Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
4º Educación infantil
MAR DE PALABRAS (18 MARZO)
¡Comezamos os talleres coas familias!
Que gañas tiñamos recibir na aula os nosos familiares e poder compartir e facelos partícipes do noso día a día e das nosos aprendizaxes.
sen dúbida é moi emocionante cando alguén do noso entorno ven a aula, participa, xoga e se integra no noso grupo, ou mas ben, no noso EQUIPO.
Este venres comezamos co taller de “Un mar de palabras” polo que as propostas de actividade centráronse na lectoescritura. Pescamos letras, facemos en area as grafias, poñemos enriba das letras lixa a foto de cada un de nos e formamos o noso nome con distintos tipos de letras. E Alejandra a nai de Julieta, Agustín o avó de Mara, Jessica a mamá de Lara F e Carolina a mamá de Aitor foron os encargados e encargadas de guialas.
Moitas grazas familias. Estamos desexando que voltedes!!
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E EXPOSICIÓN DE PINTURA
En compañía dos demais compañeiras e compañeiros de infantil fomos visitar a exposición “Un cordero bala entre dos montañas” de Sofía Piñeiro. Unhas pinturas que nos gustaron moito; coloridas, fermosas e cheas de significado. Logo de que a artista nos explicase un pouquiño como fixo as obras e o que quixo recoller nelas, animámonos a escoller a que máis nos gustou ou chamou a atención para representala. Mentres a plasmabamos no papel, tivemos a sorte de que Sofía nos dese algúns consellos que, as artistas coma ela, teñen moi presentes á hora de facer as súas creacións.
¡PARABÉNS MARTA!
A nosa Martita cumpleu 4!!
O 12 de marzo, Marta volveu dar outra volta ao sol, e xa van 4. Que maiores somos xa!
Canto creceu Marta dende o seu primeiro día de vida. As fotos encántannos, cambiamos tanto!
Esperamos que disfrutaras moito do teu día Marta, nos o pasamos xenial.
Moitos bicos e un abrazo xigante.
A BOLSA DA CIENCIA
Este trimestre estamos levando para a casa a bolsa da ciencia. É unha bolsa que dentro leva distintos materiais para poder facer experimentos coa nosa familia.
Unha vez rematan de traballar coa bolsa da ciencia e tráena de novo ao cole, facemos un collage que está exposto durante uns días na aula para que nos conten a súa experiencia e que os demais compañeir@s podan observar o que fixeron.
Polo de agora xa puido experimentar Julieta, Martiño, Carmen S e Chloe e foi todo un éxito.
8 DE MARZO
O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Falamos, lemos e informámonos moito deste día. En particular centramos a nosa atención en Isabel Zendal, a primeira muller enfermeira en viaxar en misión humanitaria. Vimos e escoitamos a súa historia, pintámola e fixemos uns marcapáxinas sobre ela.
Ademáis, pintamos unhas medallas de cor violeta, a cor da igualdade.
E por último, limos e reflexionamos sobre o conto "Rosa Caramelo". É un conto precioso que narra a historia da elefantiña Margarita que reivindica a igualdade de dereitos entre nenas e nenos, rompendo con todos os estereotipos de xénero.
PARABÉNS AITOR!
O venres 4 de marzo festexamos na aula as 4 voltas ao sol de Aitor.
Que gañas de que chegara este día tan especial no que poder compartir e desfrutar cos compis dun momento tan importante para eles.
Mentres daba as súas 4 voltas ao sol non podíamos deixar de ver as fotos e observar canto creceu o noso compañeiro. Temos que dicir, que a foto que máis nos gustou foi a do día que naceu, ten a misma cara de agora, sempre cun sorriso. Ademáis, Aitor é o maior da clase, o primeiro en nacer de nos ¡Que curioso pareceunos isto!.
E cun abrazo xigante demostramos que aínda que levamos xuntos apenas uns meses somos máis ca un equipo.
Parabéns e moitos moitos bicos.
Esperamos que fora un día moi especial.
