Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

Samaín

Aquí queda unha pequena mostra do ben que o pasamos celebrando o samaín, desfile, contos ás escuras...e moito moito baile!!

Grupos interactivos

Continuamos coa colaboración coas familias nos grupos interactivos tanto Un mar de palabras como Mates en familia. Moitas grazas pola vosa participación, indispensable e enriquecedora.

Día das bibliotecas

O 23 de outubro celebramos no centro o día das bibliotecas con unha actividade que nos gustou moito. Cada nena e neno trouxeron os seus contos favoritos os presentaron na clase e despois xunto co alumnado de todo o centro fixemos unha exposición-camiño de libros que puidemos visitar e así ver e comprobar que hai outra xente con gustos parecidos aos nosos.

Biblioteca

Comezamos as nosas visitas semanais á biblioteca do centro con novidades, xa que agora podemos explorar todos os libros que queiramos na zona de prelectores; tamén empregamos xogos novos e recordamos moitos outros dos cursos pasados.

Aniversarios Antón, Lois e Marilandy

Seguimos dando voltas arredor do sol e cumplindo anos, parabéns!!!

Comezamos o curso

Así comezamos este novo curso no que somos a clase dos maiores de educación infantil, coidamos o horto e as plantas do interior do centro, compartimos o noso álbum de verán, traemos novas plantas á aula e retomamos as propostas de aula.

PARABÉNS CARMEN!

Este mes Carmen tamén estivo de aniversario. Parabéns!

Agardamos que pasaras un día xenial acompañado de todos e todas os teus compañeiros e compañeiras.

 

 

 

MOMENTOS XUNT@S

Aquí podedes ver un pequeno resumo dalgúns momentos que pasamos e sobre todo disfrutamos xunt@s no patio.

Recordos que gardaremos para sempre :)

COIDAMOS AS PLANTAS 3º TRIMESTRE

Este último trimestre, as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Adrián, Martín, Emma, Nuno, Liam, Nazaret, Pablo e Lara M.

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

PARABÉNS DANI!

Este mes Dani tamén estivo de aniversario. Parabéns!

Agardamos que pasaras un día xenial acompañado de tod@s os teus compañeir@s.

Distribuir contido