Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades

Maleta sostibilidade

Durante o mes de xaneiro desfrutamos na aula de 5º de educación infantil do marabilloso contido da maleta de sostibilidade que crearon para nós dende o equipo de biblioteca. Nela atopamos moitísima información sobre o PDI que estamos a desenvolver durante este curso; encantáronnos tanto os libros informativos coma os contos e aprendimos moitísimo con eles.

STOP AO BULLYING

Co bullying, tolerancia cero. Así nolo conta e explica o alumnado de 6ºEP como proxecto da materia de valores sociais e cívicos.

No Día Internacional Contra o Acoso Escolar, berramos ben alto STOP AO BULLYING. Non te cales, cóntao.

 

SEMANA DA ESCRITURA A MAN

A pasada semana conmemoramos no centro o Día Mundial da Escritura a Man! Estreámonos o pasado curso con esta actividade e tivo tanto éxito que decidimos repetila. A través de diferentes propostas de lettering adaptadas a cada nivel traballamos os trazos principais, diferentes tipoloxías de alfabetos e de números e ata propostas de libre creación xa que temos no centro a verdadeiros e verdadeiras expertas.

Tanto maiores como pequenos e pequenas esfórzanse por facer unha caligrafía impecable, adornada e que da gusto ver. Con esta actividade pretendemos traballar a creatividade, a relaxación, a concentración e tamén espertar novos intereses e talentos.

Inauguración do PDI: a maxia do xogo

Esta mañá tivemos unha sorpresa no cole: as mestras e mestres tiñan preparada a inauguración do PDI! 

Cando chegamos as filas, puxéronnos unha pegatina dun cor que resultaron ser grupos de nenos e nenas mesturados por aulas. Así, fomos pasando polos distintos talleres: xogos populares, xogos predeportivos, xogos de mesa, xogos virtuais e xogos xigantes!

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades:

 PDI a maxia do xogo

PDI a maxia do xogo

PDI a maxia do xogo

PDI a maxia do xogo

PDI a maxia do xogo

Visita de Yolanda Castaño co seu libro "Coller as rendas"

Esta mañá visitounos Yolanda Castaño. Falounos do seu libro, "Collendo as rendas" que xa leramos na clase. Gustounos moitísimo porque foi moi interesante e divertido. Ademais puidemos falar con ela un anaco e adicounos os nosos libros. Foi fenomenal!

 

CHARLA CON EVARISTO AMADO

Entre o 9 e o 13 de marzo celebraremos no colexio  a Semana da Prensa. Este mércores como adianto tivemos a sorte de contar coa presenza na nosa biblioteca de Evaristo Amado Fernández, Coordinador da Fin de Semana na Axencia EFE. Evaristo é natural de Pontedeume, licenciouse en Periodismo na Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa en Madrid, o seu traballo na Axencia EFE consiste en redactar, editar e coordinar equipos de periodistas.

          A charla foi moi interesante e tivemos oportunidade de facerlle moitas preguntas as cales nos contestou encantado. Explicounos moi ben as diferentes tarefas as que se enfrentan cada día no seu traballo. Preguntámoslle porqué cada hai un atropelo ou accidente no noso pobo non sae en todas as cadeas de televisión ou como podían chegar tan rápido cando pasaba algo nun partido de fútbol. A moitos pareceunos  interesante eso de estar acreditado como periodista nos grandes acontecementos deportivos e poder ver todo o que acontecede dende primeira línea. 

Queremos darlle as grazas a Evaristo Amado, dende agora Tito para nós, e convidalo a voltar ao noso cole cando queira.

                              

                              

         Ao remate da charla os alumnos e alumnas da clase de quinto fixemos entre todos este mapa conceptual coa información recollida na charla e que vai ser o noso punto de partida para adentrarnos na semana de marzo na que os xornalistas seremos nós.

 

Distribuir contido