Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación infantil

PARABÉNS AINHARA!

PARABÉNS AINHARA!

Ainhara tamén cumpriu 3 anos e todos/as os seus compañeiros/as regalámoslle un abrazo xigante.

Que bonito é ver o noso percorrido dende os nosos primeiros días de vida ata este momento.

 

Moitos bicos Ainhara.

PARABÉNS GIO!

PARABÉNS GIO!

Gio tamén estivo de aniversario, 3 anos xa!

Pasámalo xenial vendo as fotos que nos trouxo, cantando e comendo as lambetadas as que nos convidou.

O sorriso de Gio dio todo, que importante é celebralo tod@s xunt@s.

Biquiños Gio.

 

PARABÉNS LARA!

Parabéns Lara!

Lara cumpliu 3 anos. 

Fixemos un percorrido observando as fotos de Lara nada máis nacer, no seu primeiro aniversario, o segundo e o terceiro rodeada por todos/as os seus compañeiros. Xiramos a terra e xiramos nos arredor do sol, interiorizando así os movementos da terra pouquiño a pouco. E por último, un super abrazo de todos os seus compañeiros e compañeiras.

 

Moitos bicos. 

AULA VIRTUAL DA XUNTA

Como sabedes, seguindo as novas instrucións da Xunta debemos deixar de empregar CLASSROOM, MEET e os correos @centieiras; polo que a partir de agora empregaremos a aula virtual da Xunta e para as videochamadas WEBEX.

Estas son as instrucións para poder empregar inicialmente estas ferramentas:

 

ENTRADA NA AULA VIRTUAL POR PRIMEIRA VEZ:

-       

Entrar na Web do centro

-       

Acceder dende AULA VIRTUAL CORPORATIVA

-       

Arriba á dereita ACCEDER

-       

Introducir USUARIO: javier.valencia

-       

Introducir CONTRASINAL: o primeiro contrasinal será changeme; pediravos que o cambiedes.

          Podedes poñer o que vos queirades, non olvidedes anótalo!

 

ENLACE VIDEOCHAMADA

 

-       

Na aula virtual corporativa, arriba á dereita ACCEDER

-       

Introducir usuario

-       

Correo: nonresponder@edu.xunta.gal

Nestas mesmas instrucións da Xunta pídesenos que nos conectemos con vós para ver que todo funciona correctamente. Esta conexión a faremos mañá MARTES 10 DE NOVERBRO ÁS 18:40 horas.

Un saúdo

Modificación periodo de adaptación 4ºEI pola Covid-19

Debido ao protocolo Covid vémonos na obriga de modificar lixeiramente os horarios do periodo de adaptación de 4º de educación infantil debido á Covid-19, quedando como podedes ver no PDF adxunto.

4º EI - Adaptación da programación didáctica curso 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso, puidéndose consultar no arquivo adxunto.

4º DE INFANTIL DESDE AS SÚAS CASAS

As nenas e nenos de 3 anos seguen a traballar unha chea nas súas casas.

Por iso quero aproveitar a ocasión para darlles a noraboa polo ben que o están facendo!!!

Estamos moi contentas de ver todo o que facedes e de vervos así de ben.

Sodes uns auténticos campións e campioas.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d320267115kP1044332545o2l1/3-anos

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 24/04/2020

Bo día familias.

Aquí tedes novas propostas de actividades.

Non esquezades descargar o documento coas propostas e os catro audios cos contos.

Que pasedes unha boa fin de semana.

Teri

AULA VIRTUAL

Bo día!

Déixovos o arquivo co titorial sobre como acceder por primeira vez á aula virtual do cole. Para entrar nela, podedes facelo no enlace que hai nesta mesma páxina web, na marxe esquerda, que pon aula virtual. Calquera dúbida que poIdades ter, non dubidedes en preguntar.

Un saúdo.

Distribuir contido