Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

6º Educación infantil

PDI:XOGOS POPULARES

Tivemos a sorte de contar con Susa, a avoa de Martiño,que veu a escola e xogou con nós aos xogos que xogaba ela de pequena.Xogamos ao Pasemisí pasemisá,Blo,blo,blo ,pero o que máis nos gustou foi "El florón" que é un xogo de máns.Pasámolo moi ben,ademáis Susa ten moita man cos peques.

Grazas por participar no noso PDI "A maxia do xogo"achegando os xogos da túa infancia a nós.

 

CONTOS DE BOCA

Susa, a avoa de Martiño estivo con nós para contarnos o conto "Os tres porquiños" e abofé  co fixo mooooi ben.Fixo partícipe a todo o alumnado nunha serie de detalles do conto e prestaron moita atención,tiña cautivada a súa mirada!

Grazas Susa por vir e animarnos!

PARABÉNS UXÍA!

Hoxe estivo de aniversario Uxía,cumpríu 6 anos e como sempre fan,borrouse do listado de 5 anos para apuntarse de novo no de seis.Os tiróns de orellas foron repartidos entre as súas dúas orellas pensando na descomposición do 6 porque sempre lle buscamos aplicación matemática as cousas.Houbo festa rachada de gusanitos e unha presentación de vídeo preciosa dende que naceu ata hoxe en día no que nos enteramos que pasa moito tempo na casa dos seus avós e co seu primo Asier.Por certo,e que ten moto!

Parabéns Uxía, bicos do teu grupo.

GRUPOS INTERACTIVOS:MATES EN FAMILIA MAIO I

Esta semana as estacións presentes nas mates en familia foron:

  1. Pelotas de malabares con arroz e comparación do seu peso en gramos .
  2. Descomposición do número 7 con pedras preciosas
  3. Taboleiro de Lego para facer a torre máis alta  sumando ou restando.
  4. Panel vertical de puntos lanzando pelotas e anotando os mesmos.

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS

Hoxe xogamos ao aforcado que tanto nos gusta coa temática de animais,buscamos o intruso entre un grupo de palabras pola sonoridade coa lectura das mesmas e pegar onde correspondía,escribimos palabras según a tirada da ruleta e traballamos a palabra "centro" dentro de todos os seus contextos para despois pegar o símbolo de interrogacións no centro das caixas dun xogo que estamos a preparar e é sorpresa.

Coma sempre a avaliación é positiva,encántanos que veñan as familias,somos moi afortunadas e afortunados.Grazas de novo.

GRUPOS INTERACTIVOS:UN MAR DE PALABRAS

Hoxe presentamos un xogo novo de papel chamado "Oso" e sentiron moito interese por é,l é moi interesante anímovos a xogar.Outro xogo de mesa foi" Tic Tac Boum" ,tirada de dado e pasala bomba para dicir palabras que empezan,rematan ou conteñen esa letra(unha adptación do xogo).A tablet para formar palabras de dúas ou tres sílabas sempre crean moito interese.Engadín no taller un traballo de clasificación de animais,ler, recortar e pegar as palabras en aves,mamíferos,réptiles,anfibios e peixes.xornada completa e marabillosa grazas ás familias que sempre nos acompañan

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

Este venres aínda que non tivemos grupos interactivos coas familias quixemos optimizar o tempo e realizamos estacións de aprendizaxe.Sentíronse libres na realización das aprendizaxes cos equipos novos deste trimestre de entre  4 ou 5 peques.Nesta ocasión a área a explorar foron as matemáticas con diferentes materiais para expandir así as súas capacidades e rotar por todas e cada unha delas.

-Torre de policubos de 10 unidades e a súa correspondente traslación ao papel.

-Conxuntos de puntos según a tirada de dados e etiquetando cada un coa grafía numérica.

-Xogo de mesa coa baralla de peixes,concepto "maior".

-Perruquería con tirada de dados,quedaron cortes de pelo ben chulos e atrevidos!

 

CONTOS DE BOCA

Hoxe escoitamos un conto precioso,nun espazo precioso como é o noso patio e dunha moza preciosa como é  Andrea a curmá de Eire.O título do conto "Yo iré a la escuela por tí" aporta maxia para viaxar a mundos fantásticos a través dunha árbore e descubrir o divertido que pode ser ir á escola.

PARABÉNS AROA FERNÁNDEZ!

Xa levábamos tempo sen celebracións e hoxe estivemos de festa porque contamos co 6º aniversario de Aroa.Nós agasallámola co ritual de celebración e os tradicionais tiróns de orellas e ela con gusanitos coma se non houbera un mañá.Vanse facendo maiores sen decatarnos!Moitos biquiños Aroa.

CIRCUITO PSICOMOTRICIDADE

A miúdo Abel prepara circuitos no ximnasio  e failles mover o esqueleto con exercicios para fortalecer a motricidade grosa e desenvolver unha imaxe corporal axustada.

Así de ben o fan, e así de ben o pasan nas clases de psicomotricidade!

 

 

Distribuir contido