Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Biblioteca
G-Night Noite europea das persoas investigadoras. Conciencias Creativas
O 24 de setembro o alumnado de 5º tendo en conta a temática do noso PDI "Pingas Científicas" visitamos a G-Night, evento realizado simultáneamente nas sete cidades galegas e que ofertaron en xornada de mañá actividades para o alumnado de primaria. A experiencia foi boísima e os nenos e as nenas disfrutaron moitos nos diferentes obradoiros.
Entrega das cestas de benestar nos centros de maiores de Fene
O venres 28 de maio Iria e Espe en representación do cole foron entregar as cestas de benestar aos centros de maiores de Fene: Afago, Resanes e Xuntanza. A cestas de benestar son o produto final do noso PDI, Emoticenti co que buscamos ter un impacto na nosa comunidade e que os nosos maiores disfruten tanto coma nós este ano.
En todos os centros nos recibiron con moito cariño e nos recalcaron as gañas que tenen de ver aos nenos e nenas e de utilizar todo o que lles preparamos. Aquí está o vídeo da entrega en cada un dos centros:
Videoxuntanza con Manuel Rivas
Hoxe o alumnado de 5º e 6º tivemos unha videoxuntanza con Manuel Rivas para falar sobre o libro que limos este trimestre O Chispas. Foi unha charla pausada, tranquila e moi interesante. Manuel Rivas comezou falándonos das palabras, da escritura, do proceso creativo… Deseguida comezamos coas nosas preguntas, que eran moitas, sobre a súa inspiración para crear os personaxes, cal foi o seu primeiro libro e cando o escribiu, se vai escribir máis libros para nenos e nenas, se escribiu o libro de O Chispas confinado, o motivo de que no seu libro aparezan tantos animais, se se leva ben coa ilustradora…Ata sabemos en que anda traballando nestes momentos!
Moitas grazas Manuel Rivas por pasar con nós esta xornada.
EMOTICENTI: Ioga con Antía
Como sabedes este curso o noso proxecto EMOTICENTI trata sobre o benestar físico e emocional. O alumnado de 6º andaron a investigar sobre os beneficios e as vantaxes de practicar ioga, Antía, nai dunha das nosas alumnas e mestra de ioga, preparounos unha sesión especial na que nos resolveu unhas cantas dúbidas. A xornada foi un éxito, unha boa experiencia para todos e todas. Deixámosvos unhas fotos dos grupos e un anaquiño do comezo da sesión no enlace.
Día do libro
Esta semana celebramos " A semana do libro" e entre moitas actividades realizamos a recreación de diferentes portadas. Aquí vos deixamos as obras de arte que fixeron os nenos e nenas!
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
Pica na imaxe para ver o video:
Para EI, 1º E 2º, eliximos o fermoso conto "Avós", para 3 º e 4º, "There was an old woman who lived in a shoe", e para 5º e 6º, "Cuando las niñas vuelan alto".
Deixámosvos por aquí algunha foto do alumnado realizando os diferentes retos.
Día de Rosalía
O pasado día 24 de febreiro conmemoramos no centro o "Día de Rosalía". Ao longo da semana traballamos coa magnífica unidade didáctica que elaboraron os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.
Con ela aprendemos sobre a súa biografía e sobre as súas obras.
Ademais disto, aproveitamos a semana para ler diversos poemas, dos mesmos, escollimos diferentes versos cos que nos fotografamos nun precioso photocall elaborado por Bruno Lopes. Un millón de grazas por un traballo tan fermoso
Con todas as fotos elaboramos o seguinte vídeo. Que vos parece?
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
Neste ano tan diferente, elaboramos as nosas recomendacións lectoras de Nadal en formato dixital, aquí as deixamos agardando que gocedes das lecturas.
Día da diversidade
O pasado día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapadidade. Desde o cole os nenos e as nenas fixeron diferentes actividades: traballaron as emocións, a empatía, elaboraron o seu nome en Braille, visualizaron diversas curtametraxes, recibiron a visita especial de Jose, que lles contou o seu día a día, manexaron os robots sobre un taboleiro para aprender linguaxe de signos e diferentes deportistas paralímpicas...
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos.
Centieiras aceptada no programa de Biblioteca Creativa!
Este ano sí, a nosa escola está entre as seleccionadas para o programa de biblioteca creativa da dirección xeral de centros e recursos humanos. Con esta iniciativa, dotaráse á nosa biblioteca cos materiais necesarios para a construción dun mínimo de catro Escornabots por centro, así como outros materiais necesarios para a posta en marcha da iniciativa. Estamos moi felices de ter tan boa noticia!
DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR
Hoxe é o Día do Libro e do dereito do autor e queremos celebralo con vós a través das aportacións que fixestes a "Fame de Palabras". Disfrutádeo!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »