Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

AMBIENTE ARTE NOVEMBRO

No mes de novembro tivemos no ambiente de arte unha gran variedade de actividades manipulativas destinadas a favorecer tanto a creatividade como a motricidade.

 

Actividades tan variadas como a utilización da paleta de cores para clasificar e comparar as gamas de cores, a escoita de música, o tangram, o recanto de costura onde coseron con agulla e no tear,, a experimentación con bolas de xel, a clasificación de cores e a reprodución de modelos, o pissla, a manipulación de área cinética combinada con elementos naturais, a mesa de luz e, no cabalete, fixeron reproducións da obra “El racimo de uvas” de Maruja Mallo.

 

https://youtu.be/jJ6eUryXxO8

AMBIENTE ARTE OUTUBRO

No mes de outubro celebramos o samaín e continuamos con outras actividades que permanecen no noso ambiente sobre o outono. En concreto as referidas ao samaín foron as adicadas a realizar arañas e pantasmas, mandalas e labirintos. Pero tamén desfrutaron moito dos desfraces, as construcións, os animais ou a mesa de luz e a mesa de experimentacións onde fixeron trasvases de fabas negras.

 

https://youtu.be/ZwH6aT4b8v4

VERSIONAMOS O CONTO "LA OLA" DE SUZY LEE

Inspirados no conto "La ola" de Suzy Lee os nenos e nenas quixeron versionar este conto mudo tan especial.

A impresionante simplicidade das ilustracións fixeron que crearan historias vibrantes e inolvidables con moita alegria e sorrisos.

 

 

 

 

INTALACIÓN ARTÍSTICA: " A OLA NA CABEZA "

En Centieiras, Fene atópase a instalación artística “A OLA NA CABEZA"

queríamos enmarcar unha mensaxe ambiental de coidado e limpeza de

mares e océanos, recreando unha ola, un mar ou un océano e tratamos de visibilizar e facer unha chamada de atención para sensibilizar

sobre o tremendo problema que é o PLÁSTICO nos mares e océanos.

Despois de traballar este trimestre esta temática e de afondar nun

marabilloso conto “la Ola “ de Suzy Lee e descubrir o pracer que sentimos cando atopamos

unha praia limpa e que o única co que nos agasalla son cunchas,caracolas e estrelas de mar.

Creamos unha estrutura chea de luz e cor moi fermosa durante o día o suficientemente

grande para imaxinarnos dentro do mar e que nos está envolvendo unha ola xigante como

unha serpe.

Participou toda a comunidade educativa, partindo das nenas e nenos enchendo as botellas

plásticas de auga tinguida cunha cunca como medida (cazoleando, xogando, compartindo

momentos e didacticamente adestrando as súas habilidadesmanuais, fortalecendo os

músculos de mans e dedos, favorecendo a coordinación óculo-manual,así como adestrar a

pinza ,as mestras acompañando todo o proceso ,nais e pais instalando as botellas na rede

metálica e ata o conserxe que foi quen colocou a estrutura. Todas as botellas de plástico eran

de desfeito e pasaron a ser recicladas polas familias do alumnado de educación infantil, en

total de 320 botellíns pequenos de auga.

A idea detrás desta instalación é a beleza que podemos crear a partir de material de refugallo

en equipo,XUNTAS E XUNTOS POR UNHA ONDA LIMPA  reflexionando así sobre o futuro dos mares.

 

POR UN MAR LIMPO

Durante este primeiro trimestre traballamos sobre o PDI "Sostenibilidade e medioambiente" centrándonos na importancia do coidado dos mares. 

Comezamos facendo unha visita a praia de San Valentin para a recollida de lixo e ver cos nosos propios ollos como estaban de sucias as praias e mares para concienciarnos. Tamén visitamos a lonxa de Curuxeiras de Ferrol para observar e darlle a importancia que ten o coidado do mar e o gran traballo que se leva a cabo para pescar de forma respetuosa co medio ambiente.

Despois dentro das aulas traballamos cunha maleta de contos relacionadas co PDI, fixemos xogos de atención, buscar obxectos apropiados que podemos encontrar no mar, separar material de refugallo e material natural que encontramos nos nosos mares, comparamos e contrastamos distintas imaxes para poder así reflexionar sobre isto, creamos minimundos dun fondo do mar limpo e sen lixo, recreamos unha peixería onde os nenos e nenas eran os encargados dela, traballamos vocabulario de especies do mar que non están contaminadas, observamos a importancia das cunhas, que non se poden levar para casa por se as necesita outro animal para vivir como o cangrexo ermitaño, clasificamos lixo, construimos olas de tantos metros como indica a proposta, tamén as ordenamos ascendente e descendente así como enumeramos estas olas do 1 ao 10 e traballamos por equipos cooperativos a través da creación dunha ola con gomets, e moitas actividades máis que podedes ver neste video:

 

 

 

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA:NADAL

Rematado o trimestre coa mellor das festas para o todo o alumnado O NADAL.Ao longo deste mes de decembro fomos facendo propostas variadas que axudan ás nenas e nenos a vivir e descubrir o significado real destas datas que é a LEDICIA E FELICIDADE,aquí no cole non falta nada diso.Non fixo falta complicarnos coas propostas para sorprender as súas mentes porque como veredes os detalles máis pequenos en ocasións son os que máis lles gustan.LIBERDADE DE SER E FACER!

