Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación infantil

PDI "PINGAS DE CIENCIA": taller STEAM con dobre M de música

Seguimos disfrutando da ciencia a través do taller da fundación Abanca que tivemos o xoves 9 de decembro. 

Experimentamos como é posible facer música sen ter ningún instrumento musical físico entre as nosas mans, empregando tan só o noso corpo como fio conductor, unha placa Makey Makey e o programa informático Scrach. 

Só con tocar o botón que fixemos con plastilina soaba o instrumentos que previamente habíamos debuxado nunha cartulina.

Aquí podedes ver algunhas fotos.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Para iso, decoramos cada un/unha de nos coas nosas familias un antifaz para así poder poñernos na pel das persoas con discapacidade visual. 

Quitamos fotos con él posto e as colgamos polo cole. 

Ademais, averiguamos que era o braille, sistema que empregan as persoas con cegueira para ler e escribir. Despois fixemos os nosos propios carteis da nosa aula e dos baños. 

Vimos tamén "O cazo de Lorenzo" un imprescindible nesta data.

E nos puxemos na pel das persoas invidentes movéndonos pola clase co antifaz posto so guiándonos polo oído.

 

 

SAMAÍN

Aquí podedes ver o ben que o pasamos celebrando o samaín.

Decoramos a nosa aula, pintamos a nosa cabaza de araña terrorífica e vimos o cole disfrazados. 

 

 

PARABÉNS PABLO!

PARABÉNS PABLO!

 

Hoxe tivemos o último aniversario antes de terminar o ano.

Pablo xa cumpliu 3 anos e para iso tivemos que dar tres voltas ao redor do sol.

E por último, moito agarimo para rematar cun abrazo xigante.

 

Biquiños xigantes Pablo!

COIDAMOS AS PLANTAS, 1º TRIMESTRE

 

Esta proposta ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalas como seres vivos, e á súa vez, achegalos á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respeto e coidado cara elas.

Neste primer trimestre os encargados e encargadas de traer as plantas foron: Aitor, Liam, Lara, Carmen, Marta e Nuno. 

Todos e todas as coidamos, as regamos e quitámoslle follas secas, en definitiva, xa forman parte do noso equipo. 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O 25 de novembro celébrase o día internacional contra o violencia de xénero e para iso realizamos distintas actividades.

Comezamos lendo o conto de Artur e Clementina, fixemos unhas chapas que coloreamos e rematamos nos mesmos, pegamos unhas tarxetas con debuxos feitos por nos e para rematar bailamos un flash mob proposto dende a FANPA Ferrolterra. 

DESCUBRINDO A LUZ

 

Este trimestre dento do PDI de ciencia estamos traballando a luz.

Para isto, experimentamos con lanternas e cds, con tubos fluorescentes, coa luz ultravioleta, fixémonos preguntas: ¿Que pasa cando non hay luz?, ¿vemos algo?, ¿de que cor é a luz?, xogamos coas sombras... 

Coas fotos que mandastes as familias clasificamos en luz natural e luz artificial ainda que todas e todas xa sabíamos que a mellor luz natural que temos é o SOL ¡Encántanos o sol!

O PATIO

  4º Educación infantil

A hora do patio é case case o mellor momento da mañá, corren, rin, xogan, comparten, cooperan, interactúan, resolven situacións... pero sobre todo observamos e gozamos coa natureza. 

Menos mal que saimos con botas e podamos disfrutar o cen por cen, ainda que algunhas veces hay algún que outro resbalón. 

Cando fai sol aproveitamos moito o patio, algún día ata os maiores nos leron un conto ao aire libre. 

Podedes ver aquí algúns momentos compartidos entre todos e todas. 

PARABÉNS MARA!

PARABÉNS MARA!

Mara estivo de aniversario un sábado pero o luns non dubidamos en celebralo.

¡Xa 3 anos! Repasamos as fotos que trouxo Mara mentres damos voltas ao sol ¡Moito crecimos dende a primeira foto ata a última!

Biquiños Mara, agardamos que o pasaras moi moi ben.

 

 

PARABÉNS MARTIÑO

PARABÉNS MARTIÑO!

Hoxe estivemos de celebración, Martiño cumpliu 3 anos. 

Que pequeno era cando naceu e que maior é agora. Encántanos ver as fotos de recén nacid@s. 

Cantamos, bailamos e abrazamos, moito. 

Esperamos que disfrutaras moito de teu día, Martiño.

Biquiños.

Distribuir contido