Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Día do libro
Esta semana celebramos " A semana do libro" e entre moitas actividades realizamos a recreación de diferentes portadas. Aquí vos deixamos as obras de arte que fixeron os nenos e nenas!
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
Pica na imaxe para ver o video:
Por outra, o alumnado de 6º elaborou unha exposición sobre "Don Quijote de la Mancha", para iso fixeron unhas infografías para acompañar unha ampla variedade de exemplares do libro. Cómpre agradecer ao concello de Cidade Real a través da súa Concellaría de Cultura que nos envíou unha morea de materiais! Quedou chulísima!
A maiores, dende biblioteca creativa, elaboramos diversos escornacontos, pero... que é iso? Trátase dunha secuencia de actividades a realizar con escornabots a partir da lectura e da comprensión dun conto.
Para EI, 1º E 2º, eliximos o fermoso conto "Avós", para 3 º e 4º, "There was an old woman who lived in a shoe", e para 5º e 6º, "Cuando las niñas vuelan alto".
Deixámosvos por aquí algunha foto do alumnado realizando os diferentes retos.