Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Biblioteca

LECTURA SILENCIOSA

Ou....Lectura deliciosa

E SEGUE MEDRANDO

O noso Centi medra e cada día é máis fermoso.Grazas Leandro , grazas artistaz@s!!!

   

MÁIS CENTI

Xa lle vemos ben a cariña.

CENTI

O noso CENTI segue a crecer baixo a supervisión de LEANDRO.As nosas e os nosos artistiñas traballan moito...tanto que hai quen ten que sentarse!!!

 

AGASALLOS

A ANPA fixo un agasallo inmellorable a todas as nenas e nenos polo Día do Libro:un conto. Eso sí...Había que recollelo despois de baixar polo esbaradoiro!!! 

LENDO

Celebramos o Día do Libro contando e lendo.Maiores e pequen@s gozando cós libros.

DÍA DO LIBRO 2017: EU SON......

Para conmemorar o Día do Libro as alumnas e alumnos convertíronse en escritoras e escritores  famosos e leron anacos das súas obras.

 
 

MARCADORES DA BIBLIOTECAa

Precioso o polbiño que garda os marcadores feito pola Profe Teresa!!!

    

CENTI

O noso Centi vai tomando forma grazas ao traballo das nenas e nenos de pintura e, por suposto, a LEANDRO LAMAS.


VISITA DE ANDREA MACEIRAS

                                                   

   O martes 14 de marzo tivemos unha xuntanza o alumnado de 5º e 6º  con Andrea Maceiras, a autora de Volverás, golfiño. Andrea cautivounos a todos coa súa novela e na visita falamos non só de literatura senón tamén de xeografía. A Costa da Morte é o lugar onde se desenvolve a historia chea de misterio e segredos. Coa súa voz cálida e agradable contestou a todas as nosas preguntas e eso que eran moitas. Antes de marchar asinounos os libros así como o libro de visitas do cole Grazas Andrea!!!

 

 

 

          

          

          

Distribuir contido