Propostas lectoescritura
Seguimos a traballar a lectoescritura. Despois das vogais comezamos cos seus nomes polo que apareceron as grafias de algunhas consonantes. E dicir, comezamos polas iniciais dos nosos nomes. Continuamos facendo o mesmo que coas vogais, traballamos sempre a través de ilustracións e obxectos que o simulan, experimentamos e vamos asociando sonidos as ilustracións, os trazos sempre de maneira sensorial coas letras lixa repasando así cos nosos dedos, bandexas de arena, plantilina, pedras de cores, asociando a letra o noso nome completo, buscando obxectos que comecen pola mesma letra ca nos,etc. Por último, puxemos no corcho da nosa clase o abecedario e asociamos cada letra as nosas e nosos compañeiros/as dependendo da inicial pola que comeza o seu nome. Primeiro na nosa clase e seguido con 5º e 6º de infantil. Cunha cámara instantánea sacamos as fotos por grupos correspondentes a cada letra y logo as asociamos.
Pero sen olvidarnos que o máis importante e gozar mentres realizamos as actividades.
DÍA DE ROSALÍA
O 23 de febreiro, as nenas e nenos de Centieiras conmemoramos dun xeito moi especial o Día de Rosalía.
Para isto, desprazámonos ata distintas prazas do concello para recitar uns versos da poetisa.
O alumando de infantil, en compañía das e dos compañeiros do primeiro ciclo de Educación Primaria, fomos ata a Praza do Concello. “O MOUCHO” foi o poema que nós preparamos para o día.
Á volta ao cole reproducimos con plastilina que nós mesmos preparamos, a flor representativa de Rosalía, camelias.
Foi todo un descubrimento comprobar que no patio do cole temos varios camelios,17 en total contados por nós. Todos os días na hora do recreo collen estas flores para xogar con elas a todo tipo de xogos pero sen saber, ata hai uns días, de que se trataba da flor preferida de Rosalía.
Un día moi especial co que desfrutamos moito.
PROXECTO: DESCUBRINDO O AIRE
Seguimos traballando sobre as ideas e dudas que xurdiron nunha primeira asamblea. As nosas investigacións leváronnos a facer distintas actividades nas que : xogamos a facer vento con distintos elementos, movemos obxectos sen empregar as mans, percorrimos por circuitos nos que tíñamos que desprazar pelotas de distintos pesos, polo que descubrimos que movendo un cartón creaba unha corrente de aire que desprazaba a pelota, polo tanto podían movelas sen tocalas.
Ademáis, unha das dudas que quedaban no tinteiro era donde estaba o aire: dentro do cole? No patio? Anteriormente descubrimos que dentro do cole tamén había aire, pero no patio? Xa temos a resposta.
Tamén coñecemos diferentes medios de transporte aéreos e continuamos coñecendo o noso sistema respiratorio. Para iso, no ambiente de ciencia coñecemos como é e funciona o noso sistema respiratorio. Vimos como son os pulmóns do porco, como funcionan, tocámolos, disécionámolos, diferenciamos as súas partes,… debuxámolos e reproducímolos con plastilina.
Ademáis, estimulamos o sentido do olfato ao tratar de adiviñar distintos elementos tan só polo seu olor, comprobamos a que ole o aire da nosa clase e como cambia o seu olor cando botamos colonia ou poñemos un ambientador. Exponemos que olores nos gustan e cales non, asociamos olores con cores, olores coa foto do que corresponde, e por último falamos das nosa nariz. Non todas son iguais pero si todos podemos oler e respirar por ellas. Polo que fixemos as nosas siluetas para logo poder comprobar as nosas pesquisas.
DÍA DA NENA E DA CIENCIA: SLIME
O venres 11 de febreiro celebramos o “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia”.
Neste día quixemos darlle protagonismo ás nosas nenas de 5º de primaria. Este curso, está inmerso nun proxecto científico de “novos materiais”, e é por isto polo que consideramos que esta era a ocasión perfecta para compartir o que estaban a aprender co resto de cursos do centro.
Unha das propostas que mais éxito tivo dentro do seu proxecto foi a creación de “slime caseiro” e por iso este foi o experimento escollido para ensinar e titorizar co resto dos cursos. Explicáronnos paso a paso todo o que tiñamos que facer cunha paciencia infinita.
Foi unha experiencia moi divertida.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »