Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Educación infantil
PARABÉNS MARTIÑO!
O pasado 25 de novembro Martiño estivo de aniversario. Xa cumpriu 5 anos!!!!!
Onte o celebramos todos xunt@s na clase, xa que Martiño non puido vir antes ao cole. Que ganas tíñamos de compartir con el un día tan especial.
A súa familia enviounos unha nota de voz moi, moi especial, onde nos contaban algunhas anécdotas ao largo estes marabillosos 5 anos.
E sen dúbida quédanos moi claro que Martiño comezou moi pronto a falar e non temos dúbida xa que, na nosa clase é moi dicharacheiro.
Martiño, morea de abrazos e bicos.
Agardamos que o pasaras moooooi ben.
PARABÉNS MARA!
Hoxe está Mara de aniversario. Cumple 5 anos!
Trouxo unha nota de voz moi, moi divertida e que, ademáis a fixo ela. Mamá e papá lle contaron que fai xa 5 anos, o 27 de novembro era martes. Mara naceu ás 8:30 da tarde e tirou tan forte o chupete que os espertuo aínda que, Mara durmia moito e a tiñan que espertar para comer. Canto nos gusta escoitar estas anécdotas!
Grazas Mara pola tua ilusión e sempre, o teu sorriso.
Agardamos que pasaras un día xenial.
Un bico mooooooi forte
MAR DE PALABRAS 24 DE NOVEMBRO
O pasado venres viñeron a xogar a mar de palabras Rosi, Pablo, Raquel, Julia e María.
Pablo xogou co noso amigo Doc. Lendo palabras e levando a Doc ata a imaxe correspondente.
María foi a encargada do bingo de letras. Sacaba un obxecto da bolsa e tachamos a letra pola que comezaba ese obxecto. Así ata facer BINGO!
Julia xogou a un xogo de mesa no que tiña 3 categoría (animais, nomes e lugares). Levantamos unha carta correspondente a unha das categorías e alí encontramos 3 ou 4 letras. Tíñamos que moi rápido dicir unha palabra que comezara ou tivera unha das letras da carta e que correspondera a esa mesma categoría.
Raquel axudounos a rematar un crucigrama e por último, Rosi xogou con nós ao noso xogo favorito, AS ABELLAS!
GRAZAS FAMILIAS!
GRUPOS INTERACTIVOS
Novas edicións de grupos interactivos: Mates en familia onde Alba a nai de Lois xogou con todo o alumnado ao bingo das formas e cores; o avó e a avoa de Laura estiveron en Un mar de palabra e nos axudaron moitísimo a descubrir as letras e por último, o pasado venres, Daniel o pai de Marco e Lucía a nai de Antón participaron en Mates en familia con dous xogos de mesa moi divertidos.
CONTOS DE BOCA
Diego o pai de Lois animouse a ler outro conto nunha nova edición da actividade Contos de Boca; nesta ocasión trouxo un conto con unhas imaxes moi chamativas, QUEN PODE VENCER O VENTO?. Nun primeiro momento fixeron as súas propostas sobre quen podería ou non vencer ao vento pero...foi toda unha sorpresa saber quen e como venceu ao vento. O alumnado de 5º de educación recoméndavos a lectura deste conto que lles encantou.
SAMAÍN II
No seguinte enlace podedes ver o ben que o pasamos facendo apócemas de Samaín.
https://youtu.be/jetWSvT8hw0?si=-HemcWkJjVULTtaE
MATES EN FAMILIA 17 NOVEMBRO
O pasado venres viñeron a mates en familia Pablo, Fran, Rosi, Carol e Fanni.
Carol axudounos a encontrar o anterior e o posterior dos números que nos saían nos dados. Fran era o encargado do timbre, xa que o neno/a que tivera nas súas tarxetas o número dos mesmos froitos que xuntos sumaran 5 tiña que tocar rápidamente o timbre. Pablo xogou con nós ao Grabolo. Neste xogo tiraban un dado con números e, a súa vez, un dado de cores. Tiñan que encontrar rápidamente o número e a cor que correspondía o que saíu no dado.
Rosi, tiña esta vez, por petición popular, o TIBURÓN. Canto nos gusta este xogo!
E con Fani contamos o número de cogomelos que saían no dado, os rodeábamos e buscábamos a grafía do número correspondente.
Grazas familias!
MERGULLÁMONOS NO MAR!
Dentro do noso PDI de sostenibilidade e medioambiente estamos a traballar sobre o mar.
Despois de moito tempo falando do mar, as súas características, que podemos atopar nel e unha morea de preguntas para resolver decidimos explorar por nós mesmos o que podemos encontrar se nos mergullamos directamente na auga.
Coas gafas VR que temos no cole pudimos ver e sentir unha experiencia moi parecida a estar dentro de mar, nadando e observando todo o que acontece o noso redor.
Grazas a un video visualizamos peixes, algas, area, rochas, e moitas outras cousas que non sabemos aínda que poden ser pero que o vamos descubrir.
Foi unha actividade moi divertida ainda que algúns compañeiros e compañeiras non as quixeron probar. Non pasa nada! é o primeiro día e traballaremos máis veces con estas gafas.
O NOSO VERÁN...
Durante o verán os nenos e nenas fixeron uns álbunes onde recollian todos os momentos que viviron neses case 3 meses e os trouxeron a nosa clase para poder, entre todos, coñecernos un pouco máis e saber que fixemos durante ese tempo que estivemos sen vernos.
Foi moi divertido ver o ben que o pasaron todos e todas, descubrimos lugares nos mapas que non ceñecíamos e sobre todo, compartimos todos eses momentos especiais para nós.
Pero unha cousa nos quedou clara ao rematar... o máis importante non é o que fixemos nin os lugares os que fomos, o mellor de todo é o tempo que pasamos coa xente que queremos.
MAR DE PALABRAS 10 DE NOVEMBRO
O pasado venres veu a Mar de palabras Azahara e xogamos ao bingo de outono. Tirábamos a ruleta, saía unha palabra, a limos e marcábamos a imaxe que correspondía.
Con Silvia creamos monstruos con nomes divertidos co xogo "monster Kit". Julia explicounos o xogo de mesa "abc boom" no que buscaban as letras que tiñan nas cartas e as colocaban enriba do color que correspondía. Raquel xogou a oca de letras. Tirábamos o dado e dicíamos unha palabra que comeza pola letra na que caíamos e por último María axudounos a encontrar as palabras segredas.
Grazas familias por vir.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »