Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Biblioteca
I peregrinación escolar do Camiño Inglés
O martes día 22 aproveitando o bo tempo o alumnado de 5º e 6º fixemos a nosa I peregrinación do Camiño Inglés, participando no programa Sigue a frecha da Fanpa ferrolterra Concepción Arenal. Comezamos a nosa andaina no peirao de Curuxeiras e rematamos a xornada no mosteiro de San Martiño de Xuvia, foi unha fermosa experiencia que desfrutamos moito.
Foro de reflexión sobre o camiño de Santiago
O venres 4 de outubro celebramos no cole a primeira actividade do noso PDI: unha reflexión sobre o camiño de Santiago. Para elo, voluntarios e voluntarias viñeron ás nosas aulas para falarnos das súas experiencias no camiño e a responder a todas as preguntas que tiñamos. Pasámolo moi ben e agora xa sabemos mais cousas sobre ese camiño que vai a Compostela! Incluso moitos de nós estamos decididos a facelo nalgún momento. Aquí están as fotos da xornada.
Nace o noso Proxecto!!
Este venres ás 12:00 tivemos a presentación do noso proxecto que nos levará durante todo o ano a descubrir, investigar e aprender sobre o Camiño de Santiago. Sorprendímonos moito ao ver que o teito da biblioteca é agora un ceo estrelado, aprendimos uns primeiros datos sobre o camiño e os peregríns, Centi contounos que está bastante aburrido na biblioteca e que quere facer o camiño e entre todos escollemos o nome do proxecto:
Despois subimos ás aulas e xogamos ó xogo da oca, que parece ser que simboliza o camiño de Santiago... Vaia sorpresa!
Esta foi a primeira de moitas e apaixoantes xornadas.
VISITA de ELVIRA MENÉNDEZ
O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria comezamos esta última semana do mes de abril coa visita da escritora de moitos libros de literatura infantil e xuvenil Elvira Menéndez. Elvira non so é escritora tamén é actriz e guionista. Traballou en programas infantís como "Barrio Sésamo", "La Bola de Cristal", "La Cometa Blanca" e en series como "Hospital Central", "7 vidas"...
Hoxe estivo con nós e falamos do seu libro "La máquina maravillosa" un libro de ciencia ficción que nos cautivou a todos e todas dende o primeiro capítulo. A xuntanza resultou moi amena e entretida, nela compartiu con nós as súas vivencias e contestou a todas as nosas preguntas. Moitísimas grazas Elvira pola túa visita!
DÍA DO LIBRO 2019
Onte, 23 de abril, conmemoramos o día do libro.
Para celebralo, as familias de todo o alumnado do colexio viñeron na hora de ler.
Fixemos círculos de lectura cos voluntarios e voluntarias que quixeron compartir con nós os seus contos.
Pasámolo moi ben!!!
Semana da prensa
Esta semana celebramos a SEMANA DA PRENSA!
Montamos na entrada do colexio un quiosco polo que todas as aulas foron pasando a facer diferentes actividades:
- Sopas de letras.
- Buscar as diferencias.
- Escribir noticias empregando uns dados con imaxes.
- Sudokus.
- Comecocos...
No quiosco podían encontrar tamén periódicos de diferentes países e algunha revista.
Foi unha actividade moi motivadora!
OS DEREITOS DA INFANCIA
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o día dos Dereitos da Infancia. Estes dereitos son un conxunto de normas de dereito internacional que protexen ás persoas cando aínda son menores de idade. É responsabilidade dos adultos facer cumprir estes dereitos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »