Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

AMBIENTE DE NATUREZA :MAIO

As propostas foron moi primaverais e relacionadas con flores e insectos como vades ver entre outrtas:

-Floristería con rosas,petunias,caraveis,freesías etc, traballando así vocabulario  novo e manexo dos cartos para comprar e vender.

-Minimundo de flores  para crear diferentes xardíns paisaxísticos e vocabulario das distintas partes dunha flor.

-Tuff-tray con a vida dos insectos,igualmente vocabulario,lupa,pinzas,libro informativo,etc...

-Reto de Lego:facemos unha cabina de teleférico.

-Trasvases con: auga de xerra a vasos e por outra banda de arroz tinguido para repartir en diferentes cuncas.

-Vida práctica:crema de aguacate utilizando a técnica de pelado,cortadoe esmagado do mesmo.

-Taller de arranxos:licuadora,moto e teclado de ordenador.

-Pezas imantadas en creación horizontal na pizarra magnética.

-Resaques metálicos co trapecio e  cuadrifolio para facer unha planta desenvolvendo a forza e control da man,muñeca e dedos.

-Creacción dun transformer seguindo instruccións.

-Policubos para armar unha libélula.

-Picado de números e representación da cantidade.

-Crebacabezas das partes dunha árbore e coloreado das mesmas.