Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
O FURANCHO DE EF
APRENDENDO A REMAR NA AUGA
Saúdos, familias!
Hoxe tivemos o pracer de rematar a actividade de remo promovida polo Clube de Mar de Mugardos. Lembrádevos que foron tres as tarefas organizadas: visita ao centro cos remoergómetros (como primeira toma de contacto); despois fomos ao IES de Mugardos a unha competición de remoergómetros entre nós e todos os colexios do concello de Mugardos, para rematar hoxe coa verdadeira posta en práctica no medio acuático.
Había moitos nervios pola inseguridade que supón un medio ao cal non estamos acostumados. Unha vez dadas as explicacións pertinentes e colocados os chalecos, dispoñémonos por quendas de 8 persoas, a ir montando na barca facendo unha pequena ruta polo mar. Finalmente a experiencia foi moi positiva e todo saíu xenial. Esperamos poder repetir en vindeiras ocasións.
Quero agradecer enormente a Jorge, o entrenador do Clube do Mar de Mugardos, o seu interese en vir ao colexio a presentarnos este deporte tan descoñecido entre o alumnado así como o resto de actividades organizadas.
Deixámosvos unha mostra pequena do día de hoxe.
TENIS NA ESCOLA!!!
Saúdos, familias!
Un ano máis, solicitouse desde o colexio, o programa educativo "Tenis en la Escuela" promovido pola Federación Galega de Tenis. Nesta ocasión tocounos a cesión do material (raquetas e pelotas de tenis) durante as primeiras semanas de xuño.
Queremos agradecer de novo á escola de tenis "Justo al revés", co propio Justo mailo compañeiro Juan Carlos, por ter interés en vir a darlles e ensinarlles ao alumnado unhas sesións de tenis de xeito totalmente voluntario. Seguirémolo solicitando no seguinte curso académico.
MILLA INTERXERACIONAL CONCELLO DE FENE
Ola, familias!
A continuación plásmase unha pequena mostra dos/das atletas que temos no colexio. Foron partícipes o pasado mes de maio, a cando máis nenos/as, na 1ª Carreira Popular Interxeracional organizada polo concello de Fene. Alí déronse cita moitos rapaces/as desde os 3 anos até a idade máis lonxeva. Discorreron nun tramo adaptado ás idades de cada grupo pola zona do pavillón de San Valentín. Ao remate déronlles a todos e todas os/as participantes cadansúa medalla. Ben orgullosos estaban, velaí a mostra.
Parabéns a todos e todas por querer participar!!!
XORNADA INTERCENTROS DE REMO
Ola, familias!
Déixovos por aquí unhas imaxes que reflexan o grao de implicación, esforzo e diversión dos vosos fillos e fillas na xornada de convivencia e deporte que levamos a cabo o pasado mércores día 8 de maio de 2023, no pavillón do Instituto de Mugardos. Unha xornada organizada polo Clube de Remo de Mugardos entre todos os colexios do mesmo concello e coa invitación do noso centro educativo. O importante non eran os resultados, senón máis ben a experiencia dun novo deporte que por diversas circunstancias seguramente é moi descoñecido para a meirande parte do alumnado.
Agora tocaría unha última experiencia sobre este deporte, unha proba verdadeira en trainera e no medio acuático. Esperamos poder levala a cabo aí cara o final de curso aproveitando o bo tempo e o remate do curso académico. Ogallá sexa posible!!!
Apertas varias!
XORNADAS DE ATLETISMO DIVERTIDO!!!
Ola familias!
Deixámosvos por aquí unhas pequenas imaxes da actividade realizada este xoves e venres no pavillón de A Xunqueira, onde o alumnado experimentou con diferentes modalidades ao redor do deporte do atletismo. Unhas xornadas de competitividade san e de convivencia con outros rapaces e rapazas dos diferentes colexios do concello de Fene.
Moitas grazas ao concello por organizar un ano máis esta marabillosa actividade. Voltaremos para o vindeiro ano.
VOGANDO EN CENTIEIRAS!!!
Ola, familias!
O pasado luns e martes, 29 e 30 de abril, tivemos unha actividade no centro para achegar un deporte pouco coñecido e habitual entre os rapaces/as, o remo. O Clube de Remo de Mugardos, co seu entrenador Jorge á cabeza, explicoulles ao alumnado a orixe deste deporte e posteriormente, tras unha explicación previa sobre a mecánica a traballar, puxéronse mans á obra empregando dous remoergómetros. Posteriormente fixemos unha pequena competición onde pasárono pipa!!!. Isto é unha antesala do día 8 de maio, pois viaxaremos ata o Instituto de Mugardos para facer unha competición entre os colexios do propio concello e nosoutros. Unha nova experiencia que de seguro, será marabillosa. Manterémosovos informados/as!
Apertas varias
CROSS PROVINCIAL PORTO DO SON
Ola, familias!
Aquí abaixo temos a representación do alumnado de Centieiras na fase final do Cross Provincial Escolar de Xogade, que se desenvolveu o pasado venres día 12 de abril, no pobo costeiro de Porto do Son. Alí xuntámonos unha morea de alumnos/as desde 2º de EP ata 3º da ESO representando a moitos colexios da provincia de A Coruña.
Pola nosa parte íannos representando 9 alumnos/as que acadaron a clasificación por medio da anterior carreira que se desenvolveu ao comezo do 2º trimestre. O tempo atmosférico foi espectacular e a experiencia, máis.
Parabéns por representar tan ben a todos/as os/as vosos/as compañeiros/as. Para o vindeiro ano... voltamos seguro!!!
Día Mundial da Saúde
Este domingo 7 de abril, celebrábase o Día Mundial da Saúde, e como caía a domingo, pasámolo a celebrar o luns día 8. Por elo organizamos unha merenda con froita (lembrar que xa o facemos varios días da semana) e na hora de lectura, percorremos a milla todos xuntos cos apadriñamentos correspondentes. Como o día non foi o axeitado debido ás inclemencias meteorolóxicas, tivo que desenvolverse dentro do pavillón e acurtando algo a distancia polo monótono que se facía estar a dar xiros en redondo. Todo elo acompañado pola música motivadora da película de ROCKY BALBOA. Non queremos deixar pasar o agradecemento enorme ao Eroski de Fene pola súa implicación neste día, pois non en vano, foron os encargados de ceder a froita de xeito totalmente solidario.
Apertas
CROS XOGADE NARÓN 2023!!!
Ola, rapazada e familias!
Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada de CROS levada a cabo este mércores 20 de decembro de 2023 nas pistas de atletismo de Río Seco (Narón).
Unha morea de alumnos/as de diferentes centros educativos da contorna, desfrutamos dunha xornada de deporte ao aire libre onde cada un tratou de facelo o millor posible. Uns/has acadaron o seu obxectivo, outros/as andiveron preto, pero o máis importante é que todos/as fixérono xenial e vivenciaron unha xornada de socialización con outros compañeiros/as dos diferentes colexios. O importante non era a victoria, senón participar, polo que síntome moi ledo por elo. Aínda así, houbo xente que acadou o podium. Parabéns para todos/as por querer participar e polo traballo feito.
Desexo que vos gostara e esperamos voltar e repetir nun futuro destas xornadas.
Apertas varias e felices festas!!!
TALLER DE PRIMEIROS AUXILIOS
Bo día, familias e alumnado!
O pasado martes, 12 de decembro de 2023, levamos a cabo unha actividade de primeiros auxilios e RCP básica (Reanimación Cardiopulmonar) para 5º de educación primaria. Un taller teórico-práctico moi interesante e que todo o mundo deberiamos de estar mínimamente preparados, pois estamos a falar de poder salvar unha vida nalgún momento. Esta actividade está directamente relacionada coas áreas de educación física e ciencias naturais, ao igual que englobada dentro do programa educativo de EduSáude.
Participou o alumnado de 5º, grazas á intervención de tres profesionais (enfermeiras residentes coa especialidade de Enfermaría Comunitaria). Desenvolveuse unha parte teórica cunha interacción co alumnado para posteriormente, en grupos, facer o taller práćtico. Abordáronse diferentes aspectos tales como: primeira forma de actuación ante unha situación dunha persoa inconsciente tirada no chan - PAS (protexer, alertar e socorrer), chamada ao 112, PLS (posición lateral de seguridade), como actuar ante un atragantamento e finalmente, como se faría unha RCP. Aprendemos moitas cousas para poder salvar VIDAS!!!