Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Educación infantil

PARABÉNS GIO!

O pasado martes 17 de outubro Gio cumpliu 5 anos. 

A súa familia mandounos unha nota de audio onde nos explicaban que Gio naceu un 17 de outubro as 15:20 de tarde. Foi un día moi especial xa que todos/as esperaban con moita ilusión a súa chegada. Agora o celebramos todas e todos xunt@s na clase, con moita ilusión e soprando as velas con Gio. 

Grazas Gio polo teu sorriso infinito. 

Agardamos que o pasaras moi, moi ben. 

 

BENVIDOS/AS A VERBAS

 

Comezamos un novo curso no ambiente de verbas. Levamos a cabo unha morea de actividades para iniciarnos neste ambiente, que os nenos e nenas que comezaron 

este ano o curso coñeza un novo espazo cheo de diversas posibilidades, que exploren e sobre todo que gocen das novas experiencias. Todas as actividades 

que presentamos teñen un fin pero, neste caso, deixámonos levar por propostas novas que xurdían co fin de que as nenas e nenos exploraran sen negacións ate coñecer, 

pouco a pouco, as normas deste ambiente. 

Na zona de motricidade fina cosimos cogomelos e follas, cunha agulla de punta redonda e fio de cores fixemos as nosas propias creacióms, traballando a motricidade fina, a coordinación óculo-manual e traballamos a espera e perseverancia cando tíñamos que coser e descoser se era necesario.

Na zona de grafomotricidade traballamos a través da natureza, fixemos grafismos partindo de elementos naturais (tronco, madeira, cuncha, piña...)

Na zona de vida práctica comezamos trasladando cunha culler en forma de pinza castanas dun bol a outro. Tamizamos fariña mezclada con lentellas para intentar separar así as lentellas da fariña. E por último, desgranamos o millo.

Na zona de lectoescritura, traballamos vocabulario de outono repasando as letras e rodeando a imaxe correspondente a cada palabra. Formamos palabras co pop-it e 

completamos o taboleiro do alfabeto con letras de madeira.

Na mesa de transvases xogamos e gozamos con boliñas de xel e na mesa sensorial construimos unha cidade deixando voar a nosa imaxinación.

Limpamos o espello, recollimos os armario dos bebés, cociñamos e sobre todo, comimos todos xuntos/as, cambiamos os cueiros os bebés, os peinamos e vestimos pero non só os bebés, se non tamén a nos mesmos/as.

Descansamos na cama, xa que sabemos que é importante traballar pero tamén descansar sempre que se necesita. 

 

Aquí tedes un video con pequenos momentos.

 

DETECTIVES DE NÚMEROS

O pasado mércores, as nenas e os nenos de catro e cinco anos foron detectives en busca de números. 

Polo patio estaban agochados distintos números que tiñan que atopar. Unha vez atopados os tiñan que escribir na cuadrícula ata completala. Para iso, tiñan 10 minutos. E de súpeto...3,2,1 ¡lápices en alto! rematou a conta atrás.

É unha actividade emocionante e motivadora, na que traballamos así matemáticas ao aire libre. O exterior é un espazo diferente e estimulante. Exploran os números dende o seu contexto cotidiano e sobre todo, traballan en equipo, onde todas e todos colaboran para atopar os números ocultos pero o máis importante é que aprenden mentres xogan.

 

PARABÉNS LARA F!

O pasado venres 29 de setembro, Lara F cumpliu 5 anos.

Este curso seguimos dando as voltas ao redor do sol pero xa non vemos as fotos de como pasan os anos, o que facemos e escoitar unha nota de voz que nos envía a familia contando anécdotas dende o día que naceu Lara ata o día que cumple 5 anos. 

Qué audio máis bonito! Grazas familias polo voso esforzo e por ese audio feito con tanto agarimo. 

Grazas a iso descubrimos que facía 5 anos era un dia de moita choiva, que Lara naceu a noite e que celebraron en familia que Lara xa estaba na casa.

Agardamos que o pasaras moi ben neste día. Levas un recordo feito con moita ilusión.

 

COIDAMOS AS PLANTAS 1º TRIMESTRE

 

Comezamos a coidar as plantas este novo curso, desta vez as encargadas e encargados de traer as súas plantas foron: Mara, Carmen S, Aitor, Lara F, Gio e Ainhara.

Esta proposta didáctica ten como obxectivo que as nenas e os nenos adquiran coñecementos sobre as plantas co fin de identificalos como seres vivos, á vez que os achega á natureza permitíndolles observar, de primeira man, o desenvolvemento das plantas e xerar hábitos de respecto e coidado cara a elas, a través de actividades lúdicas e manipulativas.

 Xa forma parte da nosa rutina diaria de coidala, regala, quitarlle flores secas...

 

ESTAMOS DE VOLTA!

Comezamos un novo curso cargado de ilusión e moitas ganas de disfrutar!!

Aquí un pequeno resumo dos primeiros días :)

 

Primeiro día de cole!

Hoxe foi un día especial, xente nova, amigas e amigos de antes, todas e todos desfrutamos dunha gran mañá. Atopamos os monstros que debuxaron as nosas familias, engadimos a nosa pegada á da nosa familia, colocamos as fotos familiares, escollimos a nosa percha colocando o nome e...ata cebrebramos un aniversario! Parabéns Antón!

REUNIÓN PRINCIPIO DE CURSO

Onte tivemos a reunión de principio de curso na que ademais de recordar moitas cousas que xa comezamos o curso pasado damos a benvida a unha nova familia á clase de 5º de educación infantil. Durante esta reunión realizamos tamén dúas actividades, unha dinámica de cohesión "debuxamos un monstro" e unha actividade na que as familias apuntaron os seus desexos para este curso. Comezamos con forza e desexando que chegue o luns para ver xa ás pequenas e pequenos. Saúdos!!!

VERBAS EN XUÑO

Xa rematamos as propostas do ambiente de verbas deste curso.

Levamos a cabo propostas relacionadas co verán tanto en motricidade fina, grafomotricidade, lectoescritura e xogo simbólico. E sobre todo, disfrutamos moito da auga e da area que nos espera durante todo o verán. 

Unha moi boa despedida. En setembro volvemos á carga!

 

GRAZAS

Xa rematou un novo curso!

Un curso maravilloso, cheo de moi bos momentos. Compartimos, axudámosnos, choramos, rimos, bailamos, cantamos, aprendimos, xogamos, escoitamos, comprendímosnos, respetámosnos e sobre todo formamos un equipo cuns valores admirables de compañerismo, empatía, complicidade e moita amizade. 

Esta foto foi sacada onte, o último día de curso, despois de case dez meses xuntas/os pero, non estamos todos, falta Mara para así completar o equipazo que formamos.

O video que veredes a continuación é un recordo dalgúns dos mellores momentos deste curso. Un video feito con moito agarimo e que agardamos que vos guste tanto coma a nós. 

Meus pequechos e pequechas, a profe vos vai botar moito de menos. Vémonos a volta.

Grazas familias por TODO.

 

Bea.

 

 

Distribuir contido