Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Biblioteca

Día das bibliotecas

O 23 de outubro celebramos no centro o día das bibliotecas con unha actividade que nos gustou moito. Cada nena e neno trouxeron os seus contos favoritos os presentaron na clase e despois xunto co alumnado de todo o centro fixemos unha exposición-camiño de libros que puidemos visitar e así ver e comprobar que hai outra xente con gustos parecidos aos nosos.

Biblioteca

Comezamos as nosas visitas semanais á biblioteca do centro con novidades, xa que agora podemos explorar todos os libros que queiramos na zona de prelectores; tamén empregamos xogos novos e recordamos moitos outros dos cursos pasados.

Día das Bibliotecas Escolares

O xoves 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares, por iso trouxemos os nosos libros favoritos e respostamos a pregunta "Por qué me gustas?".

     

                                                                                        

 

Unha vez respostamos a pregunta, escribindo o noso porqué, compartimos cos nosos compañeiros e compañeiras da clase as nosas eleccións. Unha vez rematado, cada aula foi a colocar os seus libros coa súa resposta polo centro. Desta forma, fixemos un percorrido cos libros dende a biblioteca ata o hall de terceiro e cuarto de primaria, pasando así por todos os pisos do noso cole.

               

Unha vez colocados todos os libros, as alumnas e alumnos puideron visitar o percorrido e desfrutar da variedade de libros. Agora ben, isto non foi todo, ó final do día os nenos e nenas do centro recibiron nas súas aulas as mochilas viaxeiras, para vivir novas aventuras lectoras na casa.

                                                                              

 

 

INAUGURAMOS O NOSO PDI!

O pasado venres inauguramos o noso proxecto de centro que este curso versará sobre a arte. Non se nos ocorreu mellor xeito de facelo que valorando o noso: o Perla Mural Fest. 

Para isto realizamos unha andaina polos diferentes murais que adornan as rúas da nosa localidade. 

Fixemos unha primeira parada no Charanguista Andino, logo nos atopamos a Anf10n, mural do recén galardonado Sfhir e por último, chegamos ao terceiro Mural da 2º edición do festival: A far l’amore comincia tu! de Leticia Mandragora.

 Neste traxecto tamén puidemos observar outros murais da anterior edición, entre eles: O mellor mural do mundo.

Rematamos a andaina na praza da escola, onde nos xuntamos todos os nenos e nenas. Alí estaba para recibirnos Diego Maceiras e facer unha pequena actuación para nós. Tocou varias cancións coñecidas polos nenos e nenas entre as que destacamos a canción de Pedro, moi contextualizada, xa que nesa praza está o Mural adicado a Rafaella Carrá.

 

Xuntamos así a pintura e a música, artes que este curso terán especial importancia na nosa escola.

Non queremos deixar de dar as grazas a Diego por participar nesta actividade tan fermosa e pola súa disposición este día e sempre. 

Cando chegamos ao cole levamos a cabo a nosa tradicional votación para darlle título ao proxecto. O título gañador foi: TRANSFORMARTE con 76 votos. 

Comezamos! 

Formación do alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos

Neste mes de maio comezamos a formar ó alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos. Esta formación ten como obxectivo facer competente ó alumnado no uso das máquinas que temos na biblioteca, coma son a cricut e a impresora 3D. 

Nestas sesións as alumnas e alumnos comprobaron que teñen moitas capacidades e habilidades para empregar de forma autónoma estas máquinas e os programas informáticos necesarios.

 

       

        

Unha vez o alumnado de 5º de primaria remate a súa formación, eles mesmos mentorizarán o alumnado de 4º de primaria. Con esta mentoriación queremos que ó alumnado de 5º se sinta competente sobre o aprendido e estableza lazos co alumnado de 4º de primaria.

Estas formaciones rematarán en xuño mais o curso que ven contamos continuar formando a todo o alumnado do centro.

 

                                                                                                                  

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

O luns o alumnado de 3º de Primaria recibiu a visita de Érica Esmorís para falar do seu libro "Patio de luces".

Érica contounos cal fora a súa inspiración para escribilo e foi nada máis nin nada menos que o edificio no que viviu na súa infancia. 

Tamén fixemos un xogo e xa que o conto narra as ideas que lle pasan pola cabeza a Lea cando sae ao patio a observar a roupa dos tendais dos seus veciños, Érica propúxonos ese reto: imaxinar a partir de fotografías de tendais como sería a vida dos seus donos. Foi moi divertido!

Grazas Érica polo trato e por esta sesión tan dinámica e divertida. 

 

CONTACONTOS: Morto de fame

O pasado xoves 9 de maio o alumndo de 1º e 2º recibimos a visita de David Rodríguez, deseñador gráfico, activista político e escritor de contos de adultos e tamén infantís como o de "Superavoa". 

David fixo unha pequena homenaxe ao "Hematocrítico" contándonos o seu conto de "Morto de fame" e para rematar interpretou coa súa guitarra unha canción moi pegadiza sobre o propio conto. 

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril conmemoramos no centro o Día do Libro. Para iso, por unha banda, levamos a cabo o tradicional amadriñamento lector, as e os maiores escollen un conto para as súas afilladas e afillados. O día acompañounos polo que puidemos gozar das lecturas compartidas no noso patio. 

 

Por outra banda, fixemos unha recollida de alimentos para o banco de Alimentos Rías Altas. A cambio dos alimentos doados, as nenas e nenos podían coller algúns dos libros de expurgo da biblioteca escolar. 

Logramos nada máis nin nada menos que 265 quilos de alimentos! 


Moitas grazas familias pola vosa colaboración incondicional. 

 

A VISITA DUNHA IMPRENTA AMBULANTE

O pasado mes de marzo o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º recibiu unha visita moi especial: Alouette Machine. Unha imprenta ambulante. 

Cris e Jean-Ba viaxan nunha furgoneta cos caixóns cheos de letras de chumbo e de madeira e iso foi o que nos ensinaron neste pequeno obradoiro. Contáronnos como se facían os libros antigamente e o laborioso que era xa que había que colocar cada letra dun xeito moi minucioso. Ademais disto as nenas e nenos puideron facer pequenas prácticas estampando os poemas que previamente elas e elas idearon coa temática do noso PDI: pegadas verdes. 

 

LECTURA E FAMILIAS CON PABLO OTERO

"Todos temos unha historia que nos encanta contar unha e outra vez.

O meu avó, a vosa nai ou aquel curmán da tía segunda do papá que se perdera no Brasil.

Son historias e anécdotas que naceron na vosa familia,

que sempre se contan cando estades xuntos e que hai que coidar coma tesouros". 

A tarde do pasado 2 de abril tivemos na biblioteca un obradoiro impartido por Pablo Otero. Nel familias e alumnado elaboraron os seus libros de familia. Deixaron voar a súa creatividade e partindo dalgunha anécdota, chiste ou relato comezaron a traballar. Para iso, utilizaron material de refugallo e con paciencia e agarimo fixeron as obras de arte que vos deixamos a continuación. 

Grazas Pablo, foi unha tarde fermosa. 

Distribuir contido