Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

Actividades de centro e de ciclo

Ao longo deste trimestre participamos nos diferentes proxectos tanto de centro como de ciclo realizando diferentes actividades que contribúen ao desenvolvemento dos mesmos.

Contos compartidos

Unha das cousas que mais lle gusta ao alumnado é a interacción entre os diferentes cursos, esta vez Ariadna e Irea viñeron a ler un conto que lles encantou ás nenas e nenos de 5º de educación infantil; contaron ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?. As nenas e nenos da clase prestaron moitísima atención e estiveron dacordo en que ser unha princesa rosa é moi pero que moi aburrido. Grazas compañeiras por vir a ler!

Actividades na biblioteca

Durante o primeiro trimestre de curso todos os xoves o alumnado visitou a biblioteca non só para realizar empréstitos de libros senón tamén para desfrutrar das diferentes actividades que se presentan na mesma.

Plantas no cole

O curso pasado dentro do contrato programa CPinclue na actuación ConviveT, dende o centro mercáronse plantas para facer o espazo mais acolledor e para fomentar o coidado do medio que nos rodea. Dende a nosa clase encargámonos de transplantar algunha delas, coñecendo así como é o proceso e os coidados que cada planta precisa.

Propostas

Estas son algunhas das propostas que levan a cabo as nenas e nenos de 5º de educación infantil, traballan intensamente tanto individual como grupalmente para mellorar as súas habilidades e progresar na adquisición dos diversos contidos acadando con estas propostas que tanto lles motivan uns resultados impresionantes. Para a realización das diferentes propostas teñen un tempo establecido e van realizando todas elas, un xeito de traballar que fai que a concentración sexa máxima en todas as actividades.

A canción preferida

Ao longo do primeiro trimestre realizamos unha actividade de cohesión titulada "A canción preferida", coa finalidade de mellorar a convivencia dentro da nosa aula e enmarcada dentro do traballo cooperativo de centro. Aquí podedes ver como as nenas e nenos escoitan con moitísima atención as cancións das súas compañeiras e compañeiros, despois temos unha pequena reflexión e por último bailan sen parar.

 

No enlace podedes ver o baile:

https://youtu.be/ut-DwtGw6f0

 

Mates en familia e Un mar de palabras

Nos derradeiros talleres de familias realizamos diferentes actividades como xogar ao bingo e ao xogo das parellas en mates en familia e en un mar de palabras traballamos os sons iniciais das palabras e un bingo con vocabulario de Nadal. Grazas familias, asistir a estes talleres fai que a relación entre a escola e a familia sexa cada vez mais estreita!

VERSIONAMOS O CONTO "LA OLA" DE SUZY LEE

Inspirados no conto "La ola" de Suzy Lee os nenos e nenas quixeron versionar este conto mudo tan especial.

A impresionante simplicidade das ilustracións fixeron que crearan historias vibrantes e inolvidables con moita alegria e sorrisos.

 

 

 

 

CALENDARIO ADVIENTO NADAL 2023

Durante o mes de decembro estivemos abrindo cada día un dos sobres do noso calendario de adviento para facer de este mes, se cabe, aínda máis especial.

Momentos que sempre recordaremos con moito agarimo e que nos fixeron desfrutar, compartir e sobre todo seguir facendo desta clase un EQUIPO.

Bo nadal!

 

 

GRAZAS MARTA!

Despois dun trimestre con nós, a profe Marta xa se vai. xa remata as súas prácticas.

Marta, temos tanto que agradecerte. Grazas polo teu cariño, compensión, amabilidade, amor, caricias, bicos e unha morea de risas pero, sobre todo, o teu grandísimo esforzo.

As nenas e nenos e sobre todo, a Profe Bea te vamos votar moooitísimo de menos. 

Grazas polo teu inmellorable traballo. Agardamos que a planta que te regalamos faga que nos recordes sempre. 

Sempre no noso EQUIPO.

 

 

 

Distribuir contido