Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación infantil
Samaín
Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos celebrando o samaín, desfile, contos ás escuras...e moito moito baile!!
Grupos interactivos
Continuamos coa colaboración coas familias nos grupos interactivos tanto Un mar de palabras como Mates en familia. Moitas grazas pola vosa participación, indispensable e enriquecedora.
Día das bibliotecas
O 23 de outubro celebramos no centro o día das bibliotecas con unha actividade que nos gustou moito. Cada nena e neno trouxeron os seus contos favoritos os presentaron na clase e despois xunto co alumnado de todo o centro fixemos unha exposición-camiño de libros que puidemos visitar e así ver e comprobar que hai outra xente con gustos parecidos aos nosos.
Biblioteca
Comezamos as nosas visitas semanais á biblioteca do centro con novidades, xa que agora podemos explorar todos os libros que queiramos na zona de prelectores; tamén empregamos xogos novos e recordamos moitos outros dos cursos pasados.
Ambiente de arte 1º trimestre
Primeiras propostas didácticas do curso no ambiente de arte. Propostas de libre elección onde a interacción entre o alumnado e a autonomía son esenciais.
Propostas:
- Cubo sensorial: experimentación con luz negra.
- Motricidade fina: ensartar perlas.
- Produción artística: ventá con fíos.
- Motricidade grosa e espazo: ladrillos.
- Minimundo de area e cunchas.
- Creacións libres con pezas de madeira.
- Mural de círculos e líñas rectas.
- Reprodución de modelos.
- Trasvases
- Tear
Aniversarios Antón, Lois e Marilandy
Seguimos dando voltas arredor do sol e cumplindo anos, parabéns!!!