 

NADAL EN VERBAS

Rematamos o trimestre traballando o nadal no ambiente de verbas. 

Fixemos unha morea de actividades relacionadas coa etapa que estamos a vivir; O NADAL!

Encontramos na mesa sensorial un pequeno mundo de nadal para poder deixar voar a nosa imaxinación. 

Creamos as barbas de papa noel con grafismos. Árbores de nadal con tapóns, completar renos con chimchetas, debuxos con gomas de cores, 

postais de nadal, cosimos renos e bonecos de xenxibre con botóns para decorar as nosas árbores da casa, na mesa de tranvases buscamos distintos obxectos,

limpamos cristais, coidamos os bonecos, xogamos na cociniña, na zona de lectoescritura buscamos palabras secretas e completamos nomes de nadal.

Pero sobre todo, disfrutamos moito destas datas xa que son moi especiais.

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA:I DECEMBRO

Para esta quincena algunhas das propostas ofertadas foron relacionadas coa temática do PDI,a contaminación do mar entre outras:

-Xogo simbólico:A peixería para compra e venta de peixe usando os cartos para pagar,traballar vocabulario e frases de cortesía.

-Vida práctica:Preparar unha parva saudable como é un bol de mazá cortada co coitelo,co que leva consigo que é lavado do bol coitelo e garfo ao rematar para deixar a proposta limpa.

-Taller de arranxos:Investigar como é por dentro un teléfono e un coche teledirixido.

-Taller de carpintería:Atar e desatar cordas

-Areeiro:clasificación de elementos contaminantes e non contaminantes dunha praia.

_As ondas do mar:ordear de xeito  ascendente e descendente as botellas para facer unha onda.

-Zona relax con libros sobre o mar,olas,atlas.

-Construccións varias de pezas imantadas.

-Observación e manipulación de elementos do mar :cunchas,caracolas,estrelas de mar,area,etc utilizando as pinzas e a lupa como ferramentas.

-Policubos:construir ondas de distintos metros de altura.

-Pez Arco Iris:promovendo o uso da pinza polgar e índice colocar todas as escamas ao peixe con pedras preciosas e escribir o nome con letras móviles(vocabulario de cores e do conto).

-Plastelina:Facer unha estrela de mar seguindo as instruccións con ferramentas como o garfo e o palillo para marcar os pés.

-Mini libro de números:Escribir os números do 1 ao 12

-Conteo e asociación de números cos cabaliños de mar.

-Reto de Lego:Podes crear un barco que navegue polo río.

Empezan a cohesionar os tres niveis de idades que era un dos obxectivos deste curso,falan,interacctúan,comparten e se ensinan uns aos outros.

 

OUTONO EN VERBAS

 

Durante este mes estivemos traballando en verbas sobre o outono. 

Levamos a cabo distintas actividades variadas e sobre todo con distintos niveis para que cada neno/a decida traballar partindo dos seus intereses. Algunhas das propostas foron:

Minimundo de outono con follas, madeiras, piñas, cogomelos...cos cores típicos do outono para deixar voar a súa imaxinación.

Xogamos o vexo vexo. Con fotos de paixaxes otoñais buscamos coa lupa todo o que podíamos escribir. 

Fixemos un crucigrama con vocabulario de outono.

Fixemos gnomos de grafomotricidade. Con follas, gomets e cartulina coma se foran gorros.

Creamos figuras seguindo un modelo cos legos. 

Limpamos o espello, xogamos a cociniña, descansamos na cama e coidamos os bebés.

Traballamos a vida práctica colando lentellas, transvasando dunhas cuncas a outras e cambiamos castanas de cesto cunha culler.

Seguimos series otoñais.

Na mesa de tranvases colamos garbanzos, os collemos coas pinzas, as puxemos en vasos, etc

Troquelamos follas.

Disfrutamos mooooito na biblioteca.

Moitas destas actividades coma os tranvases ou vida práctica podedes ver no video as lentellas polo chan, ou que esas actividades que algúns fan pasando de tarro en tarro outr@s o fan coas mans e aínda que logo quede todo tirado e que teñamos que recoller é moi importante que cada un/unha experimente libremente e que pouco a pouco o vaian facendo por imitación deixando liberdade de tempos. Estas actividades son moi importante xa que traballamos non só a motricidade fina, senón tamén a concentración, a atención, a coordinación e a súa autoestima. Ademáis, traballando con materiais ou obxectos da súa vida diaria. 

E logo queda todo recollido, limpamos, pasamos a vasoira, dobramos a roupa... somos un bo equipo.

 

Visitamos a lonxa de Ferrol

Este martes fomos de visita á lonxa da Cofraría de Pescadpres de Ferrol, no porto de Curuxeiras. Alí aprendemos un montón de cousas relacionadas co medio mariño e coa pesca: algunhas formas de pesca, o funcionamento da lonxa, a limpeza das capturas, a súa conservación e coñecimos especies que non viramos antes como as esponxas de mar.

Pasámolo moi ben e aprendemos un pouco máis para continuar no camiño da concienciación sobre a importancia da limpeza e a conservación dos nosos mares e da vida que habita neles.

Moitas grazas ao persoal da Cofraría por acollernos e contarnos tantas cousas.

Distribuir contido