Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O mandala: arte-terapia

Que facer coas flores que se marchitan, que nos  agasallan ou que lle caen ás árbores e plantas? Son preguntas que nos xorden despois de todo o curso traballando co noso PDI: Pegadas verdes

Grazas a floristería Ángela Garrote polas flores que nos regalo hoxe fixemos un mandala cos pétalos e restos das flores. 

Creando este mandala activaron a creatividade, motricidade fina e  coordinación óculo-manual. Algunhas nenas e nenos chegaron á calma e relaxacion conectando coas súas emocións e apreciando cores, olores, texturas... 

A peques e adultos os elementos naturais como as flores evócannos sentimentos e sensacións agradables e é como vai despertando o sentido da estética.

Además fixemos tamén os nosos propios perfumes con estas flores marabillosas.

A importancia de traballar o efímero... Lanzamos a pregunta: cando cheguemos mañá como estarán as flores?