Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

MOMENTOS XUNT@S

Aquí podedes ver un pequeno resumo dalgúns momentos que pasamos e sobre todo disfrutamos xunt@s no patio.

Recordos que gardaremos para sempre :)

COIDAMOS AS PLANTAS 3º TRIMESTRE

Este último trimestre, as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Adrián, Martín, Emma, Nuno, Liam, Nazaret, Pablo e Lara M.

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

PARABÉNS DANI!

Este mes Dani tamén estivo de aniversario. Parabéns!

Agardamos que pasaras un día xenial acompañado de tod@s os teus compañeir@s.

PARABÉNS JULIA!

O mes de abril abriu os aniversarios Julia. Seguimos cumplindo 6 anos. Os úlitmos celebramos sendo de infantil.

Agardamos Julia, que o pasaras moi, moi ben.

PARABÉNS MARTA

A segunda en estar de aniversario foi Marta.

Marta, agardamos que pasaras un día estupendo, rodeada de todos os teus compañeir@s e familia.

felices 6!

PARABÉNS AITOR

Neste mes de marzo temos varios aniversarios. Pero o primeiro do ano en cumplir é Aitor. 

Xa 6 anos. Que maiores somos!

Agardamos que desfrutaras do teu día. 

 

 

 

AMBIENTE DE ARTE ENTROIDO E DÍA DE ROSALÍA

No mes de febreiro o ambiente de arte encheuse de entroido, deseño de decoracións para a festa e actividades relacionadas coa celebración do día de Rosalía.

AMBIENTE ARTE, INVERNO

A principios de trimestre o ambienente de arte contou con diversas actividades referidas ao inverno, seguimos tamén con activiades de motricidade fina, experimentación, motricidade grosa, creatividade...

 

 

Mandados da bruxa

Seguimos cumplindo os mandados da bruxa Encarnación, o martes ven decoradiños os nosos pescozos e o mércores mandil ou mandilón.

Un mar de palabras

No último venres de mar de palabras Álvaro o pai de Laura e Nerea a nai de Lucas Puentes participaron na dinamización de dous xogos, o primeiro no que debían emparellar as imaxes co seu nome e o segundo no que tiñan que rodear as imaxes que empezaban polo son indicado. Tamén fixeron unha sopa de letras, na que tiñan que atopar palabras do vocabulario de inverno.

 

Distribuir contido