Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Biblioteca

ÁNXELA LOUREIRO visita o noso cole

   Hoxe foi un día completo no noso cole, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de contar con Ánxela Loureiro autora de "Laia, a nena da illa", a visita foi todo un éxito. Falamos do libro, que nos gustou moito, pero o que non imaxináramos era  que íamos rematar cantando e bailando.

Grazas Ánxela, foi unha charla inmellorable!!



RECANTO DE MÚSICA NA BIBLIOTECA

Hoxe o alumnado de 5º de E.I estreamos o RECANTO de música que está na biblioteca.Foi todo un acontecemento !!!Primeiro escollimos o CD que querían escoitar , este foi BRINCAVAI de PACO NOGUEIRAS e logo colocamos os auriculares.Que caras !!!Que alegría!!! que risas!!!. Ata poñían a orella para escoitar un pouquiño da múasica das compis.Foi divertido para todas e todos.Xa sabemos que cando vaiamos á biblioteca entre outras cousas tamén podemos escoitar música, eso sí, respetando as normas para un mellor funcionamento do RECANTO e sobre todo coa supervisión dos maiores.


CONTACONTOS

Tivemos sesión de contacontos. Foi moi divertido!!!

ENCARGADAS DE BIBLIOTECA

Son fantásticas!!!

CENTI AGÁRDAVOS NA BIBLIOTECA

Un polbo de ollos agarimosos nos recibe.Aquí hai risas,aventuras,medos,tenruras...millóns de historias.Atoparás á aviadora,ao coello no calcetín,ao merlo larpeiro,ao dragón,á pirata,ao bombeiro...e tamén bailaríns,monstruos,aventureiros...Queres coñecelos?Ven a coñecer todos os mundos posibles.Todos están na túa Biblioteca.Ven.

INAUGURACIÓN DO MURAL DA BIBLIOTECA

Inauguramaos o mural da biblioteca feito polo alumnado de pintura baixo a dirección de Leandro Lamas coa asistencia de Irene autora da idea inicial da mascota Centi.Tamén gozamos da representación da obra "Ver para creer" por parte das nenas e nenos de teatro.

Distribuir contido