tarefas que  iremos subindo á web do centro gradualmente, os luns, mércores e venres lectivos de cada semana (este venres non o faremos porque non é lectivo no noso centro).

Ante calquera dúbida podedes falar conmigo a través de AbalarMobil.

O priincipal que vos propoñemos e que aproveitedes este tempo en familia para ler xuntos, contarvos historias e vivencias que coas présas do día  adía quedan esquecidas, facer ás nenas e nenos partícipes do día a día encomendándolles tarefas sinxelas do fogar, visualizade e comentade fotos de tempo atrás…intentando así sacar algo positivo de todo isto.

 

Ánimo!

ANIVERSARIO DE ROI

Esta volta das vacacións de entroido na aula de 4º de infantil foi ao grande!

Onte celebramos o aniversario da nosa compañeira Nicole e hoxe continuamos coa celebración do de Roi que tamén xa soprou as 4 candeas. Que ilusión lles fai cumprir anos.

Roi quixo convidarnos cunhas ricas lambetadas e nós, como non podía ser doutro xeito, fixémoslle un pequeno agasallo neste día tan especial para el.    

Parabéns compañeiro!   

 

Distribuir contido