Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Infantil
Érase unha vez...
Érase unha vez un lugar especial. Moi especial... Era un lugar marabilloso no que as nenas e os nenos atopaban a maxia de ser e de vivir. Que lugar cheo de soños !!!!!...e de ciencia e de experiencias, de risas e de coñecementos. De choros e de apertas, de enfados, de amores, de alicerces... Era un lugar de mancharse co barro e bailar baixo a chuvia, de pintar e cantar, de bailar e xogar. Un lugar cálido e fermoso no que nenos e nenas observan, tocan, discuten, falan, crean. Aprenden e ensinan. Onde cada día é novo e diferente e que mostra todos os camiños para crecer e para percorrer a vida. Un lugar que acolle e ofrece oportunidades. Onde caben todas, todos, coas súas diferenzas e as súas peculiaridades, con moita alegría e unha pizca de travesura. Un lugar que xera enerxía e benestar. Ese lugar é o noso lugar, onde queremos estar e compartir. Ese lugar está en Fene, é a nosa escola. O colexio Centieiras. |
PEGADAS VERDES
Rematou o curso e con el o noso proxecto Pegadas verdes. Ao longo do noso concello deixamos algúns carteis con consellos para as nosas veciñas e veciños co obxectivo de coidar o medio ambiente e a nosa contorna.
Non quixemos deixar pasar a oportunidade de grabalos en vídeo e velaquí volos deixamos:
Os cans e as cadelas non recollen as cacas, recólleas tí!
Anímate a reciclar e Fene cambiarás!
Coida o planeta!
Recreos compartidos
Estes días recibimos a visita dalgunhas nenas e nenos que se incorporarán no mes de setembro ao noso cole. Foron recreos de compartir, explorar os novos espazos, coñecer ás compañeiras e compañeiros que os acompañarán o próximo curso. Encantounos coñecervos e esperámosvos á volta do verán!
O mandala: arte-terapia
Que facer coas flores que se marchitan, que nos agasallan ou que lle caen ás árbores e plantas? Son preguntas que nos xorden despois de todo o curso traballando co noso PDI: Pegadas verdes
Grazas a floristería Ángela Garrote polas flores que nos regalo hoxe fixemos un mandala cos pétalos e restos das flores.
Creando este mandala activaron a creatividade, motricidade fina e coordinación óculo-manual. Algunhas nenas e nenos chegaron á calma e relaxacion conectando coas súas emocións e apreciando cores, olores, texturas...
A peques e adultos os elementos naturais como as flores evócannos sentimentos e sensacións agradables e é como vai despertando o sentido da estética.
Además fixemos tamén os nosos propios perfumes con estas flores marabillosas.
A importancia de traballar o efímero... Lanzamos a pregunta: cando cheguemos mañá como estarán as flores?
Semana de...verduras e hortalizas verdes III. Degustación
Como non podía ser doutro xeito, tamén quixemos facer unha degustación destes produtos, para non desperdiciar nada. Baixamos ao comedor do cole e puxémonos mans á obra. O resultado foi delicioso e repetimos moitas moitas veces!
SEMANA DE... VERDURAS E HORATLIZAS VERDES II. AS NOSAS FOTOGRAFÍAS
Velaquí vos deixamos as nosas creacións:
Semana de...verduras e hortalizas verdes I
Estas dúas semanas, con motivo do noso PDI, levamos a cabo a "Semana de...verduras e hortalizas verdes". As nenas e nenos trouxeron ao cole verduras e hortalizas diferentes e comezamos a traballar: os seus nomes, os seus tamaños, as súas sementes, olores, cores por dentro e por fóra... A continuación clasificámolas para deixalas ben ordenadas.
Unha vez feito isto coñecimos á artista visual dedicada á fotografía Emily Blincoe (https://www.emilyblincoe.com/60tkmpy3ym6n7w1pxuwgstkaqm2i9n), quen retrata a natureza dun xeito moi fermoso. Ela ten sesións con vexetais, froitas e outros elementos polo que decidimos inspirarnos para realizar as nosas propias sesións, que vos amosaremos proximamente.
AMBIENTE DE NATUREZA :MAIO
As propostas foron moi primaverais e relacionadas con flores e insectos como vades ver entre outrtas:
-Floristería con rosas,petunias,caraveis,freesías etc, traballando así vocabulario novo e manexo dos cartos para comprar e vender.
-Minimundo de flores para crear diferentes xardíns paisaxísticos e vocabulario das distintas partes dunha flor.
-Tuff-tray con a vida dos insectos,igualmente vocabulario,lupa,pinzas,libro informativo,etc...
-Reto de Lego:facemos unha cabina de teleférico.
-Trasvases con: auga de xerra a vasos e por outra banda de arroz tinguido para repartir en diferentes cuncas.
-Vida práctica:crema de aguacate utilizando a técnica de pelado,cortadoe esmagado do mesmo.
-Taller de arranxos:licuadora,moto e teclado de ordenador.
-Pezas imantadas en creación horizontal na pizarra magnética.
-Resaques metálicos co trapecio e cuadrifolio para facer unha planta desenvolvendo a forza e control da man,muñeca e dedos.
-Creacción dun transformer seguindo instruccións.
-Policubos para armar unha libélula.
-Picado de números e representación da cantidade.
-Crebacabezas das partes dunha árbore e coloreado das mesmas.
Día da Familia
Hoxe é o Día da Familia, un dos elementos máis indispensables da nosa escola ás que lles estamos inmensamente agradecidas: sempre dispostas a axudar, a colaborar con nós, a participar en todo aquilo que propoñemos, a darnos ideas, a conversar e intercambiar impresións. Sen vós nada sería posible.
No cole tamén creamos pequenas familias: convivimos, traballamos xuntos e xuntas, tratamos de comprendernos, de falar e de escoitar, de compartir momentos...Aquí vos deixamos a nosa foto de "familia". Quixemos facela para recordar estes momentos compartidos ao longo de todo este ano e para tela presente do mesmo xeito que temos ás súas verdadeiras familias cada día connosco na escola.