Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

VOTACIÓN PARA A NOVA TENDA

Fixeron votación para escoller a tenda que queren montar na aula de entre tres opcións que lles ofertei,a mercería, tenda de mascotas ou xoguetería de animais. Nunha primeira votación quedaron empatadas a xoguetería e as mascotas pero na votación do desempate gañou "TENDA DE MASCOTAS",polo que empezamos a montar con todo o que aporta o alumnado. Temos moitas gañas de empezar!

ANIVERSARIOS DE ANTÓN ARES E AROA CALVO!

Seguimos celebrando aniversarios e nesta ocasión foron o de Antón Ares e Aroa Calvo que xa teñen 6 anos. Unha ilusión tremenda lles ocasiona esta celebración que veñen preparando xa dende hai tres anos, " AS VOLTAS AO SOL".

Traen gravadas as súas historias persoais narradas pola súa familia en audio ou vídeo e son moi fermosas, cando as escoitamos con moito silencio póñensenos os pelos de punta e causa moitísima emoción.Descubrimos datos dos compis que non sabíamos e asombrámonos de ver que todavía non sabemos todo do grupo.

PARABÉNS!

DÍA DO SOMBREIRO

Hoxe 16 de xaneiro puxemos os sombreiros, gorros, e gorras que quixemos para celebrar o día do sombreiro e foi divertido.Realizamos varios xogos, un deles foi tirada de dado e poñer o gorro que tocaba.Por outra banda tamén visualizamos o conto de " El vendedor de sombreros y los monos"

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA

Este trimestre co noso PDI "A maxia do xogo" vamos a centrarnos nos xogos de mesa e é por iso que o noso taller de mates en familia empezou co"Unillo(versión do cinquillo),"Oca" e "Rihno Hero".

Os xogos de mesa axudan á concentración,memoria,resolver situacións, estratexias,toma de decisións e como non a cumplir as normas e xestionar a frustración.

COIDAMOS AS PLANTAS 2ª trimestre

Como xa estamos no segundo trimestre cambiamos as plantas e hoxe chegaron as novas que vamos coidar, de Noa, Uxía e Aroa Calvo. Unha delas causou moito interese porque era un lápiz planta e están curiosos e curiosas por ver si de verdade sae a planta e outra xa é coñecida porque xa a coidamos en cursos anteriores(é unha Aloe Vera moi forte).

As plantas sempre presentes na aula , no entorno que nos rodea.

 

PARABÉNS MARTIÑO!

Aquí temos a Martiño de aniversario, é o maior do grupo e de todas as aulas de educación infantil. Celebrámolo por todo o alto con gusanitos e tiras de  pegatinas.Martiño preparou a coroa ,tivo que cambiar o número 5 por un 6 e xa atabiado e co calendario solar no chan comezamos a escoitar a "Historia da súa vida "contada pola súa nai Lucía a cal  foi moi emotiva.

Por último tachou o seu nome no listado de 5 anos e anotouse no de 6 anos de primeiro , estaba moi feliz e orgulloso e nós tamén compartimos esa felicidade con él.

Parabéns Martiño polo teu aniversario o seguinte xa o celebrarás en primaria!.

Bicos e apertas!

NADAL NA AULA

Todas as actividades no mes de decembro estiveron relacionadas co nadal,causaron moita expectación.

 

AROMA A NADAL

A que cheira o nadal?, elaboramos un ambientador natural fervendo auga con romero, arándanos secos, pau de canela,limón ou laranxa e clavo de olor na cociña.Todo o cole cheiraba a Nadal e preparamos bolsiñas con todos estes imgredientes para que o aroma a nadal chegara a todas as casas.

 

CONTO DE AULA:HOY NO JUEGAS

Levamos un tempo falando e actuando de xeito amable ,empezamos polo día da amabilidade e seguimos cada día querendo ser máis amables e con moito  respeto.Sinto gran admiración ante estes debuxos do conto "Hoy no Juegas", despois da lectura ,fixeron estes debuxos marabillosos das dúas personaxes ,Emma a nena nova que chega ao cole e  é moi inxusta nos seus actos ,dominante e abusiva e Ana por outra banda que  o pasa mal e sufre os seus caprichos ata que se enfrenta a eses problemas e se solucionan. Excelente recurso para falar sobre o tema.Tedes o vídeo por se queredes velo.

 

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA

Algo de sumas coas tabletas, dictado de números para escribir ,xogo de memori e o súper bingo de formas xeométricas con tres características coma son forma, tamaño e cor. Sempre realizamos unha avaliación da actividade e una vez máis queren que veñan as familias aos grupos interactivos, sinten seguridade con elas na aula. Grazas .

Distribuir contido