Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación primaria

MATES EN FAMILIA NO MES DE MAIO

No mes de maio, rematamos a actividade de grupos interactivos, e fixemos dúas sesións de mates en familia, na primeira traballamos xogos de mesa clásicos xa que algúns dos nenos e nenas da clase non os coñecían: parchís e oca. 

Do mesmo xeito, tamén traballamos a orientación espacial a través do tangram. 

Noutra das sesións traballamos as unidades de medida medíndonos, medindo obxectos da aula... e tamén elixindo entre varias unidades de medida cal era a adecuada para medir diferentes obxectos. 

Grazas familias polos momentos compartidos! 

CONTACONTOS: Morto de fame

O pasado xoves 9 de maio o alumndo de 1º e 2º recibimos a visita de David Rodríguez, deseñador gráfico, activista político e escritor de contos de adultos e tamén infantís como o de "Superavoa". 

David fixo unha pequena homenaxe ao "Hematocrítico" contándonos o seu conto de "Morto de fame" e para rematar interpretou coa súa guitarra unha canción moi pegadiza sobre o propio conto. 

A VISITA DUNHA IMPRENTA AMBULANTE

O pasado mes de marzo o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º recibiu unha visita moi especial: Alouette Machine. Unha imprenta ambulante. 

Cris e Jean-Ba viaxan nunha furgoneta cos caixóns cheos de letras de chumbo e de madeira e iso foi o que nos ensinaron neste pequeno obradoiro. Contáronnos como se facían os libros antigamente e o laborioso que era xa que había que colocar cada letra dun xeito moi minucioso. Ademais disto as nenas e nenos puideron facer pequenas prácticas estampando os poemas que previamente elas e elas idearon coa temática do noso PDI: pegadas verdes. 

 

CROSS PROVINCIAL PORTO DO SON

Ola, familias!

Aquí abaixo temos a representación do alumnado de Centieiras na fase final do Cross Provincial Escolar de Xogade, que se desenvolveu o pasado venres día 12 de abril, no pobo costeiro de Porto do Son. Alí xuntámonos unha morea de alumnos/as desde 2º de EP ata 3º da ESO representando a moitos colexios da provincia de A Coruña.

Pola nosa parte íannos representando 9 alumnos/as que acadaron a clasificación por medio da anterior carreira que se desenvolveu ao comezo do 2º trimestre. O tempo atmosférico foi espectacular e a experiencia, máis.

Parabéns por representar tan ben a todos/as os/as vosos/as compañeiros/as. Para o vindeiro ano... voltamos seguro!!!

MAR DE PALABRAS

O pasado 2 de febreiro continuamos coa sesión semanal de grupos interactivos na aula de 2º de Educación Primaria. 

Esta vez acompañounos Jesús co que repasamos o xénero e o número das palabras, Cora que nos axudou a facer frases tan longas como puntos obtiñamos nos dados e Estefania coa que fixemos uns cadernillos de comprensión lectora que foron todo un éxito sendo a proposta máis valorada da sesión. 

Grazas familias por estes momentos compartidos. 

 

Día das Escritoras

Hoxe, luns 16 de outubro, conmemoramos o Día das Escritoras. Esta data vense conmemorando dende outubro do 2016  para recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o traballo das mulleres na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia. Este luns traballamos  o poema de Gloria Fuertes "Poema al No". Pasamos o poema ao galego, o escribimos entre todos e todas e fixemos un pequeño mural para decorar a porta da nosa aula.

 

 

 

RECANTO DOS ANIVERSARIOS

O venres 29 de setembro de 2023 inauguramos o recanto dos aniversarios ao que iremos cada vez que un compañeiro ou compañeira celebren o seu aniversario: cantaremos, festexaremos e repartiremos os agasaios que traian para compartir co resto do alumnado da aula. Para comezar ben celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos no verán: Sara, Paula, Víctor, Sofía e Thais.

Gústavos? A eles e elas encantoulles a iniciativa... Están agardando a que cheguen os seguintes aniversarios!!!

                

RECANTO DOS ANIVERSARIOS

O venres 29 de setembro de 2023 inauguramos o recanto dos aniversarios ao que iremos cada vez que un compañeiro ou compañeira celebren o seu aniversario: cantaremos, festexaremos e repartiremos os agasaios que traian para compartir co resto do alumnado da aula.

Gústavos? A eles e elas encantoulles a iniciativa... Están agardando a que chegue o primeiro aniversario da aula.

       

VOLTAMOS Á ESCOLA!

Voltamos á escola: dinámicas de cohesión, consensuamos normas e asinámolas comprometéndonos a cumprilas, xogamos un pouquiño e tamén xa imos collendo ritmo! 

Distribuir contido