Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Biblioteca
Coñecendo a biblioteca de Centieiras
Ao longo deste mes, entre as moitas cousas que estamos descubrindo do noso novo cole, fomos a coñecer a biblioteca. Este é un espazo moi relevante do noso centro, pois é onde levamos a cabo miles de actividades, onde podemos coller contos para ler na casa e na clase, onde explorar novos xogos, música e moitas máis cousas coas que desfrutar.
Neste primeiro trimestre aínda non imos levar libros para a casa, pero si que estamos escollendo algúns para a clase, aprendendon a colocalos, como tratalos, coñecendo as normas da biblioteca, explorando as posibilidades deste espazo e aprendendo a movernos por el.
Agardamos pasar moitos momentos especiais aquí.
Formación do alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos
Neste mes de maio comezamos a formar ó alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos. Esta formación ten como obxectivo facer competente ó alumnado no uso das máquinas que temos na biblioteca, coma son a cricut e a impresora 3D.
Nestas sesións as alumnas e alumnos comprobaron que teñen moitas capacidades e habilidades para empregar de forma autónoma estas máquinas e os programas informáticos necesarios.
Unha vez o alumnado de 5º de primaria remate a súa formación, eles mesmos mentorizarán o alumnado de 4º de primaria. Con esta mentoriación queremos que ó alumnado de 5º se sinta competente sobre o aprendido e estableza lazos co alumnado de 4º de primaria.
Estas formaciones rematarán en xuño mais o curso que ven contamos continuar formando a todo o alumnado do centro.
VISITA DE ÉRICA ESMORÍS
O luns o alumnado de 3º de Primaria recibiu a visita de Érica Esmorís para falar do seu libro "Patio de luces".
Érica contounos cal fora a súa inspiración para escribilo e foi nada máis nin nada menos que o edificio no que viviu na súa infancia.
Tamén fixemos un xogo e xa que o conto narra as ideas que lle pasan pola cabeza a Lea cando sae ao patio a observar a roupa dos tendais dos seus veciños, Érica propúxonos ese reto: imaxinar a partir de fotografías de tendais como sería a vida dos seus donos. Foi moi divertido!
Grazas Érica polo trato e por esta sesión tan dinámica e divertida.
CONTACONTOS: Morto de fame
O pasado xoves 9 de maio o alumndo de 1º e 2º recibimos a visita de David Rodríguez, deseñador gráfico, activista político e escritor de contos de adultos e tamén infantís como o de "Superavoa".
David fixo unha pequena homenaxe ao "Hematocrítico" contándonos o seu conto de "Morto de fame" e para rematar interpretou coa súa guitarra unha canción moi pegadiza sobre o propio conto.
DÍA DO LIBRO
O pasado 23 de abril conmemoramos no centro o Día do Libro. Para iso, por unha banda, levamos a cabo o tradicional amadriñamento lector, as e os maiores escollen un conto para as súas afilladas e afillados. O día acompañounos polo que puidemos gozar das lecturas compartidas no noso patio.
Por outra banda, fixemos unha recollida de alimentos para o banco de Alimentos Rías Altas. A cambio dos alimentos doados, as nenas e nenos podían coller algúns dos libros de expurgo da biblioteca escolar.
Logramos nada máis nin nada menos que 265 quilos de alimentos!
Moitas grazas familias pola vosa colaboración incondicional.
A VISITA DUNHA IMPRENTA AMBULANTE
O pasado mes de marzo o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º recibiu unha visita moi especial: Alouette Machine. Unha imprenta ambulante.
Cris e Jean-Ba viaxan nunha furgoneta cos caixóns cheos de letras de chumbo e de madeira e iso foi o que nos ensinaron neste pequeno obradoiro. Contáronnos como se facían os libros antigamente e o laborioso que era xa que había que colocar cada letra dun xeito moi minucioso. Ademais disto as nenas e nenos puideron facer pequenas prácticas estampando os poemas que previamente elas e elas idearon coa temática do noso PDI: pegadas verdes.
LECTURA E FAMILIAS CON PABLO OTERO
"Todos temos unha historia que nos encanta contar unha e outra vez.
O meu avó, a vosa nai ou aquel curmán da tía segunda do papá que se perdera no Brasil.
Son historias e anécdotas que naceron na vosa familia,
que sempre se contan cando estades xuntos e que hai que coidar coma tesouros".
A tarde do pasado 2 de abril tivemos na biblioteca un obradoiro impartido por Pablo Otero. Nel familias e alumnado elaboraron os seus libros de familia. Deixaron voar a súa creatividade e partindo dalgunha anécdota, chiste ou relato comezaron a traballar. Para iso, utilizaron material de refugallo e con paciencia e agarimo fixeron as obras de arte que vos deixamos a continuación.
Grazas Pablo, foi unha tarde fermosa.
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía a través da elaboración de fermosos poemas inventados polas nenas e nenos do noso cole. A temática foi a do noso proxecto documental integrado: pegadas verdes. Algúns dos poemas estiveron adicados á contaminación da auga, outros ao coidado do medioambiente, dos animais...
As mestras deixamos os poemas nos escaparates de 9 comercios de Fene para que o alumnado pola tarde puidera facer unha búsqueda dos mesmos seguindo un mapa.
A día prestouse moito para esta actividade, o sol e a poesía iluminaron esa tarde por Fene adiante.
XANEIRO: MES DO LETTERING
Dende fai uns anos, xaneiro consolídase como mes da escritura a man. Nalgunhas sesións do plan lector ao longo de este mes realízanse diferentes propostas: iniciación e práctica de trazos, creación de lemas e frases... Dependendo do interese e das habilidades de cada un. Traballamos concentración, destrezas motrices, perseverencia, coordinación...
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »